domingo, 10 de xuño de 2012

PREMIO MERLÍN -XERAIS


Onte, sábado día 9 de xuño, tivo lugar na Illa de San Simón, en plena Ría de Vigo, a entrega dos premios de Literatura de Xerais: o Merlín de literatura Infantil e Xuvenil e o premio de Novela. Tiven a sorte de formar parte do xurado que otorgou os premios e aí me vedes á beira de escritoras tan destacadas como Ledicia Costas, Marilar Aleixandre, axeonllados están Anxo Fariña e Fran Alonso e no medio, como non, os gañadores: Marcos Calveiro, o gañador do Merlín e  Manuel Lorenzo e a súa filla María Lorenzo, pai e filla gañadores do premio de novela; aparecen tamén na foto os representantes de Xerais e outros membros do xurado.
O día estivo gris e chuvioso.O meu agradecemento a Xerais por permitirme compartir esta ocasión con persoeiros tan importantes da literatura galega e por animarnos, unha vez máis, a escribir e a ler na nosa lingua e a defendela nestes dificiles tempos de "primas " e "rescates".
 Xurxo Souto animou a velada co seu acordeón e coa súa lembranza dos cen anos do nacemento de "Celso Emilio Ferreiro", poeta galego de Celanova. Xurxo fixo que batésemos palmas e cantásemos a coro o seu "Como un irmau che falo" o
fermoso poema, que fala de amizade e de union entre persoas que pensan diferente e que  podemos escoitar nas voces de Fuxan os Ventos.



Ningún comentario: