No expositor de conmemoracións podedes ver algúns libros relacionados con datas destacadas deste mes. Lembrade que na semana do 20 ao 25 realizaremos distintas actividades da Semana do Libro.
mércores, 8 de abril de 2026
sábado, 28 de marzo de 2026
Recomendacións lectoras marzo. Guía de lectura.
Bo día nenos e nenas
Nestes días sen clases, queremos deixarvos a Guía de Lectura de marzo, con recomendacións lectoras que vos van encantar.
Disfrutade deste descanso na compañía dun libro!
xoves, 26 de marzo de 2026
Visita da escritora Iria Misa
O mércores, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, tivo a sorte de recibir na nosa biblioteca á escritora Iria Misa.
Falou de como comezou a escribir as súas novelas, que lle motivou a facelo e contestou dúbidas e preguntas do nenos e nenas.
O alumnado de 4º de primaria leran na súa aula o libro "Unha veciña de película" e o de 5º e 6º de primaria "A cidade do átomo", que espertaron a súa curiosidade por acontecementos e películas que forman parte da historia. Ao rematar asinoulles os libros que trouxeron á biblioteca.
Moitas grazas Iria por agasallarnos coa túa visita!
.jpeg)
martes, 24 de marzo de 2026
Día da Poesía
O día 21 de marzo celébrase o Día da Poesía, e para conmemoralo fixemos distintos recitados de poesías.
O alumnado de infantil recitou unhas estrofas destes poemas tan coñecidos de libros da nosa Bibliocrocaio:
Clara de 4º primaria conmoveunos lendo poemas de dous libros que escribiu a súa avoa Carmeliña, un dos cales estaba inspirado na súa neta.
mércores, 18 de marzo de 2026
17 de marzo: Día do Cómic e o Tebeo
Para @s tres premiad@s, se lles agasallaron cun cómic que elexiron el@s mesm@s e aos participantes démoslles unhas pequenas libretas.
sábado, 14 de marzo de 2026
Semana da prensa
Na semana do 9 ao 13 de marzo celebramos a Semana da Prensa.
Como xa sabedes, cada aula ou ciclo está a traballar unha comunidade autónoma dentro do PDI da Bibliocrocaio. A proposta, dende o equipo de biblioteca, foi a elaboración dunha portada de periódico relacionada coa súa comunidade. As novas podían ser reais ou imaxinarias e o nome do periódico inventado por cada grupo.
O venres expuxeron, na entrada do colexio, cada periódico ao resto do alumnado.
Bo traballo nenos e nenas!!
martes, 10 de marzo de 2026
8M Día Internacional da Muller
Ola a tod@s
Para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, dende o equipo TIC (tecnoloxía da información e a comunicación) e ACE (equipo de actividades complementarias e extraescolares) fíxose un enorme traballo para participar todo o centro nunha laboriosa, pero preciosa actividade.
Dende a área de música, a profe Marta estivo a traballar co resto do profesorado e todo o alumnado para gravar un vídeo musical, co que participaremos na 1ª edición do concurso "O noso canto: máis voces, máis igualdade", convocado pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade e a Dirección Xeral da Consellería de Educación. O obxectivo é promocionar a igualdade nos centros educativos de Galicia a través da reflexión, creatividade e expresión artística ao redor da obra musical "O noso canto".
Ademais contamos coa profe Andrea para a montaxe da gravación musical.
Un traballo moi laborioso pero cun resultado estupendo e precioso.
Na gravación tamén aparecen escenas de traballos, manualidades e lecturas de libros relacionados co 8M, marcapáxinas, carteis...
Destacar tamén a colaboración especial da nai de Hada (infantil de 5 anos) para gravalo en LSE (lingua de signos española).
Aquí vos deixamos algúns dos momentos desta gravación e dalgunhas das actividades feitas.
Xa vos comentaremos algo máis noutra entrada!
.jpeg)


.jpeg)




.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)