domingo, 16 de decembro de 2018

Paraísos baixo o lixo nos ríos de Chapela

O xoves 13 de decembro a Biblio Crocaio acolleu a charla :
Paraísos baixo o lixo"
Un representante da asociación de veciños de Chapela que participou na limpeza dos ríos Maceiras, Fondón e Pugariño, que discorren polos montes de Chapela e van desembocar na praia de Arealonga, veu a explicar como o lixo se acumulaba nas súas beiras, e  entre os veciños conseguiron sanealas e deixar  á vista moitos muiños antigos que se deixaron de utilizar pero que se conservan en bo estado
 Estes regatos poden apreciarse se percorremos a "Senda da auga", unha  fermosa senda chairiña  que ten 47 Km e que nos leva por Chapela, Redondela..., sempre mirando o mar, e que moitos de nós coñecemos porque nos queda moi perto do noso barrio.
A finalidade da charla foi mentalizar ao alumnado da necesidade de poñer en valor o monte que nos rodea e que fagamos uso e disfrute del e non tiremos alí o noso lixo.

 Estrutura e funcionamento dun muiño de auga
 Funcionamento dun muiño de man.


 Batidas de limpeza dos veciños para sanear os seus montes
 Fauna autóctona e única desta zona

Ningún comentario: