Algúns nenos e nenas xa fixeron o debuxo da súa casa, pronto os veredes na decoración da Biblio porque este ano imos a explorar o noso barrio: Sampaio, e a coñecelo moi , moi ben.
Compartiremos coas familias o noso proxecto:
Sampaio: un barrio para ler e medrar
Pero, de quen é esta casa?
E estoutra?
Ademais se premes nela poderás xogar e aprender:
La Casa de Dora
é un xogo superdivertido e educativo para nenos e nenas
especialmente a partir dos 3 anos. Dora é unha nena que fala
español e inglés enséñanos a súa casa e o que fai en cada cuarto.
- PATIO: No patio hai un xardín onde poderás plantar varias sementes velas medrar.
- SÁ DE ESTAR: Aqui atoparás un caixon con instrumentos para compoñer a melodía que máis che guste.
- DORMITORIO: Un xogo no armario, no que poderás vestir a Dora cos traxes que máis che gusten; e o outro é un bingo.
- COCIÑA: Axudaremos a Dora e ao seu pai a cociñar unhas receitas riquísimas.
Agardamos que vos guste!!
Pero despois de xogar podedes imprimir estas casas e colorealas .
De quen son?. Facil eh??
Ningún comentario:
Publicar un comentario