Desde a Biblio Crocaio do Ceip
Eduardo Pondal:
Repetimos a experiencia
de comprar un libro para ler durante as vacacións de Nadal que máis adiante
será traballado nos obradoiros de lectura de cada aula.
Este ano todos os cursos participan:
Infantil e  Primaria e ademais  algún dos seus autores visitarán a Biblio
Crocaio e  falarannos  dos seus libros e de cómo escriben unhas
historias tan chulis. 
É una gran honra para
nós contar con estes autores e pola experiencia de anos anteriores todos
disfrutamos moito con esta actividade, por iso,  queremos ofrecervos xa os títulos para que
poidades reservalos nas libreirías máis próximas.
O alumnado de  Educación 
Infantil  disfrutará si lles
ledes:
O desexo do gato Klops de  Estefanía Padullés, Hércules Edicións:
En galego ou castelán.
Para 1º curso de Primaria , un autor que lles gusta moito Vicente Muñoz Puelles e o seu libro: Laura y el ratón de Edicións Xerais colección Sopa de libros.

2º curso de primaria lerán O lapis de Rosalía, de Antón Cortizas, de Edicións Xerais

3º e 4º cursos lerán As fadas verdes de Agustín Fernández Paz, da editorial SM da colección Barco de Vapor
Tamén de Agustín Fernández Paz será o libro que lerán 5º e 6º cursos: O segredo da Illa Negra, de Edicións Xerais.
Lembrade que:  UN LIBRO É O MELLOR AGASALLO
 

























