martes, 1 de abril de 2014

Hoxe, 2 de abril, día do libro infantil e xuvenil

Para este día que mellor que a canción  que nos fala do libro como fondo das imaxes da lectura compartida  do 1º Ciclo do mes de marzo
Aprendete a  letra da canción de Pablo Díaz: UN LIBRO, é superfácil! Dí así:

Un libro está sempre comigo
e así pode ser o meu amigo.

Hai que ter un libro a carón da cama
 para poder ler toda a semana,

E nas bibliotecas pódennos prestar 
os fermosos libros que nos fan soñar 

 Un libro está sempre comigo 
e así pode ser o meu amigo...

Lectura compartida 1º Ciclo con E. Infantil. Marzo 2014 on PhotoPeach


CROCAIO prestounos, para ensinarvos hoxe, un dos seus libros preferidos:


 VAMOS A BUSCAR UN TESORO  de Janosch. Alfaguara editorial.
Este está en castelán e xa ten moitos anos!
 E  é a historia dun pequeno oso e dun pequeno tigre que buscaban a felicidade. Eles pensaban que a felicidade era ser ricos para poder comprar todo o que quixeran. Así, decidiron buscar un tesouro.

Pero... dun xeito sinxelo, compartindo as súas cousas cos amigos, disfrutando das pequenas cousas da vida, pequeno oso e pequeno tigre encontraron a felicidade escoitando como 
cantaban os paxaros na súa casa.

Tamén o tedes en galego en Kalandaka:
.

 Si queredes  coñecer mellor a Janosh, oautor deste maravilloso libro fai click aquí. Google 

Tamén temos as aventuras dos seus personaxes no seguinte video que está en inglés pero ten abaixo a
traducción  así tamén practicades ....

1 comentario:

os peques de sampaio dixo...

Aos peques encantanos que os maiores nos veñan contar un contiño! Xa estamos agardando pola seguinte...!!!