mércores, 18 de xuño de 2025

Guía de lectura xuño 2025

Boas amigos e amigas!

Nesta última semana de curso, queremos agradecervos a vós e ás vosas familias a colaboración e aportacións feitas no noso proxecto deste curso "Décadas musicais".

E antes de despedirnos ata o vindeiro curso, queremos deixarvos as recomendacións lectoras para este verán.

Lembrade que tamén podedes viaxar coa imaxinación grazas a un libro.

Bo verán a todo o mundo!!

Vémonos en setembro!!





venres, 6 de xuño de 2025

Así traballamos este curso o noso proxecto "Décadas musicais"

Grazas amigos e amigas!

Ao longo deste curso traballamos o PDI (proxecto documental integrado) "Décadas musicais" no que participou todo o alumnado do colexio.

Deixamos aquí algunhas das actividades feitas, a maiores do entroido musical, letras galegas e outras que xa amosamos ao longo do curso coas súas entradas propias no blog.

Exposición de distintos instrumentos de reprodución músical, aportados polas familias















Decoramos as portas das aulas, relacionadas con cada década musical. Infantil década dos 2000, 1º e 2º de primaria década dos anos 90, 3º e 4º de primaria anos 80 e 5º e 6º década dos 70.












Elaboramos instrumentos musicais








Investigamos, empregamos a radio escolar...














mércores, 4 de xuño de 2025

Agasallando libros

Ola amigos e amigas!

Como outros anos a nosa Bibliocrocaio fai expurgo de libros e este ano con dous destinos.

O primeiro foi doazón dalgúns deles á asociación APAMP




Co resto fixemos unha exposición na entrada do colexio coa frase:

"Se un libro queres levar, unha fermosa palabra terás que agasallar"

Resultou dun gran éxito.








martes, 20 de maio de 2025

Letras Galegas 2025

 A semana pasada conmemoramos o Día das Letras Galegas dedicado ás "Cantareiras", as mulleres que transmitiron a poesía popular oral en Galicia a través de cantos e bailes, e unimos  a esta gran data a celebración da "festa dos Maios".




Visitaron o colexio o grupo de Cantareiras  "Faragullas", ensináronnos instrumentos tradicionais galegos e gozamos dos seus cantos e bailes. 







Houbo pintacaras e non puido faltar unha fermosa copla e baile ao redor do noso "Maio".






Tamén gozamos do vídeo creado por todo o alumnado, en honra á riqueza de expresións propias que existen na nosa lingua, podedes visitalo entrando na seguinte ligazón.



E terminamos este fermoso día cantando o Himno Gallego.



venres, 16 de maio de 2025

Contacontos de 5º e 6º de primaria

O alumnado de 5º e 6º de primaria tamén participou no apadriñamento lector lendo contos ao alumnado de infantil e aos cursos baixos de primaria.

Algúns alumnos e alumnas de 5º contaron "Lobo feroz" e "Sopa verde".







6º de primaria leron "O oso bomozo" e "O traxe de luces"







mércores, 14 de maio de 2025

Apadriñamentos lectores

 Boas amigos e amigas!

Agora que xa chegou o mes de maio comezamos cos apadriñamentos lectores e gozamos de lecturas internivel.

Nesta ocasión deixámosvos unha mostra do alumnado de cuarto de educación primaria, lendo diferentes contos na aula de de educación infantil.

Felices lecturas!