venres, 29 de novembro de 2024

25 N

Boas amigos e amigas!

Esta semana para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, o alumnado de 6º de primaria percorreu as aulas para explicarnos quenes eran as irmás Mirabal, as bolboretas que desafiaron un tirano. 




Esta actividade foi organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Cada alumno e alumna do colexio coloreou unha bolboreta e con todas elas fixeron esa data.






Tamén repartiron unhas entradas para todo o colexio convidándonos ao contacontos do alumnado de 6º de Educación Primaria coas seguintes actuacións.






Na biblioteca, e en días sucesivos tamén nas aulas, con persoaxes elaborados polo propio alumnado representaron estes seis contos:


















Moitas grazas!















luns, 25 de novembro de 2024

Festa do Magosto

Boas amigos e amigas.

O 15 de novembro celebramos no noso colexio o magosto. Esta actividade foi organizada polo Equipo de Normalización.

No patio fixéronse grupos interniveis por cores para levar a cabo tres obradoiros, que se organizaron en distintos espazos do colexio. Todos eles elaborados con distintos materiais de outono.

- Mandalas e trisqueles 



- Unha folla un animal



- Móvil de outono


Despois fíxose un programa directo na radio da biblio creado por cuarto de primaria.



Cancións coa mestra de música. Actuación das pandereteiras de Sampaio, Faragullas. E por último festa con castañas e choripán.

Pasámolo moi ben!


xoves, 7 de novembro de 2024

Samaín no Pondal

 Boas amigos e amigas!


A pasada semana celebramos o Samaín no noso colexio e para animarvos coas lecturas terroríficas deixamos unhas recomendacións de libros relacionados con esta data.



O equipo de actividades complementarias e extraescolares organizou este día para festexalo. Votamos polas cabazas máis orixinais dándolles un terrorífico agasallo e rotamos por catro estancias:

Escoitamos un conto en galego

Escoitamos contos en inglés

Bailamos polo Samaín

Creamos caretas









Para rematar fixemos un enigma con pezas de quebracabezas que tivemos que atopar polo colexio e despois lemos o conxuro.
As familias tamén colaboraron con merendas aterradoras.






Pasámolo moi ben!!