xoves, 22 de abril de 2021

22 de abril. Día da Terra.

O primeiro Día da Terra tivo lugar en 1970, cando 20 millóns de persoas de Estados Unidos saíron á rúa a protestar pola crisis ambiental. Dende ese momento se conmemora todos os anos o Día da Terra.

Este ano céntrase na importancia da diversidade biolóxica para protexer a saúde do noso planeta. Un millón de especies están en perigo de extinción, debido á actividade humana. 

Deixamos esta imaxe de Greenpeace para que fagamos de todos os días un Día da Terra e protexamos o noso planeta.


Na nosa Bibliocrocaio tedes libros relacionados con este tema. Aquí tedes algúns deles que vos poden servir para aprender a coidar o noso planeta.






domingo, 18 de abril de 2021

Faro da Escola. "A Cidade Violeta" con Anxo Fariña

Faro da Escola, a través do escritor e ilustrador galego Anxo Fariña, achegou ao alumnado de 3º a 6º de primaria un obradoiro de igualdade e imaxinación de maneira dixital. 

O alumnado deseñou o seu ideal de cidade cos consellos do creador Anxo Fariña, para fomentar unha educación baseada na igualdade e loita contra a violencia de xénero.

Cunha pintura especial, deseñada para brillar na escuridade, o alumnado plasmou mensaxes e escenas propias dunha cidade sen violencia de xénero.


Anxo Fariña, escritor e ilustrador galego








Inventando manualidades

O alumnado de 5º de primaria ao longo deste curso e en relación co proxecto da Biblioteca "Inventos de conto", crearon as súas propias manualidades e aquí queremos deixarvos algunhas delas.





Tamén lembramos outras manualidades de 6º de primaria que fixeran polo mes da ciencia en galego, como estas.

Submarino

Reloxo de area

Circuito eléctrico

Colaboración das familias na Bibliocrocaio

Como todos os anos animamos ás familias a colaborar coa biblioteca como contacontos.
Neste caso a familia de Lois, alumno de 2º de primaria, quiso emocionarnos con este conto

"El cazo de Lorenzo"

Na voz da súa irmá Sabela, exalumna do colexio.

Moitas grazas Sabela, unha narración preciosa!


domingo, 11 de abril de 2021

Compartimos contos do voluntariado coa Aula Hospitalaria do Álvaro Cunqueiro

Como xa vos comentamos nunha entrada anterior, o voluntariado da Bibliocrocaio de 5º e 6º de primaria preparou uns contos que compartiron coa aula hospitalaria do Álvaro Cunqueiro.

Aquí queremos deixar constancia da labor tan importante que están a facer Chus e todo o equipo para alegrar os días dos nenos e nenas a través da aula hospitalaria e atención domiciliaria.

Esperamos axudar co noso gran de area neste proxecto colaborativo.



Este é o blog da aula hospitalaria que con tanto cariño levan a cabo.

https://aulahospitalariavigo.blogspot.com/



Unha aperta para tod@s e moito ánimo!

Exposición de maquinaria agrícola antiga.

Seguindo co noso proxecto anual "Inventos de conto", fíxose dende o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), unha pequena exposición de maquinaria agrícola antiga que cedeu Suso, o noso orientador.

O alumnado de 1º e 2º de primaria xunto co mestre Cándido foi o primeiro en probar estes inventos que axilizaban o traballo de campo.

Quedaron encantad@s e aprenderon moito!




Trituradora


Debulladora de millo


Muíño manual




Fixeron fariña de millo




Fresquera

Antecesor da actual neveira. Botábaselle agua para beber, e xeo para enfriar a fresquera e manter os alimentos.


Tamén atopamos no colexio esta leiteira, onde gardábase o leite das casas.

domingo, 4 de abril de 2021

A nosa horta. Voz Natura.

Coa chegada da primavera toca plantar e ir comezando a recoller os froitos da nosa horta. 

Aquí vos deixamos algunhas fotos destes meses e algún libro da nosa Bibliocrocaio relacionado co tema.









Podedes atopar na biblioteca estes libros e moitos máis.






Un xardín de versos que muda co paso das estacións. Un libro onde o xardineiro sementa palabras para recoller poemas.