domingo, 11 de maio de 2014

Gonzalo Moure visitounos

  Emocionante, ainda que curta visita á Bibliocrocaio do escritor Gonzalo Moure:

Compartiu un pouco do seu tempo cos alumnos de 2º e 3º ciclo que leron os seus libros.
 Falounos de como as súas historias proceden da vida real, de personaxes que a el lle provocan sensacións e sentimentos dignos de contar e de compartir.
O seu libro "Palabras de caramelo" está basado na historia dunha nena saharaui xordomuda que falaba co seu camelo. O escritor  viña de  visitar outro cole de Vigo e contounos  que un alumno chamado Hugo lle entregou unha carta de amor para que lla lera , desa emocionante carta sacou outra historia que contar, seguro que moi emotiva e interesante.
Moitas grazas Gonzalo pola túa visita.
 Gonzalo Moure colabora activamente coa asociación " Escritores por el Sahara- Bubisher" para que os nenos e nenas do Sahara teñan Bibliotecas e unha escola digna, podedes saber máis neste ligazón:
http://www.bubisher.org/somos
No seguinte video podedes ver como as bibliotecas son unha realidade  nos campamentos saharauis grazas a esta asociación e lembrade que hai dous cursos tamén a Bibliocrocaio enviou un libro para o Sahara.

Ningún comentario: