DIA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR: O 23 de abril celebramos o Día Mundial do Libro e dos dereitos de Autor. A UNESCO pretende, con esta celebración, fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.
E para saber máis:
Se queredes saber algo máis sobre a historia deste día clicade sobre a imaxe e cando esteades preparados atrevédevos cos xogos:
No lugar de Bravos - Outeiro de Rei- a tan sólo 15 km. de Lugo e próximo a MARCELLE .Podes pasar un agradable día e ampliar os teus coñecementos sobre aves. O dous lugares están moi próximos.
Tamén podes achegarte a Vigozoo. Nós: 5º e 6º, xa o fixemos hai uns días.
Preme na serpe para máis información:
E para ler de volta á casa:
A partir dos 6 anos, animais que se converten en adiviñas...Aí vai unha:
Cien zapatitos
van por el campo,
son cien pisadas
a un mismo paso.
Cien zapatitos
caminan despacio,
izquierda, derecha,
derecha y andando.
O CEIP Eduardo Pondal tamén estivo alí representado.
Os días 7 e 8 de abril tiveron lugar os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, no Palacio de Congresos de Santiago, para afondar no modelo da biblioteca escolar como centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe. Os Encontros resultaron moi proveitosos e interesantes, cun programa e uns relatores de primeirísimo nivel. Materiais.
Xosé Neira Vilas, puxo un emotivo broche final a unhas xornadas xa de por si magníficas; falounos de libros e de bibliotecas, das súas experiencias persoais cos libros e coa lectura, narrounos episodios da súa vida, que nalgunhas ocasións nos trouxeron á memoria algunhas esceas da súa obra máis coñecida e da cal celebramos este ano o 50 ANIVERSARIO: Memorias dun neno labrego,comprobádeo senón:
Galicia:
" Eu tiña que andar oito quilómetros ida e oito quilómetros de volta para ir á escola tres días á semana, e non por un camiño asfaltado, polo medio do monte, con pedras e cheo de lama"...
" Os xoguetes faciámolos nós polo que non os rompiamos e ademais aprendiamos a usar as ferramentas"
"Eu pedía libros a Barcelona para poder ler e escondíaos debaixo das tellas"... "Aos 16 anos traballaba nun aserradeiro"
Arxentina:
"Quería estudar e estudei xornalismo"... "Lía moitos libros que logo lle daba a dúas escolas"... "Anisia e eu fundamos unha distribuidora do libro galego Follas Novas, co fin de difundir o libro galego en toda América, co 30% que lle gañabamos aos libros invertiámolo en libros galegos que ían ás bibliotecas"
Cuba:
"En Cuba había daquela 6,4 libros por habitante" ... "Alí os mestres teñen moito prestixio social ... non hai suspensos, o suspenso é un problema de honor para o mestre e todos colaboran paa que non se suspenda"...
"Memorias" está considerado o primeiro libro da literatura infantil e xuvenil pero non foi escrito para nenos: Eu dixen hai que contar isto, o drama dos campesiños. Escribía nun caderno as historias de Balbino, igual que Balbino. Escribía nun café e o primeiro lector de "Memorias" foi o camareiro daquel café, o segundo foi Anisia e o terceiro Rafael Dieste. Hoxe en día está publicado a múltiples idiomas e hai tamén unha edición en Braille para cegos publicada pola ONCE de A Coruña.
Eu sempre andei entre libros, diciase dun home "acariñaba os libros como un avaro acariñaba as moedas"...
"Agora recibo homenaxes e discursos: Este tipo de discursos faise cando o autor está morto e eu pido disculpas porque estou vivo."
Nese intre aplaudiumos a rabear, erguémonos e durante un longo rato permanecemos en pé aplaudindo en homenaxe ao autor, o cal humildemente devolvía os aplausos ao auditorio; toda unha lección de humanidade, as súas fermosas palabras e a súa actitude cun público desbordado de admiración polo escritor... realmente foi o mellor regalo para rematar estas xornadas.
Para ver unha presentación de fotos remitímosvos ao blog do IES de Fene "O Segrel do Penedo":
O venres día 8 de abril o alumnado de primaria realizou a sesión de ContAarte: contacontos e posterior traballo plástico, dentro da Campaña de Animación á Lectura da Concellería de Educación do Concello de Vigo.
Para o alumnado de 4º,5º e 6º o obradoiro estivo baseado no libro "A caixa de cartón"
Publicado pola editorial OQO na súa colección "Qontextos"; Caixa de cartón está escrito por Txabi Arnal e ilustrado polo iranianoHassam Amekan. Ofrece unha crónica da inmigración diferente: unha historia triste cun final máis feliz, se podemos falar de felicidade, se esta existe despois de sufrir o que a protagonista ten sufrido. As ilustracións, tremendamente plásticas, son símbolos das palabras e da historia, da dureza da vida nunha caixa, da desesperanza, da esperanza, do optimismo, do amor... a figura sempre vermella da protagonista destaca sobre os tons marróns do libro, que van caracterizar o conxunto das ilustracións. Un libro imprescindible, un álbum que hai que ter, ler, reler, dar a ler, lérllelo a outras persoas... lembrando que está a evocar esoutro mundo que ás veces nos negamos a ver.
Os alumnos de 3º,2º e 1º de primaria fixeron O seu Obradoiro de lectura sobre o libro"A caixa dos recordos"
Outro fermoso libro de OQO: A caixa dos recordos, con texto de Anna Castagnoli e ilustracións de Isabelle Arsenault, recrea a importancia dos obxectos segundo a carga afectiva que lle atribuímos. Pero ademais reflicte a xenerosidade de saber compartir, de xeito que esta remata sempre na felicidade de ver cumpridos soños case impensables. Ademais do texto, as ilustracións son doces e afectivas.
O día 7 e 8 de abril asistiremos en Santiago aos Encontros do PLAMBE: Plan de mellora de bibliotecas escolares.
Xa vos contaremos!!
Mentres tanto ide practicando con estes xogos de saúde.
E tamén podedes agardar lendo estes CONTOS:
O libro "Contos para nenos que dormen deseguida", da editorial Kalandraka, acaba de ser incluido na prestixiosa selección de los "White Ravens" que anualmente publica a Biblioteca de Munich onde inclúe ás obras infantís e xuvenís que considera máis destacadas de todo o mundo.
Esto foi o que destacou o xurado:
Conto para a hora de durmir. A historias para a hora de dormir deberían ser curtas, Pinto&;Chinto escríbeno no prólogo do libro.Ningún dos 28 contos é máis longo dunha páxina.
Os autores crearon miniaturas artísticas moi sinxelas, sin artificios, escollendo cuidadosamente cada palabra. O textos son poéticos cun suave sentido del humor. As historias, que falan dunha pata de pau florecente, unha bruxa enamoradiza, ou un volcán durminte, así como as ilustracións a toda páxina que as acompañan, teñen un brillante toque surrealista. Recomendado para lectores a partir de 6 anos.
Unha lenda conta que os cantos das sereas embruxaban aos homes do mar.
En Copenhague, un humilde pescador sucumbiu pola voz dunha serea mentres realizaba súa faena.
A Sereíña renunciou a súainmortalidade a cambio de poseer o aspecto dunha muller. Desta forma, conseguiría manter o amor do seu príncipe.
Este mito foi transmitíndose de xeración en xeración ata que o escritorHans Christian Andersen escribiu en 1837 o conto como hoxe o coñecemos.
Estatua da Sereíña en Copenhague (Dinamarca )
mércores, 30 de marzo de 2011
Hoxe mércores 30 de marzo, a escritora An Alfaya estivo na BIBLIOCROCAIO co alumnado de 5º e 6º cursos.
Lucas: "Foi un bo día ...contounos que foi xurado nalgúns premios literarios e di que é un pouco difícil...
Andrea : "Contounos a historia da buguina namorada, que tivo que darlle un bico de amor ao náufrago nunha illa deserta para salvalo..."
Laura M: "No seu libro: Down, cando escribiu puxo tornillo e despois cambiouno por "parafuso", palabra que ela descoñecía...
Madelen: "Cando ela era nena, gustáballe moito escribir e cando estaba na clase escribindo nun folio as súas fantasías a profesora dícíalle: Señorita Alfaya, que está facendo? ela contestáballe, nada profe...
Jeni: Ensinounos os libros de Down en catalán, en castelán, en galego e en coreano, si,si, en coreano...Dixo que ós libros hai que achegarse cos cinco sentidos..
Amanda: "Gustoume o teatro que fixo..."
Grazas An, por traernos esa ollada de luz,
esa imaxinación que quedou prendida na nosa biblioteca
e que medrará con nós.
Lembraremos sempre a diferencia das margaridas azuis.
Bicos de CROCAIO e CRODILA que estiveron moi atentos, cos cinco sentidos...
Os nenos e nenas de 5º e 6º leron poemas no seu taller de lectura mensual para os máis pequenos do cole e ademais faláronlles de flores xa que comezamos unha nova estación: a primavera.
Estiveron moi atentos e aprenderon moitos nomes de flores e de poetas.
A Primavera e a Poesía: unha flor e un poema on PhotoPeach
CROCAIO andivo de visita pola rede estes día e déixavos un xogo para que entrenedes a memoria, a lóxica, a vista e a atención.
Agardade un chisco a que cargue e escollede o voso nivel.ADIANTE!!
Despois de ler na clase "Os Bolechas queren saber como aforrar auga" seguro que podes contestar a estas preguntas:
- Cantos litros de auga abondan por persoa e por día? - Cantos litros consumimos en Galicia por persoa cada día? - Que lle pasará á Terra se consumimos máis auga da que hai? -Di unha maneira de aforrar auga na casa.
Todos podemos facelo!!
Xogo online sobre a auga
1. Características físicas e químicas da auga.
2. O cliclo da auga.
3. Importancia da auga para a vida.
4. Usos e abusos da auga.
5. Como se obten a auga.
O obxectivo do Día Mundial da Auga 2011 é centrar a atención internacional sobre o impacto do rápido crecemento da poboación urbana, a industrialización e a incertidumbre causada polo cambio climático, os conflictos e os desastres naturales sobre os sistemas urbanos de abastecemento de auga.
O tema deste ano,Agua para as Cidades: Respondendo ao Desafío Urbano, ten por obxecto poñer de relevo e alentar aos gobernos, ás organizacións, comunidades e persoas a participar activamente para responder ao desafío da xestión da auga urbana. Abrir o grifo e saber que inmediatamente brotará un chorro de auga potable é un luxo ao alcance de moi poucos seres humanos na actualidade. Millóns de persoas teñen serias dificultades para poder acceder á auga.A sequía xa non é un problema puntual, sinón unha emerxencia global.
Podedes visitar o sitio oficial en (http://www.unwater.org/worldwaterday/index_es.html)
Palabras Odios Esperanzas Salaios Ideas Amores Fran Alonso
Homenaxe a GLORIA SÁNCHEZ O pasado sábado 5 de marzo, o Salón do Libro de Pontevedra ofreceu unha bonita homenaxe á poeta Gloria Sánchez; nela participaron familiares, amigos, nenos e nenas e o grupo Mamá Cabra que lle puxo música a poemas como O meu tío Timoteo, María Manuela e co que colaborou no seu derradeiro disco Ola Ola Lá!
Este libro acheganos á poesía dun xeito lúdico, semellándo un obradoiro ou un xogo. Contén un CD con seis cancións de Xurxo Souto, carismático músico galego, líder do rock bravú, coñecido polo seu paso polo grupo Os Diplomáticos de Monte Alto e polas súas participacións no Xabarín Club.
Premendo na imaxe accederedes á páxina de presentación deste fantástico libro.
Fran Alonso presenta así o seu libro:
"Un gato cun aquel de toleirán, apaixonado pola poesía, foi, aínda que pareza incrible, quen me axudou a escribir o meu novo libro.
Debo confesalo porque non todo o mérito é meu. Miaña como un auténtico vate, e, coma todos os gatos, enreda e xoga, pero coas palabras. É un malabarista, un equilibrista das palabras, e sabe facer versos divertidos coma ninguén. Así naceu, hai xa varios anos, O meu gato é un poeta, que esta semana ve a luz nas librerías, nun parto un tanto animal e, desde logo, profundamente felino.
E, para seguir confesando as axudas que as persoas (ou animais) xenerosas me prestaron, debo dicir que Xurxo Souto me acompañou poñéndolle música aos poemas do gato.
O gato ten unha web : gatopoeta.net na que o libro continúa, porque moitas das páxinas dos poemas que escribiu o meu gato remiten a esa web. Pero só se pode entrar cun contrasinal que vén no libro. É cousa do meu gato, é que moi reservado. E eu, con cara de mico."
Celebramos A SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA, entre os días 10 e 18 de marzo.
QUEREMOS
Fomentar a familiarización coa prensa como medio de
información dentro da vida escolar,a fin de aumentar as súas competencias lingüísticas, culturais e sociais na súa formación integral, para chegaren a ser uns bos cidadáns cun correcto espíritu crítico e unha responsable actividade cidadana.
Actividades :
Repasamos a web de Norberto que se abre clicando no Quiosco de Prensa de arriba.
Tamén podemos ir ao RECANTO DE MIK e buscar alí clicando na imaxe seguinte:
1-Seleccionamos unha "Noticia do día".
Cada día comentaremos e exporemos unha noticia no corcho da aula.
2-Investigamos:
*Número de edicións que imprime diariamente "A voz de Galicia"-Ver en (Como se fai un periódico)
**Seccións dun periódico-(Ver Mural-esquema)
***Busca o nome de :
Dous xornais de Vigo.
Dous xornais de Galicia.
Catro xornais que se publiquen en toda España.
Catro de outras comunidades.
Catro xornais deportivos.
****Por último: selecciona unha noticia e imprímea.
Por xentileza do RECANTO DE MIK, clicando na imaxe teredes toda unha páxina chea de recursos para traballar nas aulas, xogar, cantar e ver sobre a IGUALDADE DE XÉNERO.
¡¡MOI INTERESANTE!!
luns, 7 de marzo de 2011
8 de marzo de 2011: celebración dun Día da Muller Traballadoramoi especial.
*Celebramos o primeiro Centenario do Día da Muller Traballadora.
O primeiro Día Internacional da Muller Traballadora celebrouse o 19 de marzo de 2011 en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suiza, coa celebración de mítines ós que asistiron máis de un millón de persoas, e nos que se reclamaba o dereito das mulleres a votar e a ocupar cargos públicos, o dereito ó traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral.
*Este ano tamén celebramos o 80 aniversario do voto feminino en España, para a consecución do cal foi clave a figura de Clara Campoamor. Con tal motivo, a Fábrica da Moeda o do Timbre ten presentado unha moeda conmemorativa,realizada en prata e cobre porase en circulación o primeiro semestre do ano cun valor de 20 euros.
Para coñecernos mellor:
Mulleres anónimas e outras moi coñecidas aparecen nas páxinas destes libros para mostrarnos a súa contribución á historia.Marta Rivera firma dous libros:
.
"Mi primer libro sobre ellas" e
"Ellas hicieron historia" (Anaya)
"La Mitad del cielo":(Perímetro) 14 testemuñas de mulleres de todo o mundo, das que a súa forza e traballo son chaves para o desenvolvemento económico.
Aproveitamos a ocasión para compartir con vós o seguiente vídeo que dá conta non só da situación actual das mulleres no mundo, sinon tamén dos retos aos que hoxe en día debemos enfrentarnos como sociedade para recoñecer os seus méritos e darlles o lugar que gracias a éstes merecen ocupar.
Monumento a Europa. Juan Oliveira Vieitez (1980-90, na praia de Samil, en Vigo. Ata aí chegou o noso turista de visita pola nosa cidade, e así se lle ocurriu o mandado do mércores: