domingo, 17 de novembro de 2013

Para ler cos fill@s:

  Crocaio vén de recibir entre outras novidades o seguinte e recomendable libro para ler cos teus fillos e fillas:
Curioso e instructivo este libro de Anaya co que aprenderemos moito sobre as obras de arte e os pintores máis famosos.
A arte ten  moito en común cos nenos e nenas, si non, que lle pregunten a María, a nena que descubriu as pinturas da cova de Altamira. 
Este libro fala de pintura para que os cativos poidan entender e gozar con ela.
Os seus autores  guíannos nun percorrido por diferentes cadros que forman parte da historia da pintura, pasando por artistas como Leonardo da Vinci, Van Gogh, Kandinsky, Dalí ou Picasso, cos que o lector se achega ao mundo da arte.
A Gioconda, Os cazadores na  neve, As Meninas.... son algunhas das moitas obras reseñadas no libro, onde se explican  as técnicas de realización dos mesmos, experimentos para intentar imitar algunha das obras, e unha pequena historia dos acontecementos que rodean a cada cadro.Con divertidos debuxos e fotografías.

De Juan Ramón Brotóns e Ximena Maier.


Tamén recomendamos para 3º ciclo:

Ningún comentario: