luns, 3 de xuño de 2019

Poemas para xogar coa natureza

O baúl de Domingo Quintas» e o título dun proxecto que parte dun feito real e autobiográfico para convertirse en literatura. A obra comeza cando o narrador decide abrir o vello baúl do bisavó e atopa unha morea de poemas escritos sobre cortizas de bidueiro. Hércules de Ediciones publicou o traballo. 
O autor propón achegarse á natureza con poemas sobre animais. Cada texto está centrado nun, dende pequenos insectos aos grandes mamíferos do planeta, e iso fai que os rapaces se interesen pola natureza.

Era unha xoaniña,
barrosiña,
costureira,
voaniña,
que veu e que foi,
que dez dedos
me contou,
que un…
e que dous…
Dous puñiños me deixou
e aínda non me casou.

Fermosa dama,
a donosiña,
vaise de marcha.
Donda elegancia
nos seus andares
cando ela pasa!
·         
      * Donosiña, donosiña, come pan, come sardiña!,dicíaselle na Coruña. En Sicilia, bérranlle para que non leve as galiñas…Baddòttula, baddottulìna, nun tuccari la gaddina!
O piratiña
ten cen goridas
e nas cen xoga
ás escondidas.
Mostra o fociño,
mostra o bigote,
os dous olliños
e o rabichote.
Aí vén o gato…!
Xa está seguro
noutro burato.
·         

        * Vale máis estar fraco no souto, ca gordo no cu do outro!,dixo o rato do monte ao ver o gato na casa.



Ningún comentario: