Actividade no Día de Rosalía: 23 de febreiro. Participarán os cursos de 5º e 6º, terá lugar na Praza do Rei.
Xuntarémonos con outros coles de Vigo e leremos poemas, propios ou de Rosalía de Castro, relacionados coas árbores, en homenaxe á natureza á que cantou como ninguén a poeta e en lembranza de todas esas árbores queimadas ao remate do pasado verán.
Volverán a estar tan frondosas como eran si entre todos conseguimos defender e protexer a natureza!
E si é con poesía moito mellor!
Cantaremos todos xuntos esta fermosa canción de María Fumaça:
Levaremos follas de árbores autóctonas pintadas con poemas escritos e cada cole lerá tres poemas e despois faremos un tendal con eles!
Botamos man para preparar esta actividade desta magnífica selección de poemas e imaxes sobre o tema das árbores galegas preparada pola Biblio Escolar do cole Víctor Sáenz de Mazaricos (A Coruña)
https://issuu.com/marichoni/docs/a__rbore_feita_poes_a
Mentres xa van aparecendo no correo da biblio crocaio@gmail.com as vosas fotos con algúnha persona da familia e co traballo de Rosalía pegado na fiestra que prefirades. Ánimo, espallade a fermosa poesía de Rosalía no seu día!
Adios ríos,
adios fontes,
adios regatos pequenos
adios vista dos meus ollos
non sei cando nos veremos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario