mércores, 26 de febreiro de 2025

23 febreiro "Día de Rosalía de Castro"


Boas amigos e amigas!

Este 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro. E con tal motivo, fixéronse no cole actividades moi chulas.

Relacionado co noso proxecto "Décadas musicais", fixemos un mural e un Kamishibai musicado sobre o poema de Rosalía de Castro "Has de cantar". 

Podes gozar do noso Kamishibai pinchando na imaxe.







E fixemos outras actividades que nos achegaron un pouquiño máis á obra e vida de Rosalía de Castro. Botade unha ollada!



 






mércores, 12 de febreiro de 2025

11 febreiro

Boas amigos e amigas!

Onte foi o Día Internacional da Muller e a nena na ciencia. 

No noso cole traballamos un pouquiño sobre algunhas científicas importantes e os seus descubrimentos. Fixemos unha exposición sobre Marie Curie con algunhas actividades. 





Coñecedes algunha científica máis??

luns, 3 de febreiro de 2025

Novidades xaneiro!

 Boas amigos e amigas!

Este mes de xaneiro tivemos novidades moi interesantes na nosa biblioteca. Imos ter novidades cada mes polo que estade moi atentos e atentas para que non vos perdades nadiña




Recomendacións lectoras xaneiro

Boas amigos e amigas!

Agora que xa rematou xaneiro querémosvos ensinar cales foron as nosas recomendacións e as datas importantes deste mes.