sábado, 20 de xaneiro de 2018
30 de Xaneiro Día escolar pola Paz e a non violencia
O día 16 de xaneiro Martin Luther King cumpliría 89 anos, pero morreu asasinado en 1968 cando a súa loita pola igualdade de negros e brancos era recollida e respaldada por millóns de persoas en Norteamérica.
A súa mensaxe foi merecedora do Premio Nobel da Paz de 1964, sendo recoñecido como o principal militante da NON VIOLENCIA contra a discriminación racial e contra a lexislación americana que a permitía.
Crocaio preséntavos un libro no que a protagonista é unha muller negra Rosa Parks, que representa a loita polos dereitos os negros:
A canción que cantaremos no día da paz, todos xuntos será:
E para comprobar como é de grande o mundo e tamén como hai nenos e nenas que loitan duramente polo dereito a ter unha educación, unha formación que lle permita ter as mesmas oportunidades veremos este documental que conta os perigros e adversidades que atopan cada día estes nenos e nenas só para poder ir á escola.
É algo longa pero moi entretida e sobre todo conmovedora porque nos fai pensar nas desigualdades que existen según onde un nace.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario