martes, 13 de decembro de 2022

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

 


Engadimos dous títulos máis á colección de Kitty que temos na biblioteca! 





Engadimos os episodios 7 e 8, e 9 e 10 de Animalotes que xa nos pedírades en varias ocasións! 




Engadimos tamén, despois de ler as vosas peticións, dous números máis da colección de Perrock Holmes!




O debuxo kawaii está de moda! Con este libro e paso a paso, poderedes facer debuxos moi chulos. De seguro que vos vai encantar. 





Na sección de poesía tamén hai novidades, Neste caso poderedes desfrutar destes preciosos haikus con este libro recén editado.  





E por último, o libro que moitos e moitas estábades esperando. Xa temos o libro que faltaba da colección La casa del árbol. 

luns, 12 de decembro de 2022

Obradoiro de regueifas.

O alumnado de 4º, 5º, e 6º de primaria, o pasado 28 de novembro, desfrutaron dun obradoiro de regueifas a cargo de O Carucho e Pinto d´Herbón, organizado pola Sección de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Son uns cracks regueifando e tamén o son animándoo a facelo. Explicáronlles tamén de onde vén a tradición. E como colofón, animaron aos peques a que compuseran eles mesmos as súas propias regueifas. Podedes ver no vídeo un anaco da súa creación e interpretación. Resultou moi interesante, aprenderon un montón e pasárono moi ben. Un obradoiro de 10! 







 

domingo, 11 de decembro de 2022

sábado, 10 de decembro de 2022

TRABALLOS DE HORTA

Xa que os peques comezaron os traballos de horta, aquí vai unha pequena escolma de libros que tendes a vosa disposición na biblioteca para saber máis sobre as incribles plantas. 






Museo do Mar de Vigo.

 Esta semana, 6º de infantil, e 1,2º,e 3º de primaria, foron de saída ao Museo do Mar de Vigo. Aquí tendes unha pequena mostra de libros que temos na biblioteca para coñecer máis sobre a riqueza dos noso oceáno. Podes consultalos na Bibliocrocaio ou levalos en préstamo para casa para compartilo coa familia. 





xoves, 8 de decembro de 2022

NOVIDADES NA BIBLIOCROCAIO


Engadimos os primeiros tomos dunha das mellores e máis exitosas coleccións de Pedro Mañas, que tan ben e bonito escribe, "Anna Kadabra".



Comezamos tamén cunha colección moi exitosa da editorial Blackie Books que mestura ternura, optimismo, alegría, valores, amizade....Presentámosvos a "Perro Apestoso"! De seguro que lle collerás cariño dende as primeiras páxinas. 




Algúns peques desfrutan a tope cos libros de datos, récords, curiosidades, e de seguro que este vailles encantar. Cunhas fotografías moi boas e textos moi interesantes. Aprendemos de todo un pouco!






Tamén incluimos o último tomo de Diario de Greg, recén saído ao mercado. Unha das coleccións con máis fans no noso cole. 




E engadimos tamén o último tItulo de Isadora Moon aos que xa temos na biblio e que tiña varias peticións no buzón de suxerencias.