xoves, 21 de marzo de 2013



Neste Día da Poesía, no que  compartimos poesías, lemos poesías, escribimos versos en flores e adornamos as fiestras, 
vimos de recibir unha grata nova :
 A novela da escritora viguesa Ledicia Costas:
 O corazón de Xúpiter  , publicada na colección Fóra de Xogo de Xerais, acaba de gañar o Premio de Literatura Infantil e Xuvenil da AGE (Asociación Galega de Editores) 
 Unha novela que reflicte un problema moi actual. Unha moza que se refuxia nun amor a distancia, que nace e se mantén grazas a internet . Mitoloxía e estrelas como punto de unión. O encontro e desenlace. Un final duro para unha historia que non fai concesións. Un relato para ler e falar. Un relato que non deixa indiferente. Ledicia, volve á novela, despois de Unha estrela no vento que se publicara no 2000, nesta mesma colección. 
Ledicia tamén é poeta,  dun fermosísimo libro de poemas titulado Xardín de inverno, no que a espectacular fotografía de DNL, non deixa de sorprendernos páxina tras páxina e é un complemento indisoluble dos versos de Ledicia.



 "viaxar no tempo é esquecer
e escribir poesía 
para non morrer de frío"
" unha mandrágora 
foxe do invernadoiro e da maceta
e aterra no quinto banzo,
onde queda sorrindo
liberada por fin da memoria
               é a avoa"
 ...
Desde o CEIP Eduardo Pondal: Parabéns Ledicia, de corazón.

Ningún comentario: