martes, 20 de maio de 2025

Letras Galegas 2025

 A semana pasada conmemoramos o Día das Letras Galegas dedicado ás "Cantareiras", as mulleres que transmitiron a poesía popular oral en Galicia a través de cantos e bailes, e unimos  a esta gran data a celebración da "festa dos Maios".




Visitaron o colexio o grupo de Cantareiras  "Faragullas", ensináronnos instrumentos tradicionais galegos e gozamos dos seus cantos e bailes. 







Houbo pintacaras e non puido faltar unha fermosa copla e baile ao redor do noso "Maio".






Tamén gozamos do vídeo creado por todo o alumnado, en honra á riqueza de expresións propias que existen na nosa lingua, podedes visitalo entrando na seguinte ligazón.



E terminamos este fermoso día cantando o Himno Gallego.



venres, 16 de maio de 2025

Contacontos de 5º e 6º de primaria

O alumnado de 5º e 6º de primaria tamén participou no apadriñamento lector lendo contos ao alumnado de infantil e aos cursos baixos de primaria.

Algúns alumnos e alumnas de 5º contaron "Lobo feroz" e "Sopa verde".







6º de primaria leron "O oso bomozo" e "O traxe de luces"







mércores, 14 de maio de 2025

Apadriñamentos lectores

 Boas amigos e amigas!

Agora que xa chegou o mes de maio comezamos cos apadriñamentos lectores e gozamos de lecturas internivel.

Nesta ocasión deixámosvos unha mostra do alumnado de cuarto de educación primaria, lendo diferentes contos na aula de de educación infantil.

Felices lecturas!


















luns, 5 de maio de 2025

Novidades lectoras do mes de maio

 Ven á biblioteca e non te perdas as novidades do mes de maio!


Veñen cargadiñas de lecturas emocionantes!




E tampouco te podes perder as nosas recomendacións lectoras en relación ás datas importantes e conmemoracións deste mes.