xoves, 29 de outubro de 2009

PARABÉNS ASTÉRIX E OBÉLIX


XUNTA DE GALICIA
BIBLIOTECA CROCAIO
CEIP EDUARDO PONDAL


OLA BIBLIOCOLEGAS!
Crodila, o pequeno e máis eu estamos ledos por saudarvos.
Canto nos gusta escoitarvos cando por aquí estades, ollando, buscando e descubrindo. E iso que o poñedes difícil, pillabáns e pillabanas que para que non nos enteremos case nin ruído facedes. Sabémolo! aquí non se pode berrar nin molestar, por iso nós decidimos quedarnos aquí para sempre.

Como moitos de vós saberedes hoxe estamos de festa, porque celebramos o 50 aniversario de Astérix e Obélix, os nosos parabéns.





Con tal motivo poñemos a vosa disposición libros desta magnífica colección para a Hora de Ler.
Sabemos que estades facendo a Hora de Ler dende o principio de curso, e isto fainos felices porque disfrutades coma nós de todo tipo de lecturas: banda deseñada, libros de misterio e aventura, contos clásicos, xornais,...

Disfrutade moito cos nosos amigos.

Verémonos mooooooooi pronto.


CROCAIO

Un saúdo lector

Ningún comentario: