xoves, 7 de maio de 2026

Visita da escritora Eva Mejuto

Esta semana tivemos a visita da escritora Eva Mejuto. Asistiron a ela o alumnado de infantil e 1º-2º de primaria.

Falounos do seu libro "Dez gatiñas viaxeiras", libro recomendado dende a Bibliocrocaio para infantil e que trouxeron este día para que llo asinaran.

Tamén animounos a crear persoaxes, cidades e transportes como variante do seu libro.

Deixou unha dedicatoria no libro de visitas da nosa biblioteca.

Moitas graza Eva por axudarnos a imaxinar!!








martes, 5 de maio de 2026

Novidades maio

Bo día

Este mes temos expostas as últimas novidades adquiridas deste curso.

Como vos dixemos o mes pasado temos máis libros de lectura fácil.





Libros para buscar información e curiosidades, emocións, banda deseñada, culturas, inglés, máis libros sensoriais...





E xa temos dúas adquisicións sobre Begoña Caamaño para a Semana das Letras Galegas. 

Conmemoracións maio

Podedes ver no expositor de conmemoracións libros relacionados coas datas máis importantes deste mes. 

Libros para traballar a temática do Acoso Escolar e o Día de Europa.

Destacar a Semana das Letras Galegas que xirará este ano en torno a figura de Begoña Caamaño, da cal xa tedes algúns libros que podedes consultar.




xoves, 30 de abril de 2026

Voluntariado. Cada semana contos en infantil.

Os maiores do colexio veñen cada semana a contar un ou dos contos a infantil na hora de ler.

Esta semana leron "Maruxa" e "Coelliño branco". Un deles acompañado de títeres que fixeron.

Moitas grazas!!







luns, 27 de abril de 2026

Semana do Libro

Do 20 ao 24 de abril celebramos a Semana do Libro, fixemos actividades preciosas.

Unha delas foi, como todos os anos, o apadriñamento lector no patio. O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria leron a infantil, 1º, 2º e 3º de primaria.

Outra actividade que resultou moi divertida e motivadora foi a elaboración dun bookface, cada alumno e alumna do colexio fixo unha foto fusionándose coa portada dun libro. Elaboramos un vídeo que viron na biblioteca con todas elas. Podedes velo máis abaixo.

Apadriñamento lector:








Bookface:


sábado, 18 de abril de 2026

1º e 2º de primaria reciben unha carta moi especial

O alumnado de 1º e 2º de primaria escribiu unha carta a un colexio de Madrid, dentro do PDI da nosa biblioteca "Comeza a viaxe", traballando a comunidade de Madrid.

Con moita ilusión a finais de marzo recibiron resposta, cunha carta preciosa que leron en clase acompañada de fotos.








venres, 17 de abril de 2026

Espazo maker nos recreos

Bo día

Como xa sabedes este curso separamos, nunha zoa anexa, o espazo maker que tiñamos o curso pasado dentro da propia biblioteca. Nas esquisas do anterior curso, deixáchedes por escrito que vos gustaría certa separación para poder desfrutar da lectura de forma silenciosa nos recreos ou sesións, e de forma paralela, de quen quería facer uso do espacio maker. 

Así o fixemos e aquí vos deixamos algúns momentos desta zona da Bibliocrocaio. Lembrade que podedes vir nos recreos a ler á biblioteca, consultar libros ou disfrutar do espacio maker.

Ademais os mécores e venres nos recreos o voluntariado tamén estará colocando libros.












xoves, 16 de abril de 2026

"Comeza a viaxe" Creando en primaria.

Queremos compartir con tod@s vós, algunhas das creacións plásticas que fixeron este ano en primaria, relacionadas co proxecto da biblioteca deste curso "Comeza a viaxe"

En 1º e 2º fixeron carteis relacionados con elementos, monumentos, museos...da comunidade autónoma de Madrid.







En 3º de primaria pintaron monumentos da comunidade autónoma de Andalucía.








O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria traballaron o pintor catalán Miró.