O alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria visitou a librería do casco vello de Vigo "Libros para soñar", onde disfrutamos dunha sesión de contacontos chea de imaxinación e alegría.
mércores, 9 de abril de 2025
luns, 7 de abril de 2025
Recomendacións lectoras abril
Boas amigos e amigas!
Agora que se achegan uns días de descanso deixámosvos por aquí as recomendacións lectoras da Biblioteca.
venres, 4 de abril de 2025
Novidades lectoras do mes de Abril
Boas amigos e amigas!
Este mes de abril ven cargadiño de novidades e tamén de recomendacións lectoras, en relación ás conmemoracións e as datas importantes deste mes.
Aquí vos deixamos a mostra.
martes, 25 de marzo de 2025
Bibliocrocaio vístese de verde por San Patricio
Ola amigos e amigas do Pondal!
Tivemos a sorte de contar en Bibliocrocaio, coa nosa auxiliar de conversa, Marta, para contarnos un conto moi divertido sobre o seu can en Dublín. E celebrar así ao grande a festividade de San Patricio.
Como non podía ser doutra maneira, viñemos vestidos para a ocasión cunha peza de roupa de cor verde.
Visita da escritora Iria Misa á Bibliocrocaio
Ola amigos e amigas do Pondal!
A escritora, Iria Misa, viu visitar ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria para falarnos do seu libro "Mamá , quero ser Ziggy Stardust" e dos seus novos proxectos.
E para ti? Qué é ser un neno ou nena?
mércores, 19 de marzo de 2025
Día da Muller e Semana da Prensa
No cole celebramos o Día da Muller traballadora e a Semana da Prensa ao grande!
O equipo de biblioteca en coordinación co equipo TIC, organizou unha proposta relacionada co proxecto "Décadas musicais", na que colaborou todo o cole. A partir dunha noticia de prensa redactada e creada polos nenos/as, poñemos en valor o papel da muller na música.
Compartimos unha pequena mostra desta proposta nas seguintes fotografías.
venres, 7 de marzo de 2025
Entroido no Pondal
Boas amigos e amigas!
O tempo de Entroido chegou ao Pondal! e este ano relacionouse co noso proxecto "As Décadas Musicais".
Mirade os nosos mandatos do Meco!
O venres 28 de febreiro celebramos o Entroido desfilando pola peonil do Calvario, contaxiando no barrio a alegría desta festa e deixando abraiados a todos e todas, cos nosos disfraces.
Botade unha ollada!
E como non podía ser menos, tamén gozamos dunhas saborosas filloas!
Recomendacións lectoras febreiro
Moi boas amigos e amigas!
Xa rematado o mes de febreiro, cargadiño de cousiñas importantes como a preparación do Entroido, o Día do Amor e da Amizade e o Día de Rosalía, querémosvos ensinar cales foron as nosas recomendacións lectoras en relación a estas datas importantes.
mércores, 26 de febreiro de 2025
23 febreiro "Día de Rosalía de Castro"
Boas amigos e amigas!
Este 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro. E con tal motivo, fixéronse no cole actividades moi chulas.
Relacionado co noso proxecto "Décadas musicais", fixemos un mural e un Kamishibai musicado sobre o poema de Rosalía de Castro "Has de cantar".
Podes gozar do noso Kamishibai pinchando na imaxe.
mércores, 12 de febreiro de 2025
11 febreiro
Boas amigos e amigas!
Onte foi o Día Internacional da Muller e a nena na ciencia.
No noso cole traballamos un pouquiño sobre algunhas científicas importantes e os seus descubrimentos. Fixemos unha exposición sobre Marie Curie con algunhas actividades.
Coñecedes algunha científica máis??
luns, 3 de febreiro de 2025
Novidades xaneiro!
Boas amigos e amigas!
Este mes de xaneiro tivemos novidades moi interesantes na nosa biblioteca. Imos ter novidades cada mes polo que estade moi atentos e atentas para que non vos perdades nadiña
Recomendacións lectoras xaneiro
venres, 31 de xaneiro de 2025
Día da Ilustración e da Paz
Boas amigos e amigas!
Onte, 30 de xaneiro, conmemoramos no noso cole o Día Escolar da non Violencia e da Paz. Para facelo, aproveitando o PDI da biblioteca, as décadais musicais, cada aula escolleu unha canción relacionada con este día.
Ademais, como tamén celebramos o día da ilustración decoramos a entrada de noso cole coas cancións escollidas.
Por último, estivemos na biblioteca presentando a nosa canción, os seus significados, os autores, etc. Foi unha mañá moi divertida e interesante.
luns, 20 de xaneiro de 2025
Os bolechas en igualdade
Boas amigos e amigas!
Hoxe, os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria tivemos a sorte de recibir na nosa biblioteca a "Vicente", un pintor experto amigo dos bolechas.
Falamos sobre o noso patio e sobre como sería o noso patio ideal. Entre todos e todas fomos debuxando ese patio...
Pasámolo xenial aprendendo sobre a igualdade, as oportunidades e os dereitos das persoas!

.jpeg)
.jpeg)

_page-0001.jpg)
_page-0002.jpg)








































