Se premes no cartel terás toda a programación do Entroido de Vigo:
sábado, 7 de febreiro de 2015
O sabor da aventura está no mar
Video resume da visita ao Porto de Vigo, museo do mar e posterior degustación de comida con productos do mar no cole.
xoves, 5 de febreiro de 2015
Entroido no Caderno Verde de Sogama
Capítulo 23: O Entroido from Ronsel de Ideas on Vimeo.
No Caderno Verde de Sogama poden atoparse ademais estampas para colorear: a escola, o Anselmo Peliqueiro ou unha carauta.
No Caderno Verde de Sogama poden atoparse ademais estampas para colorear: a escola, o Anselmo Peliqueiro ou unha carauta.
SON SAN: Raquel Queizás na BIBLIOCROCAIO
Co seu espectáculo SON SAN.
Raquel trouxo uns monicreques construídos con material de refugallo
(vasos e pratos de cartón), con música e algunha coreografía para bailar.
Xan, o monicreque protagonista ensinounos o importante que é levar
unha vida saudable, cun bo almorzo e unha alimentación variada así
como, de forma divertida, descubriunos como levar a cabo unha boa
hixiene.
Estivo moi interesante e entretido!!
Grazas Raquel! Volve cando queiras...
sábado, 31 de xaneiro de 2015
Así foi o noso Día Da Paz:
A PAZ NON É UN XOGO!!
Este Día Escolar pola Paz 2015 estreamos na Bibliocrocaio o vídeo que dirixiu o profe Óscar no que participamos todos e que nos fixo reflexionar sobre os comportamentos habituais para animarnos a colaborar, compartir, ceder, reflexionar etc...e sobre todo a RESPECTAR en situacións cotiás que vivimos a diario.
Traballamos esas palabras nos "diálogos" do vídeo e tamén nas pegatinas que repartiu Crocaio.
Disfrutade do vídeo!
Tamén aprendimos " O baile da Carrasquiña" e así de ben o bailamos:
E aí quedan esas preciosas imaxes de compañeirismo, colaboración e traballo compartido que foi para nós a celebración deste día:

Lendo o Manifesto pola Paz elaborado e lido polo alumnado de 5º e 6º cursos:
xoves, 29 de xaneiro de 2015
Venres 30 de Xaneiro : Día escolar pola PAZ
Este venres 17 celebramos o Día Escolar pola PAz no 67 cabodano da morte de Gandhi.
Aproveitamos esta data para fomentar as boas relacións nas actividades cotidianas como nos xogos, na aula, na familia e tamén a resolución pacífica dos pequenos e grandes conflictos que se presentan a diario. Para eso elaboramos un video que estrearemos mañá no que aparece todo o noso alumnado en situcións de conflito resoltas pacificamente.
Queremos tamén lembrar aos dous derradeiros Premios Nobel da Paz e sobre todo a MALALA, unha rapaza pakistaní de 17 anos galardoada co Nobel da Paz pola defensa do dereito á educación das mulleres.
Nobel da paz 2014 from bibliotecadocole
Agradecemos a Bibliotecadocole de Moaña a información sobre os premios Nobel.
Agradecemos a Bibliotecadocole de Moaña a información sobre os premios Nobel.
Mañá tamén bailaremos e cantaremos todos o baile da CARRASQUIÑA. E sabedes o que é unha carrasquiña? Pois esto:
CARRASQUIÑA O INSTRUMENTO POPULAR PARA TOCAR -Está feito de alambre e chapas de botellas machacadas, para suxeitala puxéronlle cinta plástica para non mancar as mans.
mércores, 28 de xaneiro de 2015
martes, 27 de xaneiro de 2015
luns, 26 de xaneiro de 2015
Domingo fareleiro abriu o Entroido:
Todo sobre o Entroido Galego:
O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como anuncio do fin do inverno e comezo da primavera.
O Domingo Fareleiro de Xinzo de Limia , que foi este domingo pasado, abre o Entroido en Galicia que durante un mes prepara esta grande festa.
xoves, 22 de xaneiro de 2015
mércores, 14 de xaneiro de 2015
Aprende a usar as imaxes de Internet:
Traballo que compartimos feito polo CEIP Frián de Vigo e que nos mostra con moita claridade como utilizar correctamente as imaxes coas que facemos as nosas montaxes:
Powered by
Issuu
Publish for Free
luns, 12 de xaneiro de 2015
Xogar axúdanos a medrar e a soñar
Pronto celebraremos o Día escolar pola paz e non violencia.
Achegámonos a ese día con estos Xogos coas palabras da Web http://www.rinconsolidario.org/palabrasamigas/
e as súas Palabras amigas, fai clic e xoga con puzzles, crucigramas, o aforcado e tamén hai un apartado de xogos pola PAZ, búscaos e divírtete!
Xoga coas palabras:
e tamén podemos pedir na Bibliocrocaio libros coma este:
venres, 9 de xaneiro de 2015
venres, 2 de xaneiro de 2015
mércores, 31 de decembro de 2014
Especial Nadal da familia Trebón
Este ano, os Reis Magos, Papa Noel e mailo Apalpador decidiron unirse para
pedir aos nenos e nenas unha serie de favores:
* que escollan ben o agasallo que máis lles guste e aquel ao que vaian dar uso;
*que pidan poucos agasallos a fin de que cheguen para todos os nenos e nenas do Planeta Verde, recordando que o mellor de todos eles é compartir cos amigos os xoguetes; e o máis importante,
*que sexan moi felices e que axuden tamén a ser felices ás persoas que teñen ao seu arredor.
Unha carta moi especial from Ronsel de Ideas on Vimeo.

xoves, 25 de decembro de 2014
domingo, 21 de decembro de 2014
Este Nadal ler e xogar!
domingo, 14 de decembro de 2014
Cen anos de Platero y yo de Juan Ramón Jiménez
Platero y yo, do poeta español Juan Ramón Jiménez, cumple cen años. Publicado por primeira vez por Ediciones la Lectura, dentro da colección Biblioteca de la Juventud, o libro, de 136 páginas, rematouse de imprimir en Madrid o 12 de dicembro de 1914.
Consta de 63 capítulos, con ilustracións do artista gráfico valenciano Fernando Marco. Según se di, a Juan Ramón Jiménez non lle gustou a edición, que considerou descuidada, nin tampouco as ilustracións.
Después desa publicación para os nenos, en 1917 o poeta diu a coñecer coa Biblioteca Calleja unha versión da obra de maior extensión, ampliada a 138 capítulos e dirixida a público adulto.
Aquí tedes dúas das ilustracións realizadas por Fernando Marco hai xa un século:
sábado, 13 de decembro de 2014
luns, 8 de decembro de 2014
Unha eiruga moi larpeira: conto e canción
Xoga co conto:
PÁXINA QUE TEN MOITAS CANCIÓNS DOS CONTOS QUE MÁIS NOS GUSTAN COMO POR EXEMPLO A CANCIÓN DA ORUGA GLOTONA DA QUE TEDES AQUÍ A LETRA E O ACCESO Á CANCIÓN :
PODEDES DESCARGAR A CANCIÓN E OS ACORDES PARA TOCALA AQUÍ:
E agora mirade outras eirugas:
esta para colorear:
venres, 5 de decembro de 2014
CULTURGAL en Pontevedra
5 a 7 de decembro: Maimiñas, marionetas de papel, A cociñeira do rei, Brica Vai! Pitusa Semifusa,Peter PunK con Peor imposible,A tropa de trapo na selva do arco da vella , Mamá cabra e moito máis....na FEIRA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS no Pazo da Cultura de Pontevedra.
xoves, 4 de decembro de 2014
6 de Decembro día da Constitución española e do Estatuto Galego de Autonomía
Na primeira semana deste mes temos unha data de especial conmemoración: o día 6 de decembro lembramos A CONSTITUCIÓN española e o ESTATUTO de autonomía de Galicia.
O máis importante é que a nosa constitución garantíza que defenderá a
IGUALDADE, A XUSTIZA E A LIBERDADE.

O máis importante é que a nosa constitución garantíza que defenderá a
IGUALDADE, A XUSTIZA E A LIBERDADE.

mércores, 3 de decembro de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)