Cada 17 de maio, celebramos que en Galicia temos unha lingua e unha literatura propia.
A Real Academia Galega elixiu nesta ocasión un home que traballou arreo para difundir os tesouros que herdamos dos galegos e galegas que nos precederon: a lingua e a cultura popular. A súa vida é un exemplo de paixón polo coñecemento e polo país.
FAI CLIC nas imaxes e xoga para saber máis
Ficha colorear
Antonio Fraguas foi un galeguista, un defensor de Galicia e dos dereitos da súa cidadanía.
Fraguas foi un dos grandes valedores da cultura popular, herdanza que cada xeración lle transmite á seguinte para axudarlle a interpretar o mundo.
Un dos vellos soños do galeguismo era a creación dun museo que recollese a singularidade cultural de Galicia.Preme na imaxe para saber máis do MUSEO DO POBO GALEGO
Fraguas e as BIBLIOTECAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario