As escolas de todo o país celebramos o 30 de xaneiro o Día escolar pola paz e a non violencia lembrando a figura de Gandhi, un pacifista indio que morría nesta data no ano 1948, asasinado por un fanático.
As escolas de todo o país unímonos nun mesmo berro para que chegue pronto o día no que as fronteiras non existan e o mundo sexa en realidade de todos e para todos.
Unímonos para berrar solidariedade con eses irmáns refuxiados que morren de fame e de frío por culpa da guerra que os fixo fuxir do seu país.
Soñamos que chegará o dia no que non haxa emigrados porque os recursos da terra permitan a cada pobo o seu desenvolvemento.
Soñamos que remata para sempre a violencia sobre os máis débiles, respectando a mulleres,nenas e nenos, a súa liberdade e o seu traballo digno.
Unímonos para facer frente á pelexa e ao fanatismo co diálogo e o abrazo.
O CEIP Eduardo Pondal comprométese coa Paz, a tolerancia e o respecto aos demais, e envía unha mensaxe de ánimo aos nenos e nenas refuxiados da guerra de Siria para que o conflicto remate de unha vez!
Ningún comentario:
Publicar un comentario