19 novembro 2025

Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

Bo día amiguiñ@s

Este mes de novembro estamos a celebrar o mes da ciencia en galego nas bibliotecas.


Cada ciclo preparou dous experimentos e cada semana amósannos na biblioteca o resultado da súa preparación.

Hoxe vos deixamos os que prepararon infantil e o primeiro ciclo de primaria. Noutra entrada vos amosaremos os de 3º a 5º de primaria.

Infantil expuso un experimento sobre a enerxía estática e outro de monstros espumosos con vinagre e bicarbonato de sodio.







En 1º e 2º de primaria fixeron un experimento sobre a densidade de distintos líquidos e outro sobre a capilaridade e mestura de cores.









16 novembro 2025

Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia

Bo día 

Este sábado algunhas mestras do equipo de biblioteca asistiron á Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia do curso 2025-26 que se celebrou no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.

Déronse cita equipos de biblioteca, docentes, asesor@s dos centros de formación do profesorado e persoas expertas no lema do curso "Biblioteca escolar + Deseño = Viaxe á creatividade".

Nela falouse de competencia e prácticas lectoras, libros, deseño e colección, planificación do traballo nas bibliotecas, alfabetización informacional e outros temas.











14 novembro 2025

Conmemoracións novembro

Bo día a tod@s

Lembramos no noso expositor as conmemoracións deste mes de novembro. Deixamos aquí algúns libros que podedes atopar na nosa biblioteca relacionados con esas datas.



01 novembro 2025

Samagostiño

Bo día amiguiñ@s.

O xoves celebramos no colexio o Samagostiño, mesturando a festa do Samaín e de Magosto.

Esta festa foi organizada polo EDLG (equipo de dinamización da lingua galega) que, con moito cariño e traballo, prepararon cinco obradoiros interciclos, facendo cinco grupos con alumnado mesturado dos distintos niveis. 

Tamén fixeron exposición de cabazas coa colaboración das familias.

E despois saboreamos as castañas asadas e o choripán e nos deleitamos con actuacións musicais.

Pasámolo moi ben!

Aquí vos deixamos un resumo deste día.






 


















Exposición de cabazas e festa do magosto





27 outubro 2025

Día das Bibliotecas

Bo día a todos e todas

Por fin chegou o gran día. O día 24 de outubro Día das Bibliotecas inauguramos a nosa apertura oficial para este curso da nosa Bibliocrocaio, aínda que como poidéchedes ver xa traballamos algunha conmemoración.

Partindo do noso proxecto deste curso "Comeza a viaxe", cada aula informounos da comunidade que elexiron e contáronnos unha chea de datos sobre as mesmas, expoñendo a elaboración dos seus traballos.

Pero a entrada á nosa biblioteca foi unha sorpresa, xa que penduradas do teito tiñamos tarxetas con fotos de todo alumnado sostendo un libro e cun precioso texto. Ademais de fotos das comunidades traballadas.









Comeza o día e cada aula deunos moitos datos da súa comunidade. Aquí o tedes!


Infantil presentounos a gravación que fixeron sobre Galicia



1º e 2º de primaria, sorprendéronnos vestidos de chulapos e chulapas para presentarnos a súa comunidade, Madrid, a golpe de música.



3º de primaria presentaron os seus traballos sobre Andalucía.






4º de primaria deron información sobre Cataluña


E 5º e 6º de primaria, o noso voluntariado, elaborou un gran traballo sobre cada illa de Canarias. Aquí vos deixamos as montaxes que fixeron.












E para rematar o día repartimos as guías de usuari@s, as mochilas viaxeiras e as tarxetas de recordo.