Estes días tivemos obras na Biblio, colocáronnos un doble verntanal nas dúas ventanas polas que xa non entrará nin a chuvia nin o frío e xa puidemos comprobar que se está moito máis quentiño que antes, así que xa non tes excusa para non visitar a Biblio Crocaio!
Dous Gardas Civís do SEPRONA visitan a Biblio Crocaio e ofrecen unha charla ao alumnado de 5º e 6º sobre as infraccións contra o Medio Ambiente e sobre as causas e consecuencias dos incendios:
Charla moi interesante porque vai concienciando sobre os delitos máis frecuentes, e como ademais de perxudicar seriamente ao medio ambiente, os que o cometen sempre teñen a súa sanción.
11 de XANEIRO Día do usuario.
Moitas grazas aos usuarios da nosa Biblio, tamén todos e todas vós tedes un día especial.
O calendario do LIBROe da LECTURA, déixanos as datas especiais que durante este ano 2019 dedicaremos aos libros, as lecturas, aos lectores, ilustradores e autores de libros.
"O 30 deXANEIRO celebramos nos colexios o Día da Paz e a non Violencia co fin de inculcar desde a infancia os valores de paz, tolerancia, respecto, solidaridade, concordia e non violencia. Este día enseña a importancia de convivir en armonía con persoas de distintas culturas, relixións ou cualquera outra condición.
A eleción desta data non é casual, conmemora o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, líder pacifista recoñecido internacionalmente, asasinado por defender a paz e a resistencia non violenta. Como podes celebralo?
E tamén temos moitas lecturas relacionadas co tema na Biblio Crocaio, por exemplo estas:
Fermosas ilustracións que fan desta novela adaptada a banda deseñada unha obra única.
Anne Frank Fonds, doa parte dos beneficios da súa venda a UNICEF, o papel utilizado foi fabricado a partir de madeira procedente de bosques e plantacións xestionadas cos máis altos estándares ambientais. Por este motivo, Greenpeace acredita que este libro cumple os requisitos ambientais e sociais necesarios para ser considerado un libro «amigo dos bosques».
Trala invasión de Holanda, a familia Frank ocultouse nunha buhardilla . Alí permaneceu desde xuño de 1942 ata agosto de 1944. Nese lugar e nas máis precarias condicións, Anne, unha nena de trece anos, escribiu o seu estremecedor Diario: un testimonio único sobre o horror e a barbarie nazi.
Unha longa viaxe é, o testemuño dunha realidade que millóns de persoas viven cada día e que preferimos esquecer unha e outra vez porque é máis doado vivir entre os noso soños e o noso mundo doado.
Para que botar a ollada tan alá? Por iso sempre son tan importantes estes libros: para nos lembrar unha e outra vez:
Que calquera podería vivir esa mesma situación.
Que debemos tender unha man e non agochala.
Que somos máis xenerosos cos animais que cos nosos conxéneres.
Que o noso egoísmo non ten límites.
Que as fronteiras marcámolas sen necesidade da súa existencia.
Kati ten unha caixiña chea de bicos doces e un gran sorriso. Cando vai para o colexio, sempre leva algún na súa bolsa do almorzo. A súa nai, ó despedírense, sempre lle dá algún máis. Sabe que é moito tempo o que bota na escola. Kati regala os seus bicos ós seus amigos: a César cando chora porque a súa nai se marcha para casa; ó guerreante de Diego…...Os bicos de Kati son como palabras máxicas para tódolos seus compañeiros de clase. Tamén a Kati os seus compañeiros danlle bicos cando o necesita. E é que unha manchea de bicos é o mellor para sentirse feliz.
Un libro sinxelo , que usando puntos consigue concienciar sobre a desigualdade no mundo, a inmigración o respecto e a convivencia en paz.
xoves, 10 de xaneiro de 2019
Tintín acaba de cumplir 90 anos.
O personaxe de Hergé apareceu por primeira vez o 10 de xaneiro de 1929 na revista 'Le Petit Vingtième'
Tintín vendeu máis de 250 millóns de exemplares e foi traducido a máis de 120 idiomas