xoves, 16 de febreiro de 2017

Proposta da AELG para a celebración do Día de Rosalía

24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro
 ROSALÍATE !

"O  lema da proposta #RosalíaTe  pode desenvolverse a través de actividades que permitan a cada alumna ou alumno converterse na Rosalía de Castro da que se sinta máis próxima/o. Para isto, despois de facer un repaso da figura literaria da autora, e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa das súa obra, propoñemos para o venres 17 de febreiro que cada alumna/o elabore unha máscara de Rosalía de Castro

 Esta iniciativa pretende, ademais, que unha vez feito este traballo, o alumnado o comparta coa súa familia e, particularmente, cos seus maiores (sexan familiares, veciñas e veciños…). Para isto faríanse fotos do alumnado caracterizado de Rosalía acompañado das súas persoas maiores, portando entre ambos un pequeno cartel cun verso rosaliano da escolla da alumna ou alumno. 


 A documentación gráfica sería subida á rede polo centro de ensino antes do 24 de febreiro, coa etiqueta #RosalíaTe. Desde a AELG, convidamos á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo.

Mais ó que ben quixo un día. Rosalía de Castro

Mais ó que ben quixo un día,
si a querer ten afición,
sempre lle queda unha mágoa
dentro do seu corasón.

I

Aló nas tardes serenas,
aló nas tardes caladas,
fanse máis duras as penas
que nas brandas alboradas.

Aló nas tardes sombrisas,
aló nas tardes escuras,
fanse máis cortas as risas,
máis negras as desventuras.

Que non hai sera tranquila
para quen remorsos garda,
e máis presto se aniquila
canto máis á noite agarda.

II

Eu ben sei destos secretos
que se esconden nas entrañas,
que rebolen sempre inquietos
baixo mil formas extrañas.

Eu ben sei destes tormentos
que consomen e dovoran,
dos que fan xemer os ventos,
dos que morden cando choran.

........................

I anque hora sorrindo canto,
anque hora canto con brío,
tanto chorei, chorei tanto
como as auguiñas de un río.

Tiven en pasados días
fondas penas e pesares,
e chorei bágoas tan frías
como as auguiñas dos mares.

Tiven tan fondos amores
e tan fondas amarguras,
que eran fonte de dolores
nacida entre penas duras.

III

Ora río, ora contento
vou polas eiras cantando,
vendo de onda vén o vento
cando vou levar o gando.

Ora con grande sosiego
durmo na beira das fontes,
durmo na beira dos regos,
durmo na punta dos montes.

Mais ó que ben quixo un día
si a querer ten afición,
sempre lle queda unha mágoa
dentro do seu corasón.

    Rosalía de Castro . Cantares Gallegos. 



mércores, 15 de febreiro de 2017

Visita de Tamara Echegoyen

Inesquecible a visita desta deportista de élite que deixará pegada no alumnado, para competir de maneira sana, para non renderse ata conseguir os  obxectivos propostos,para que a lectura estea presente ao longo da vida.
Un exemplo a seguir.

luns, 13 de febreiro de 2017

Támara D. Echegoyen

Foi  campiona de Europa en 2000 e 2004, e campiona do
mundo en 2001, 2002 y 2005 da clase Vaurien.1

Visitamos o auditorio Mar de Vigo para entrevistar a

Iago Aspas, por xentileza de Faro da Escola.
Eramos moitos coles, uns 1.200 nenos e nenas, que ordenadamente fomos subindo ao escenario a facerlle ao xogador do Celta de Vigo as preguntas que levabamos preparadas.
Ao tempo Luis Dávila, o debuxante, facía unha caricatura e o chiste do día e un redactor escribía a entrevista que podíamos seguir pola gran pantalla.
Gustounos moito. Do noso cole tocoulle por sorteo a Mamadou e a Sabela subir ao escenario.




Hora de ler compartida

Alumnado de 5º e 6º, voluntario en labores de biblioteca, achéganse ás aulas dos máis pequenos a ler, todos os venres:

martes, 7 de febreiro de 2017

Visita de Antonio García Teijeiro


O poeta vigués Antonio García Teijeiro visitou hoxe a Biblio crocaio e ofreceu unha charla chea de experiencia e sabiduría sobre POESÍA, na que nos dixo "aos nenos e nenas gústalle a poesía moito máis do que pensamos".
Recomendoulles ler un poema cada noite, porque así ao longo do ano teremos 365 poemas lidos.
Tamén recitou poemas que nos resultaron coñecidos porque o seu libro POEMAR O MAR  traballámolo nas aulas de segundo a sexto.
Foi unha charla que nos foi engaiolando e cando nos tocou o turno de preguntarlle resultaron unhas preguntas moi interesantes, felicitounos por estar tan atentos pero é que foi moi doado.
Sacou da súa maletiña ao rato Honorato, que estaba namorado da lúa e  ao soldado Dado que non tiña armas porque quería a Paz.

Moitas grazas Antonio pola túa amabilidade!

mércores, 1 de febreiro de 2017

Visita a Biblio Crocaio Antonio García Teijeiro

Por xentileza do programa Faro da Escola, o próximo martes día 7  recibiremos a visita do  importante escritor  vigués
Antonio García Teijeiro que nos vai presentar o seu libro máis recente  POEMAR O MAR de edicións Xerais 


Antonio naceu en Vigo no ano 1952. É un grande da Literatura Infantil e Xuvenil, mestre,
 é tamén o noso poeta máis internacionalmente coñecido.
Conta cunha obra moi extensa e con innumerables premios, entre eles o Premio Merlín por Na fogueira dos versos, que entrou na Lista de Honra do IBBY e  se lle concedeu o Premio Pier Paolo Vergerio da Universidad de Padua (Italia), un dos máis prestixiosos de Europa. Pódese seguir en Versos e aloumiños, o seu blog.
Os seus poemas foron cantados por Mamá Cabra  e outros grupos que fan cancións para nenos e nenas.
Entre os 100 mellores libros do século XX
O seu libro "Versos de Agua", en galego "Cacarabín, Cacarabón" foi elexido entre Os 100 mellores libros do século XX 
Agardámolo impacientes mentres preparamos poemas do seu libro e debuxos para o mural!

Compartimos

 Así quedou o mural colectivo do Día Da Paz, flores de cores, bicos de cine  e pombas de paz encheron as súas letras feitos entre todo o alumnado.









Agasallos que intercambiamos cos coles de Candeán e Carballal. Caramelos sabor Paz,Amizade, Respecto etc..

luns, 30 de xaneiro de 2017

Día da Paz

As escolas de todo o país celebramos o 30 de xaneiro o Día escolar pola paz e a non violencia lembrando a figura de Gandhi, un pacifista indio que morría nesta data no ano 1948, asasinado por un fanático. 
As escolas de todo o país unímonos nun mesmo berro para que chegue pronto o día no que as fronteiras non existan e o mundo sexa en realidade de todos e para todos.

Unímonos para berrar solidariedade con eses irmáns refuxiados que morren de fame e de frío por culpa da guerra que os fixo fuxir do seu país.
Soñamos que chegará o dia no que non haxa emigrados porque os recursos da terra permitan a cada pobo o seu desenvolvemento.
Soñamos que remata para sempre a violencia sobre os máis débiles, respectando a mulleres,nenas e nenos, a súa liberdade e o seu traballo digno.
Unímonos para facer frente á pelexa e ao fanatismo co diálogo e o abrazo.
O CEIP Eduardo Pondal comprométese coa Paz, a tolerancia e o respecto aos demais, e envía unha mensaxe de ánimo aos nenos e nenas refuxiados da guerra de Siria para que o conflicto remate de unha vez! 

domingo, 29 de xaneiro de 2017

Gloria Fuertes: Poeta de guardia!

Este ano 2017, cumpliría 100 anos a poeta Gloria Fuertes.
Un dos seus temas preferidos era A PAZ:

Buscaremos máis datos sobre a súa vida e obra, recitaremos poemas  e volveremos a facer máis entradas este curso sobre esta autora, pero hoxe queremos compartir estes dous poemas de Paz.

domingo, 22 de xaneiro de 2017

Cancións que ensaiaremos para o Dia da Paz

Música e voz: Mamá Cabra
 Letra: Carmen Gil
Inglés: Kid´s Peace Song


People come in different sizes,
Colors shapes and names

Though we’re different on the outside,

Inside I think we’re the same (Repeat)

Sometimes happy, sometimes sad
Scared or silly, mean or mad

Feelings you have, I have, too

We’re not so different, me and you

I bet you have ideas like me
Our brains are built the same, you see

And if I understand you right

We both love peaceful sleep at night

People come in different sizes,
Colors shapes and names

Though we’re different on the outside,

Inside I think we’re the same

Every day we share the sun
We love to laugh and play and run

Through fields and trees, beneath the sky

We love this planet, you and I

We were born with different names
The words we speak are not the same

Around the world in every land

Peace on earth we understand!

People come in different sizes,
Colors shapes and names

Though we’re different on the outside,

Inside I think we’re the same

REFUXIADOS HOXE. Unha realidade .


A persoas migrantes e refuxiadas é un tema que  non deixa de estar de penosa actualidade coa vergonzosa actitude da UE frente aos refuxiados sirios.
La pequeña Carlota es un cuento de Annegert Fuchshuber para ACNUR .  
Falar  sobre o exilio non é doado porque venno como unha realidade lonxana. Hay que saber escoitar e deixar que se expresen libremente na súa linguaxe,  falarán dos seus propios medos: á oscuridade, ás tormentas, a unha película, etc.
  • Por que hai guerra en Siria? : estupenda infografía para os máis maiores que explica graficamente o proceso social que levou á guerra nun país rico coma Siria e como consecuencia á fuxida do país de milleiros de persoas ante a imposibilidade de vivir nun país en guerra

​  A declaración: A Declaración Universal dos Dereitos Humanos é un documento moi importante.
Foi elaborada por representantes de todas as partes do mundo. Proclamouse na Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 10 de Decembro de 1948 e estableceu, por primeira vez, os dereitos humanos fundamentaies que deben ser protexidos no mundo enteiro e foi traducida a máis de 500 idiomas 

Compartido de http://patrifulca.wixsite.com/nospesdosrefuxiados


E agora bótadelle imaxinación, copiade  e transformade este tanque en algo que vos gustara de verdade que sucedera que non servira para facer a guerra: