xoves, 4 de xuño de 2026

Cómic manga de Emma, André e Antwan.

Emma, André e Antwan de 4º de primaria, estiveron durante os últimos meses elaborando un cómic manga con toda a ilusión e tamén esforzo. 

Deixámosvos aquí algunhas das páxinas do mesmo e que encuadernaremos para a nosa Bibliocrocaio.

Moitas grazas nen@s polo voso traballo!!













martes, 2 de xuño de 2026

Colaboración familias. Nai de Aldán.

 Hoxe a nai de Aldán veu como contacontos cun precioso libro:

"A araña moi ocupada"

Depois xogamos cunhas tarxetas para saber onde viven os animais.

Grazas mami!









luns, 1 de xuño de 2026

Colaboración familias. Pai de Adriana.

Hoxe tivemos a visita de Guille, o pai de Adriana. Veu contar a infantil uns preciosos contos:

"El pollo Pepe y los números"

" La sirenita"

"Adivina cuánto te quiero"

" O coelliño branco"

E para rematar trouxo u xogo de equilibrio moi divertido onde participamos todos e todas.












venres, 29 de maio de 2026

Colaboración familias. Nai de Hada.

Nesta semana de colaboracións das familias, contamos outra vez con Bea, nai de Hada. 

Desta vez veu contar a infantil, 1º, 2º e 3º de primaria o conto:

"A araña que lles tiña medo ás arañas"

Ademais ensinounos como facer en linguaxe de signos nomes de animais e outras palabras.











mércores, 27 de maio de 2026

Colaboración familias. Nai de Teo (4º de primaria)

Marta, a nai de Teo de 4º de primaria, deu unha charla ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria sobre o bullying ou acoso escolar. Nesta charla concienciou e abriuse como nunca. 

Contou cunha colaboración moi especial, a artista Silvia Rábade, do grupo Escuchando Elefantes.






martes, 26 de maio de 2026

Colaboración familias. Pai de Brais.

David Santos, pai de Brais, quiso colaborar nas actividades da biblioteca cunha charla sobre supervivencia e cómo actuar en situacións complexas na natureza. 

É autor do libro "Preparación para la supervivencia, recursos prácticos para el medio urbano y natural".

Moitas grazas!!







luns, 25 de maio de 2026

Cesta de libros de Iris

Como xa vos dixemos APAMP visitounos unha vez ao mes con distintas actividades para infantil e primaria. 

Como agasallo para o colexio déronnos un personaxe moi querido xa entre o alumnado, "Iris", que representa a diversidade e a inclusividade. Nós acompañamos a Iris cunha cesta de contos relacionados coa diversidade, e van rotando polas aulas.