"Árbores no camiño", curta elaborada polas profes de Infantil coa colaboración da profe Ester e dos nenos e nenas, que prestaron as súas voces e o seu traballo.
Historia baseada no libro da editorial OQO do mesmo título para concurso Nós tamén creamos
Karim entornou os ollos para mirar ao lonxe: Vía arbustos, años e cabras; pero non podía ver a súa nai. A Karim fíxoselle un nó na gorxa e polas súas meixelas esvararon dúas bágoas enormes. Mirou a un lado e ao outro: non sabía volver.
Árbores no camiño traslada unha vez máis á literatura infantil a facilidade coa que pode perderse un neno apenas se separan da man dos seus pais. No entanto, se noutros contos o pequeno se atopa nun territorio hostil ou tenebroso, nesta historia a nai natureza, poderosa e bela, protexe e coida a Karim como un máis dos seus fillos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario