Bo día a todos e todas!
Temos expostas nos estantes de novidades algunhas das recentes adquisicións da nosa Bibliocrocaio, moitas delas suxerencias que fixo o noso alumnado.
Bo día a todos e todas!
Temos expostas nos estantes de novidades algunhas das recentes adquisicións da nosa Bibliocrocaio, moitas delas suxerencias que fixo o noso alumnado.
Bo día amiguiñ@s.
Aquí vos deixamos algúns momentos da segunda sesión deste venres de Radio Pondal en torno á Rosalía de Castro. Desta vez da man do alumnado de 3º de primaria e coa colaboración moi especial da nai e o pai de Samantha, Sofía e Jimena.
Moitas grazas familia pola vosa colaboración!!
Ola a tod@s
Relacionado coa PDI da biblioteca, "Comeza a viaxe!", en infantil estase a traballar a nosa comunidade Galicia.
Pili, a coidadora, á que lle temos moito cariño, trouxo moitos instrumentos musicais galegos. Comentounos de cada un deles como se toca e a súa historia. Algúns deles caseiros e outros máis elaborados.
Non só amosounos como se tocan, tamén cantou e nos deixou tocar e probar para acompañala.
Pasámolo estupendamente!
Moitas grazas Pili por este día tan marabilloso!!
Bo día amiguiñ@s
Como xa sabedes todas as semanas o noso alumnado leva da Bibliocrocaio un libro para casa. En infantil tamén levan unha ficha onde fan un debuxiño relacionado co libro.
A familia de Marina da aula de 3 anos, quixo mostrarnos as súas habilidades coa papiroflexia facendo figuras relacionadas co conto que levaba.
Deixámosvos aquí estas pequenas obras de arte.
Moitas grazas familia!!
Ola a todo o mundo
O equipo de dinamización de lingua galega, EDLG, organizou unha actividade preciosa para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, que terá lugar o 23 de febreiro:
Recitado de poemas os venres de xaneiro e febreiro a través da nosa Radio Pondal, animando a toda a comunidade educativa, alumnado, familias, mestres e mestras. Para formar parte da gravación informade á titora correspondente.
Aquí vos deixamos algúns momentos deste venres, no que o alumnado de 5º de primaria recitou o poema "Nasín cando as prantas nasen".
Ola a tod@s:
Este trimestre comezaremos a traballar cos seguintes libros nas distintas aulas. Recomendamos que cada alumno e alumna teña o seu. Ademáis, de ser posible, de algún destes libros virá o escritor ou escritora para falarnos del e asinalos.
Dar as grazas á ANPA por agasallar ao alumnado socio con estes libros. E se non o tedes, intentalo conseguir para traballalo na aula coa vosa titora.
Libro que traballaremos en Educación Infantil
"Dez gatiñas viaxeiras" de Eva Mejuto, Ed. Xerais
Bo día a tod@s.
Aquí vos deixamos os libros que puxemos no expositor relacionados coas conmemoracións deste mes, destacando o Día da Paz.
Podedes consultalos cado queirades. Lembrade tamén que a Bibliocrocaio está aberta todos os recreos.
Bo día amiguiñ@s
Xa rematamos este trimestre e queremos deixarvos aquí as recomendacións lectoras de Nadal.
FELICES FESTAS!
Bo día a todos e todas
Xa temos expostas as novidades deste mes na nosa Bibliocrocaio. Esperamos que vos gusten e lembrade que podedes deixar no buzón da porta as vosas suxerencias lectoras.
Bo día seguidores de Crocaio
O día 3 de decembro celebramos o Día das Persoas con Discapacidade en torno ao libro "Por cuatro esquinitas de nada".
Nesta actividade participou todo o alumnado do centro cunha actividade preciosa.
Cada grupo traballou e falou na súa aula do libro e cada alumno e alumna fixo unha figura xeométrica e decorouna libremente. Despois as pegaron nun mural común na entrada do colexio.
Púxemos como lema
"Unha porta para tod@s"