Tódolos anos, o 2 de abril, o IBBY ( Internacional Borrad on Books for Young People) celebro o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, co fin de conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Cada ano é un país membro de dita Organización Internacional o encargado de editar o cartel anunciador e a mensaxe dirixido a tódos nenos do mundo.
Cartel de Noemí Villamuza
Apréndese a xogar antes que a ler. E a cantar. Os nenos da miña terra entoabamos estacanción cando aínda ningún de nós sabiamos ler. Xuntabámonos en roda na rúa e, disputándonos as voces cos grilos do verán, cantabamos unha e outra vez a impotencia do barquiño que non sabía navegar.
Ás veces fabricabamos barquiños de papel e poniámolos nas pozas e os barquiños afondaban sen conseguir alcanzar costa ningunha.
Eu tamén era un barco pequeño fondeado nas rúas do meu barrio. Pasaba as tardes nunha azotea mirando como o sol se poñía polo poñente, e albiscaba ao lonxe – non sabían aínda se ao lonxe do espazo ou a o lonxe do corazón – un mundo marabilloso que se estendía alén de onde alcanzaba a miña vista.
Tras dunhas caixas, nun armario da miña casa, tamén había un libro pequeneiro que non podía navegar porque ninguén o lía. Cantas veces pasei pola súa beira sen decatarme de súa existencia. O barco de papel, atoado no lodo; o libro solitario, oculto no andel tras as caixas de cartón.
Un día, a miña man, buscando algo, bateu co lombo do libro. Se eu fose libro contaríao así: “un día a man dun rapaz rozou a miña cuberta e eu sentín que despregabas as miñas velas e comezaba a navegar”.
Que sorpresa cando por fin os meus ollos tiñeron en fronte aquel obxecto! Era un pequeño libro de pastas vermellas e filigranas douradas. Abrino expectante como quen encontra un cofre e ansía saber o seu contido. E non foi para menos. Nada máis empezar a ler comprendín que a aventura estaba servida: a valentía do protagonista, as personaxes bondadosas, os malvados, as ilustracións con frases a pé de páxina que miraba unha e outra vez, o perigo as sorpresas..., todo me transportou a un mundo apaixonante e descoñecido.
Desa maneira descubrín que alén da miña casa había un río, e que tras do río había un mar e que no mar, esperando levantar áncora, un barco. O primeiro ao que subín chamábase La Hispaniola, pero o mesmo daría que se chamase Nautilus, Rocinante, a nave de Simbad, a barcaza de Huckleberry,... todos eles, por máis que pase o tempo, estarán sempre á espera de que os ollos dun neno despreguen as súas velas e lle fagan levantar áncora.
Así que… non esperes máis, estende a tú aman, toma un libro, ábreo, le: descubrirás, igual que na canción da miña infancia, que non hai barco, por pequeño que sexa, que en pouco tempo non aprenda a navegar.
Eliacer Cansino
Traducción Ánxela Gracián.
Ningún comentario:
Publicar un comentario