xoves, 4 de xuño de 2026

Colaboración familias. Nai de Teo (4º de primaria)

Hoxe tivemos o pracer de desfrutar de novo da visita de Marta, nai de Teo de 4º de primaria, cun conto escrito por ela mesma titulado "Euxenia" e que contou ao alumnado de infantil. 

Unha preciosa historia!!

Moitas grazas Marta!!







Cómic manga de Emma, André e Antwan.

Emma, André e Antwan de 4º de primaria, estiveron durante os últimos meses elaborando un cómic manga con toda a ilusión e tamén esforzo. 

Deixámosvos aquí algunhas das páxinas do mesmo e que encuadernaremos para a nosa Bibliocrocaio.

Moitas grazas nen@s polo voso traballo!!













martes, 2 de xuño de 2026

Colaboración familias. Nai de Aldán.

 Hoxe a nai de Aldán veu como contacontos cun precioso libro:

"A araña moi ocupada"

Depois xogamos cunhas tarxetas para saber onde viven os animais.

Grazas mami!









luns, 1 de xuño de 2026

Colaboración familias. Pai de Adriana.

Hoxe tivemos a visita de Guille, o pai de Adriana. Veu contar a infantil uns preciosos contos:

"El pollo Pepe y los números"

" La sirenita"

"Adivina cuánto te quiero"

" O coelliño branco"

E para rematar trouxo u xogo de equilibrio moi divertido onde participamos todos e todas.












venres, 29 de maio de 2026

Colaboración familias. Nai de Hada.

Nesta semana de colaboracións das familias, contamos outra vez con Bea, nai de Hada. 

Desta vez veu contar a infantil, 1º, 2º e 3º de primaria o conto:

"A araña que lles tiña medo ás arañas"

Ademais ensinounos como facer en linguaxe de signos nomes de animais e outras palabras.











mércores, 27 de maio de 2026

Colaboración familias. Nai de Teo (4º de primaria)

Marta, a nai de Teo de 4º de primaria, deu unha charla ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria sobre o bullying ou acoso escolar. Nesta charla concienciou e abriuse como nunca. 

Contou cunha colaboración moi especial, a artista Silvia Rábade, do grupo Escuchando Elefantes.