xoves, 13 de maio de 2021

Semana das Letras Galegas. Xela Arias.

O 17 de maio deste ano, Día das Letras Galegas, dedícase á escritora, poeta e tradutora Xela Arias



Xela Arias naceu o 4 de marzo de 1962 en Sarria, Lugo. Alí pasou os primeiros anos da súa vida, onde seu pai era mestre de primaria. Despois viviu en Vigo, onde destinaron ao seu pai. 

Cando tiña once anos gañou o VI concurso de contos infantís O Facho da Coruña, co conto A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia




Foi escritora, poeta, tradutora e profesora en varios institutos galegos. Cando naceu o seu fillo adicoulle o libro Darío a diario, libro de poemas sobre o que estamos a facer actividades para o Día das Letras Galegas, propostas dende o Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG).





Tamén estamos a traballar con este encantador libro:



"A súa primeira achega á narrativa; un texto que é unha narrativa emocional dunha infancia que se proxecta vizosa, cara aos nosos días. Unha descuberta dunha sensibilidade magnífica. Xunto ao traballo dunha grande ilustradora como é Luz Beloso".
Outros libros de poesía destacados de Xela Arias son Tigres como cabalos, Denuncia do equilibrio, Intempériome.
Xela tamén traballou en edicións Xerais de Galicia.

Xela Arias traduciu ao galego moitos libros como As bruxas de Roald Dahl, Contos ao teléfono de Rodari e moitos outros.
Faleceu en Vigo o 1º de novembro de 2003, aos 41 anos.

Tedes máis información sobre Xela Arias nestes enlaces:

Ningún comentario: