mércores, 8 de xuño de 2011

Xoga co medio ambiente

Convídovos a disfrutar deste xogo sobre Medio Ambiente e reciclaxe realizado pola nosa compañeira Belén Junquera. A divertirse!!!


domingo, 5 de xuño de 2011

AMIGOS DA TERRA SOMOS!!!


O 5 de Xuño de cada ano  celébrase, en todo o mundo, o Día Mundial do Medio Ambiente. Foi establecido pola Asamblea Xeral de Naciones Unidas no 1972

O Día Mundial do Medio Ambiente é un dos principais modos de estimular a sensibilización mundial arredor do medio ambiente e intensificar a atención e a acción de todos.
Baixo o lema "Coidemos a Terra"  CROCAIO anímavos a celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, o 5 de xuño.

 Recomenda aportar cada un de nós o pouquiño que poidamos que vai ser moito:

·Se é posible, fagamos os percorridos a pé.

·Utilicemos a ducha en lugar do baño.
 
·Non deixemos as billas abertas, nin goteando.

·Utilicemos bolsas de tea para mercar, 
en lugar das bolsas de plástico.

 ¡Entre todos podemos facer un mundo máis saudable!

BUSCA os  xogos escondidos polo bosque:

venres, 3 de xuño de 2011

A poesía feita música


Hoxe traemos á portada cancións dun músico moi especial, Leonard Cohen, ao que nombraron Príncipe das Letras e que canta a Federico García Lorca, un dos poetas máis importantes da literatura en lingua castelá e tamén  Príncipe do noso corazón literario.
Non vos perdades o video.




E para que practiquedes cantando e a un tempo xogando con outro idioma velaquí este divertido Karaoque con letra de G. Rodari, o noso Príncipe da Fantasía.
Animádevos a cantar,alto e forte!!

mércores, 1 de xuño de 2011

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS


Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:
Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.

Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.
                   Colectivo coordinadores/as Plambe

luns, 23 de maio de 2011

Letras Galegas 2011

A actividade de lectura de contos de uns a outros resulta ser unha fenomenal animación á lectura.
Cada un buscou o seu sitio e intentou facelo o mellor posible.
Non defraudaron as expectativas, cando remataron pedían facelo outro día e algúns desexaban manter o mesmo contador, outros cambiar...
Esta vez foron todos  os contos en galego.


venres, 20 de maio de 2011

Presentación Libro colaborativo do proxecto de Biblioteca

 Moito aprendemos co noso proxecto de Biblioteca. 
Hoxe venres, fixemos a presentación na Biblioteca. Antes, na  Hora de Ler amadriñamos  contos en galego, contamosos maiores aos máis pequenos do cole.
Deixamos algunha imaxen dos dous actos e o traballo do libro para que vexades:
Canto traballamos! E que chulo nos quedou!
 E sobre todo que descubrimos moitas cousas doutros países dos que temos compañeiros e compañeiras no cole:
 Melani, Liam,Víctor, Ana Belén, Madelén, María e Ailén e a súa familia.

Respecto para CONVIVIR  CEIP Eduardo Pondal  Vigo on PhotoPeach





Soaba por megafonía a música de Vivaldi.



Xa na Biblioteca Crocaio:



luns, 16 de maio de 2011

Lois Pereiro

LETRAS GALEGAS: O ANO DE LOIS PEREIRO


O día das Letras Galegas foi instituído pola Real Academia Galega no ano 1963, para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en idioma galego ou polo emprego do noso idioma. Este ano 2011, o 17 de maio adícaselle a Lois pereiro, pola modernidade da súa poesía.



Lois Ángel Sánchez Pereiro naceu en Monforte de Lemos (Lugo) o 16 de febreiro de 1958 e morreu na Coruña en 1996.

Escoita con atención algún dos seus poemas


Poesía dunha intensidade poco común, é facil lembrar moitos dos versos de Lois, quedan impresos na memoria porque son versos que van directos ao corazón e penetran nel, pola verdade do sentimento que transmiten, pola forza e expresividade das súas imaxes.
Un poeta fondo, emocionante, para lelo devagar e revisitalo a miúdo.


EXPOSICIÓN NO MUSEO VERBUM DE SAMIL EN VIGO
“Estou vivindo un soño repetido nas noites dos que me seguen querendo”.
“A amizade protexe e o amor cura, o odio contaxia e fire, a indiferencia mata”. 
Son fragmentos dun poema de Lois Pereiro, que conta desde onte e ata o 26 de xunio cunha exposición no Museo Verbum de Samil. Súmase ao “Vento Lois” que soplou en toda Galicia á mesma hora cun recital de poesía.



E para coñecelo mellor, podedes ver a fermosa  presentación  feita por Elvira Roiz.






venres, 6 de maio de 2011

El Pez Arco Iris

Este conto tamén está na Bibliocrocaio.
Pero podedes escoitalo aquí e máis abaixo xogar con el.
É a historia dun peixe un chisco fachendoso...



     Premendo no conto atoparedes  os xogos :
Preme aquí e atoparás  unha páxina de manualidades para facer o peixe :



                             E agora máis xogos sobre:

xoves, 5 de maio de 2011

Actividades LIM


Xa os temos na biblio. Son cinco.
Entra na súa páxina xa verás que diver!
                                                      



Este novo libro de Greg contén  actividades, preguntas, test, chistes... así como algunhas páxinas en branco para que o lector poida escribir o seu propio diario e así imitar a  Greg. 
Kinney pretende con este libro, inspirar aos máis novos a debuxar e a escribir. Facer un diario" a modo de Greg" pode resultar extremadamente divertido e creativo.

E agora A XOGAR!!

Premendo nas imaxes podes facer actividades Lim relacionadas 
*co autor das letras galegas 2010
Lois Pereiro:



      *Actividades Lim sobre o  23 de abril  Día do libro


 *Actividades de repaso para 5º de primaria:

sábado, 30 de abril de 2011

DÍA DO LIBRO

Día do Libro 2011-CEIP Eduardo Pondal-Vigo on PhotoPeach

Aí vén o Maio!!

Fermoso video sobre a festa dos maios que se celebrao día 1 de maio en toda Galicia.




O noso poema semanal, unha aportación á esta festa:

Aí ven o maio de flores cuberto
puxeronse a porta cantandome os nenos
os puchos furados pra min extendendo
pedironme crocas dos meus castiñeiros.

Pasai rapaciños calados e quedos
que o que é polo de hoxe que darvos non teño
eu sonvos o probe: o pobo galego
pra min non hai maio, pra min sempre é inverno.

Cando eu me atopare de donos liberto
que o pan non mo quiten, trabucos e préstemos
e coma os do abade, florezan meus eidos
chegado haberá entonces o maio que eu quero.

Queredes castañas dos meus castiñeiros
cantademe un maio sen bruxas nen demos
un maio sen segas, usuras nen preitos.
                                                Curros Enríquez

Maio elaborado polo alumnado de 4º curso que aparecen na foto cos libros que "apadriñaron" na festa do Día do libro o venres 29 de abril.


EU FALO GALEGO PORQUE...
Agora que falta pouco para o Día das Letras Galegas (17 de maio) o alumnado e profesorado do IES Fontem Albeida Fonsagrada (Lugo) foi recoller a Santiago o pasado martes, 26 de abril, o premio correlingua 2011.
Noraboa polo gran traballo!!
O vídeo que coordinou o Equipo de Dinamización Lingüística do instituto para promocionar o noso idioma e que resultou gañador aparece a continuación:

xoves, 28 de abril de 2011

3º CICLO Día del libro

BIBLIOTECA CROCAIO

23 de ABRIL, DÍA DO LIBRO
3º C ED PRIMARIA 2.011

Ola bibliocolegas!
Esperamos que disfrutedes coa presentación “A elaboración dun libro” , que está no blog da nosa biblioteca http://crocaiodesampaio.blogspot.com , os poemas que cada semana realizades nos distintos grupos, e as diversas actividades e informacións que imos incorporando ó blog.
Como sabedes o día do libro, é unha data moi especial, disfrutar da lectura é un pracer, por iso queremos compartir con vós estes libros



Blanco (el libro que nació sin tinta). Ángel Soto. Ed Anaya. Obra de teatro infantil protagonizada por unos curiosos libros que buscan a su amiga.En esta historia coral aparecen diversos personajes. Sabueso; a veces es Sherlock Colmes, otras es Waltson y otras es el mismo. Como buen investigador se encuentra realizando pesquisas por el pasillo de la biblioteca para encontrar a Mágica, su amiga desparecida. Entre huella y pista se topa con Blanco, un libro sin texto, números ni ilustraciones. Una historia en la que también tendrán relevancia Madame Larousse, la sabia, Manitas, una enciclopedia del bricolaje o Súper T, un valiente cómic.






Un tren cargado de misterios
. Agustín Fernández Paz. Il Enjamio. Merlín. Xerais.
Tódolos dias Ana ve pasar un tren, pero nunca subiu nel. Ata que un día aparece un tren moi especial, onde terá que resolver diversas adiviñas mentras vai percorrendo os cinco continentes.




El secreto de Mikissuk. Un viaje al país de los inuit. Isabelle Lafonta. Il Barroux. Colección Sueños.
A Mikissuk le encantaría ir a cazar a la plataforma de hielo, pero su hermano mayor no quiere llevarla con él. ¿Qué hacer para convencerle de que ha dejado de ser una niñita? A Mikissuk se le ocurre un plan que pone en práctica con gran secreto.Después de la historia, un mapa y distintos datos para conocer mejor Nunavut.




Los bebedores de Tinta. Eric Sanvoisin. IL Martín Matje.
A Daniel no le gustan nada los libros, y eso que su padre es el dueño de una librería. Pero todo va a cambiar cuando descubre a Draculeón, un extraño personaje que vive en la cripta de un cementerio y tiene una peculiar afición: chupar la tinta de los libros para difrutar del poder de sus aventuras.


Este pícaro mundo. Shua, Ana María. Il Vilamuza Manso, Noemí. Ed Anaya.
Dieciseis divertidos relatos de distintas partes del mundo que nos descubren que todos los pueblos tienen sus pícaros: una liebre, un zorro, una araña o un hombre .todos son “encantadores y peligrosos, reyes del timo y caballeros de la gracia”; todos están dispuestos a mentir, fabular y bromear. Así que si sigues leyendo, ten cuidado con los pícaros de este mundo.

2º CICLO Día del libro

BIBLIOTECA CROCAIO




Ola bibliocolegas!
Esperamos que disfrutedes coa presentación “¿Cómo se hacen los libros?” , que está no blog da nosa biblioteca http://crocaiodesampaio.blogspot.com , os poemas que cada semana realizades nos distintos grupos, e as diversas actividades e informacións que imos incorporando ó blog.
Como sabedes o día do libro, é unha data moi especial, disfrutar da lectura é un pracer, por iso queremos compartir con vós estes libros



El libro que solo quería ser leído. José Jorge Letria. Mandarina. Texto Editores.
Era un libro que uma vez estuvo de moda, viajó por el mundo, pasó de mano en mano, tuvo lectores apasionados y, al final, terminó en la estantería de los libros olvidados y solitarios. A partir de ese momento su único sueño fue volver a ser leído.




El árbol de las cosquillas. Chae Strathie e ilustraciones de Poly Bernatene. Ed Unaluna.
¿Has estado alguna vez donde crece el árbol de las cosquillas... el que te hace reír con ramas en las costillas? Si no has estado, este libro puede mostrarte el camino pero... ¡es un secreto! El árbol de las cosquillas es una disparatada y sorprendente aventura al mundo de los sueños.









Soños de andel. Susana Lamela. Il María Lires. Ala delta. Tambre.
No val de Lepouco está Lemoito, a medio camiño entre Leraveces e Leracotío, que non está lonxe e unense nunfermoso camiño. En Lemoito hai unha antiga biblioteca, onde vive Ani, un libro un pocuo raro, mais alto cos demais e cun sombreiro de moitas cores, pero moi gordo. Haberá alguén co leve?

O meu gato é un poeta. Fran Alonso. Xerais.
Libro e cd.
Transmite a poesía dun xeito lúdico e divertido. Está ideado coma si fora un xogo e ten a súa propia páxina web www.gatopoeta.net con diversas actividades.
A música das seis cancións é de Xurxo Souto.


¿Cal é a miña cor? Antoine Guilloppé. Il Géraldine Alibeu. Tr: Anaír Rodríguez Rodríguez.
Ed. Xerais. Colección Sopa de libros.
Pregúntome cál é a miña cor. Algúns galegos din que son un neno árabe e para os árabes son galego. ¿Será que a cor da miña pel o di todo? ¡Eu coido que non! Hai galegos negros, brancos, amarelos coma min. Na clase é o compañeiro árabe, no barrio é o veciño de orixe estranxeira e entre os africanos é un neno galego. ¿Será a cor da súa pel a culpable de tanta lea? O neno protagonista non o sabe, pero o seu can axudaralle a descubrir a solución.








CROCAIO E CRODILA

Un saúdo lector

1º C Día del libro.

BIBLIOTECA CROCAIO


23 de ABRIL, DÍA DO LIBRO
1º C ED PRIMARIA 2.011


Ola bibliocolegas!
Esperamos que disfrutedes coa presentación “¿Cómo se hacen los libros?” , que está no blog da nosa biblioteca http://crocaiodesampaio.blogspot.com , os poemas que cada semana realizades nos distintos grupos, e as diversas actividades e informacións que imos incorporando ó blog.
Como sabedes o día do libro, é unha data moi especial, disfrutar da lectura é un pracer, por iso queremos compartir con vós estes libros
Niña bonita . Ana María Machado. Il Rosana Faria. Ediciones Ekaré.
Un conejo blanco, blanco, ha quedado prendado de una niña negra, negra, y quiere ponerse bonito y oscuro como ella. Cada vez que la ve, le pregunta: “Niña bonita, niña bonita, ¿cuál es tu secreto para ser tan negrita?” Después de muchos experimentos y desilusiones, el conejo descubre el secreto



El árbol de las cosquillas. Chae Strathie e ilustraciones de Poly Bernatene. Ed Unaluna.
¿Has estado alguna vez donde crece el árbol de las cosquillas... el que te hace reír con ramas en las costillas? Si no has estado, este libro puede mostrarte el camino pero... ¡es un secreto! El árbol de las cosquillas es una disparatada y sorprendente aventura al mundo de los sueños.


As minas do rei Chang Py Ñong. Miquel Desclot. Il Marie Nigot. Traductor: Ignacio Chao Castro. Ed Andavía.
O rei Chang Py Ñong da China é famoso no mundo enteiro polas súas minas de carbón. Mais a xente cada vez merca menos carbón, así que algo terá que facer.




Un robot pequeno. Paco Martín. Il Manolo Uhía. Ed Xerais.
O robot SF-2 perdeuse, ten un problema, soamente pode falar cos menores de once anos. Ten sorte porque atopa a unha rapaza que vai mercar o xornal ó quiosco.


Cleopatra y el ratón Pérez. Fernando Lalana y José María Almárcegui. Il lluís Filella.Ed. Bruño
El padre de Cleopatra es escritor. Por eso, ella siempre regala libros en los cumpleaños de sus compañeros. Pero ya está un poco harta de hacerlo .
¿Cómo conseguir regalos estupendos y carísimos para sus amigos? Por fin, cree haber encontrado la solución : ¡el ratón Pérez! Pero Pérez no está dispuesto a seguirle el juego a Cleopatra…



CROCAIO E CRODILA
Un saúdo lector

Ed Infantil Boletín Día del libro

BIBLIOTECA CROCAIO



23 de ABRIL, DÍA DO LIBRO

ED. INFANTIL 2.011


Ola bibliocolegas!

Esperamos que disfrutedes coa presentación “¿Cómo se hacen los libros?” , que está no blog da nosa biblioteca http://crocaiodesampaio.blogspot.com , os poemas que cada semana realizades nos distintos grupos, e as diversas actividades e informacións que imos incorporando ó blog.
Como sabedes o día do libro, é unha data moi especial, disfrutar da lectura é un pracer, por iso queremos compartir con vós estes libros:

Paseando por la jungla. Adaptación Carmen Gil. Ed. Cómbel.
Libro con rompecabezas .
Un libro para descubrir los animales de la selva.



Sonidos del océano. Derek Matthews. Ed SM
Libro con pop-ups para descubrir la magia y los sonidos del mundo marino.


¿Y si vivieras en...? Stéphanie Ledu. Il Fréderic Pillot e
Al Gianni De Conno. Tr: Fina Omares Hernández.
Descubriremos diferentes paisajes del mundo e imaginaremos cómo sería nuestra vida si viviéramos dónde estos niños y niñas en…






El viaje en globo de D. Braulio. Comboy, Fiona. Il Holmes, Stephen. Ed SM. Únete a Don Braulio, su amigo Pedro y Max, su perro, mientras corren una sorprendente aventura en su globo de aire caliente. Mientras vuelas alrededor del mundo, mirando abajo desde el cielo de Asia, de África, de América del Norte, de América del Sur, de Australia, de El Ártico, de La Antártida, del Próximo Oriente, verás cuantas preguntas de busca y encuentra puedes contestar.



El libro de las cosquillas
Ian Whybrow. Axel Scheffer. Ed Sm




Niña bonita
. Ana María Machado. Il Rosana Faria. Ediciones Ekaré.
Un conejo blanco, blanco, ha quedado prendado de una niña negra, negra, y quiere ponerse bonito y oscuro como ella. Cada vez que la ve, le pregunta: “Niña bonita, niña bonita,
¿cuál es tu secreto para ser tan negrita?” Después de muchos experimentos y desilusiones, el conejo descubre el secreto. Una encantadora historia de la autora brasileña Ana Maria Machado, con luminosas ilustraciones de Rosana Faría.





CROCAIO E CRODILA

Un saúdo lector