Faro da Escola, a través do escritor e ilustrador galego Anxo Fariña, achegou ao alumnado de 3º a 6º de primaria un obradoiro de igualdade e imaxinación de maneira dixital.
O alumnado deseñou o seu ideal de cidade cos consellos do creador Anxo Fariña, para fomentar unha educación baseada na igualdade e loita contra a violencia de xénero.
Cunha pintura especial, deseñada para brillar na escuridade, o alumnado plasmou mensaxes e escenas propias dunha cidade sen violencia de xénero.
O alumnado de 5º de primaria ao longo deste curso e en relación co proxecto da Biblioteca "Inventos de conto", crearon as súas propias manualidades e aquí queremos deixarvos algunhas delas.
Tamén lembramos outras manualidades de 6º de primaria que fixeran polo mes da ciencia en galego, como estas.
Como xa vos comentamos nunha entrada anterior, o voluntariado da Bibliocrocaio de 5º e 6º de primaria preparou uns contos que compartiron coa aula hospitalaria do Álvaro Cunqueiro.
Aquí queremos deixar constancia da labor tan importante que están a facer Chus e todo o equipo para alegrar os días dos nenos e nenas a través da aula hospitalaria e atención domiciliaria.
Esperamos axudar co noso gran de area neste proxecto colaborativo.
Este é o blog da aula hospitalaria que con tanto cariño levan a cabo.
Seguindo co noso proxecto anual "Inventos de conto", fíxose dende o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), unha pequena exposición de maquinaria agrícola antiga que cedeu Suso, o noso orientador.
O alumnado de 1º e 2º de primaria xunto co mestre Cándido foi o primeiro en probar estes inventos que axilizaban o traballo de campo.
Quedaron encantad@s e aprenderon moito!
Trituradora
Debulladora de millo
Muíño manual
Fixeron fariña de millo
Fresquera
Antecesor da actual neveira. Botábaselle agua para beber, e xeo para enfriar a fresquera e manter os alimentos.
Tamén atopamos no colexio esta leiteira, onde gardábase o leite das casas.
No club de lectura de 5º de primaria leron e falaron do libro "Plan de rescate" de Antía Yáñez, libro que traballaron neste trimestre.
Unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, compañeirismo, traballo en equipo e mesmo algo de amor.
O voluntariado segue a traballar preparando contos de maneira virtual que compartimos co resto do alumnado do colexio e tamén coa aula hospitalaria do Álvaro Cunqueiro. Aquí tedes tres preciosos contos que prepararon e escenificaron para o Día do Libro Infantil e que vos van encantar.
Grazas a tod@s!!
CINCO MINUTOS DE PAZ
por Leire, Luana, Lucía, Rosalía e Samira
O COELLIÑO BRANCO
por Luana, Lucía, Samira, Samuel e Xián
A CASA DA MOSCA CHOSCA
por Anthony, Brais, Cesc, Evelyn, Ezequiel, Izan, Noelia, Samira e Xián
Dende o ano 1967 celébrase o 2 de abril o Día Internacional do Libro Infantil, que coincide co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, para inspirar o amor pola lectura e os libros infantís.
Cada ano, unha sección nacional do IBBY é a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor ou escritora representativo e un recoñecido ilustrador ou ilustradora do seu país para que elaboren a mensaxe a todos os nenos e nenas do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo.
IBBY Estados Unidos é o patrocinador deste ano, que difunde a mensaxe da escritora de orixe cubana Margarita Engle co título "A música das palabras", e o ilustrador e escritor brasileiro Roger Mello.
Esta é a tradución da mensaxe en castelán publicada na web de IBBY e o cartel.
La música de las palabras
Cuando leemos, a nuestra mente le crecen alas. Cuando escribimos, nuestros dedos cantan.
Las palabras son tambores y flautas en la página, pájaros cantores que alzan el vuelo y elefantes que trompetean, ríos que fluyen, cascadas que caen, mariposas que revolotean ¡en lo alto del cielo!
Las palabras nos invitan a bailar: ritmos, rimas, latidos del corazón, ruido de cascos y aleteos, fábulas antiguas y nuevas, ficticias y reales.
No importa si estás cómodamente en casa o cruzando la frontera hacia un nuevo país y un idioma desconocido, los cuentos y poemas son tuyos.
Cuando compartimos las palabras, nuestras voces se transforman en la música del futuro, en paz, alegría y amistad, una melodía de esperanza.
As seccións que forman a OEPLI (Organización española para el libro infantil) entre as que GÁLIX representa ao ámbito lingüístico galego, decidiron realizar un vídeo conxunto coa participación de persoas de diferentes idades e sectores.
Lembrade que na nosa Bibliocrocaio tedes libros para recordar de Hans Christian Andersen, como os clásicos "Pulgarcita", "El traje nuevo del Emperador", "Cuentos de Andersen", "La sirenita", "El soldadito de plomo", " El patito feo!...
E tamén versións en galego de varios libros como estes.
Hoxe conmemórase o Día Mundial da Poesía e na nosa Bibliocrocaio tedes algúns libros de poemas para traballar nestes días.
Animádevos a ler poemas, crealos e compartilos...
Queremos destacar outros libros de poesía, esta vez cun apartado relacionado co noso proxecto Inventos de conto.
"Os soños na gaiola" de Manuel María onde podemos atopar o poema "As cousas" alí falan as campás, o barco, o chifre, o muíño, o fouce, o foguete, o carro, o tractor, o arado...
"Recendos de aire sonoro"de Antonio García Teijeiro, con poemas sobre os instrumentos musicais.
"Poemas birollos para ler cos ollos" de Fran Alonso, cun poema dun dron.