Celebramos o Día das Bibliotecas poñendo en marcha a nosa para este curso 2015-2016.
É o momento de abrir as nosas portas a familias, compañeiros e compañeiras, nenos e nenas; e poñer en marcha as actividades do noso proxecto anual: CANTOS CONTOS COÑECES E CONTAS?
Hoxe na nosa festa houbo moitos contos:
Brancaneves:
Peter Pan
Carapuchiña:
As fabas máxicas
O patiño feo e Os tres porquiños:
Pinocho:
Crocaio repartiu os carnés, as cestas de libros, as maletas viaxeiras e algúns libros de agasallo ás aulas:
Escoitamos parte do precioso poema de Ana Mª Fernández que agora tedes aquí completo:
Érase unha vez un conto
que non se quixo contar,
rebelde,curto, poeta,
que escapou da biblioteca,
sen levar una maleta,
só a maxia da súa letra,
e botouse a a camiñar,
porque xa non tiña gana
de que chegasen as fadas,
nin as bruxas tan malvadas,
nin o lobo,
o elefante,
nin o mago máis parlante,
nin o dragón,
nin a espada,
nin a princesa,
nin…¡nada!
¡Só quería viaxar!
E montou primeiro en globo,
En tren, barco e bicicleta,
Deu tres voltas ao planeta,
Sen volver a vista atrás.
Érase una vez un conto,
Rebelde, curto, poeta,
Que aprendeu deste planeta
A poñer amor na letra
Para volverse a contar.
Ana Mª Fernández . Tres voltas ao planeta
A Asociación Española de Amigos del Libro Infantil celebra este día como homenaxe ao labor que desempeñan os bibliotecari@s.
Cada ano encargase a un escritor e a un ilustrador, a redacción do pregón e el dieseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España.
Este ano o autor seleccionado é Diego Arboleda, Premio Nacional de Literatura Infantil 2014 e a ilustradora Leticia Ruiz Fernández.

Ningún comentario:
Publicar un comentario