venres, 3 de marzo de 2023
Festival Menditour
O alumnado de 4º,5º e 6º de primaria foi convidado polo club Montañeiros Celtas á sesión de cine de montaña, na súa sesión escolar, que tivo lugar no Auditorio do Concello en Vigo. Moitas grazas pola invitación!
GAÑADORAS DO CONCURSO DE MINI RELATOS
sábado, 25 de febreiro de 2023
11 febreiro. Día Internacional da muller e a nena na ciencia.
Cristina Fernández González, oceanógrafa e doutora en ecoloxía de Fitoplancton, visitou a biblicrocaio, para falarnos das súas experiencias como investigadora, das súas expedicións oceanográficas, os seus mergullos, as visitas aos lobos de mar; tróuxonos vídeos e algunha sorpresiña máis feita a máis de 5.000 m de profundidade. Deixounos unha reflexión, a brecha de xénero que segue a existir no mundo profesional da ciencia e convidou ás nenas a que tiveran pulos e forza se a ciencia é o seu camiño.
mércores, 15 de febreiro de 2023
13 febreiro. Día Mundial da Radio.
Os maiores do cole celebraron o Día mundial da Radio, da mellor maneira posible: facendo radio en directo! Para iso foron ata as instalacións da Universidade de Vigo. Gazas aos integrantes de Ponte nas Ondas!
Aquí tendes o enlace para poder escoitar o seu traballo.
http://escolasnasondas.com/#1675871988065-063acf4a-cb3b
11 febreiro. Dia da muller e a nena na ciencia.
Froita e leite na escola
Estas semanas temos para os recreos froita e leite. Fixemos dítpticos, vídeos, fomos polas clases a divulgar as virtudes de todas as froitas que trouxemos, aprendimos sobre o proceso de elaboración do leite, e estamos a participar nos retos leitereiros.