Este venres 13 de novembro celebramos o Día das Librarías, baixo o lema E ti, de que librería ves sendo?
Este ano 5º e 6º de primaria acercáronnos virtualmente a dúas librarías de Vigo.
5º de primaria investigou sobre a Libraría Solidaria Aida de Vigo.
Esta libraría vende libros doados moi económicos de segunda man. Cos beneficios financian proxectos de cooperación.
6º de primaria fixo unha entrevista a Gonzalo da libraría Cartabón de Vigo. Nesta libraría todos os anos mercamos libros para a nosa Bibliocrocaio. Gonzalo, o libreiro, leva 35 anos traballando nela e como di el:
Cada día gústame máis, é a adicción de cada día
O alumnado de 6º de primaria fixo un traballo previo de elaboración de preguntas para a entrevista a Gonzalo. O día seguinte, a través da plataforma de videoconferencia Falemos da Xunta, fixéronlle a entrevista. O alumnado quedou encantado e moi agradecido por aceptar a invitación e participar nesta entrevista online. Foi unha experiencia moi gratificante.
Aquí vos deixamos un vídeo con fotos desta entrevista online e o pdf coas respostas de Gonzalo.
1 comentario:
Estupendo traballo! Gustoume moito a vosa entrevista!
Publicar un comentario