Acompañáronnos: a Comunidade de Montes de Valladares, que colaborou con nós en todo momento e as autoridades locales.
Deixamos a nosa pegada nunha placa co nome dos coles colaboradores entre os que está o CEIP EDUARDO PONDAL. Podedes seguir a evolución dos carballos plantados e facervos unha foto coa placa no monte de Sobreira, frente ao cole de Sobreira Valladares, alí foi unha zona moi afectada polos lumes hai agora un ano.
Cadea humana de nenos e nenas no Monte dos Pozos en Valladares.
Todas as camisetas de milleiros de profes, nenos e nenas levaban o mesmo logo
Agasallo para a Comunidade de Montes de Valladares pola colaboración cos coles na plantación que imos realizas na sída do venres 19. Cada alumno que participa deixou a súa pegada aquí temos algúns dos nosos facendo hoxe a nosa parte:
Por iso o Ceip Eduardo Pondal, o Ceip Escultor Acuña,o Ceip Sobreira,o Ceip Xosefa Alonso (Matamá), o Ceip A Paz (Coruxo), o Ceip A. R. Castelao (Navia), o Ceip O Pombal, o Ceip de Candeán e o IES de VAlladares, participaremos o próximo venres 19 nunha plantación nos terreos de Sobreira-Valladares que resultaron queimados hai un ano por estas datas. Coa axuda inestimable da Comunidade de montes de Valladares faremos a plantación no monte queimado e despois achegarémonos ata o Monte dos Pozos, no que está a árbore da foto de arriba, monte que tamén ardeu por completo.Alí faremos unha cadea arredor do lago e cantaremos a canción de María Fumaça: "Ven comigo ven". Despois por xentileza de Gadis repartiremos plátanos e auga e teremos a actuación de Ce , Orquesta Pantasma, César Freiría, músico animador que vive nesa zona afectada.
Acompañarános, como non, o alcalde de Vigo, e teremos a tele, os xornais, uns drons que grabarán todo o acto..., levaremos as oito nogueiras que conseguimos xerminar o curso pasado e que prenderon na nosa horta para plantalas.
É para nós e para o proxecto da Biblio Crocaio , unha honra participar nesta actividade
que quedará na memoria dos nenos e nenas como símbolo de respecto e agarimo polo noso monte e pola natureza .
Respectemos a natureza, non prendamos lume no monte, plantemos árbores nos que van vivir moitos outros seres vivos que axudarán a conservar o ecosistema e a proporcionar aire limpo as xeneración que veñen detrás.
Agardamos que o tempo acompañe e disfrutar moito desta mañá!
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar. Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este fermoso cartel que, en breve, estará xa en todos os centros educativos galegos.
Crocaio sempre está rodeado de poemas e aquí trae outro para que saibades que a Biblio Crocaio repasará durante este curso moita poesía relacionada coa natureza.
Pegadas de conto Historias que deixan pegadas nos nenos e nenas que veñen escoitalas Usando a literatura para traballar os contidos da aula Impórtanos é unha campaña de sensibilización promovida polo “Consello Municipal de
Cooperación Internacional e Solidariedade” que ten como obxectivo principal
a consecución dun mundo máis xusto e sustentable Bea Campos compartirá cos nenos e nenas de Infantil, 1º, 2º e 3º os seguintes contos:
Fermosos contos que promoven unha reflexión sobre o mundo e o noso arredor.
CROCAIO ESTÁ MOI ATAREFADO PREPARANDO TODO PARA COMEZAR MOI PRONTO CO NOVO PROXECTO QUE SERÁ : CONTAMOS CO BOSQUE!! Coñecer mellor os nosos bosques, coidalos, reciclar papel para consumir menos árbores, evitar os lumes no monte, coidar e coñecer os animais e as plantas da nosa contorna, serán os obxectivos máis destacados do proxecto deste curso. Así que estaremos rodeados de natureza que coidaremos e respectaremos. E como non, aquí tedes un libro marabilloso que Crocaio nos recomenda porque foi
Seleccionado como “Mejor Libro Español para Niños y Jóvenes en 2015 por la International Federation of Library Associations and Institutions (IFLA)”
VERSOS DEL BOSQUE
Poemas de Carlos Reviejo. Editorial SM
Trinta poemas resoan no bosque, desde "el Amanecer" a la "Canción nocturna", de Carlos Reviejo ilustrados por colores de Jesús Gabán. As estrofas recollen momentos da vida do bosque, sons, sensacións, ecos dos seus habitantes, das estacións, tamén dos contos e dos personaxes de ficción que os atravesan. Uns poemas recordan ritmos da tradición oral, outros trazan outros estilos.
escritor madrileño que convertiu a súa colección nunha das máis lidas e vendidas da literatura infantil, xa traducida a varias linguas e desde 2018 en cine.
E xa con tarefas á vista, Crocaio déixavos a canción de María Fumaça que aprenderemos o alumnado de 3º a 6º e cantaremos no "abrazo ao monte", que faremos no Monte dos Pozos o día 19 de octubre para lembrar e non esquecer os incendios terribles que sucederon na nosa cidade hai agora un ano. Iremos cerca de 1.500 nenos e nenas de diferentes centros de Vigo.
Pero Crocaio xa vos irá desvelando máis datos desta saída.
Alumnado voluntario na Biblio Crocaio recibiu hoxe os diplomas e os agasallos polo bon trabllo realizado ao longo do curso de axuda na Biblioteca, de lecturas dentro e fóra do cole. Unha enorme aperta de agradecemento a cada un deles que durante o seu tempo dos recreos e da hora de ler fixeron tarefas que se lles encomendaron e outras voluntarias sen fallar un só día!
Gran excursión de fin de curso: Visitaremos Os museos científicos na cidade da Coruña. Museos Científicos Coruñeses é un servicio do Concello de A Coruña que comprende tres museos de ciencia interactivos:a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae. Ofrecen estímulos para incorporar a ciencia á cultura, para comprender mellor o mundo no que vivimos.
Situada dentro do Parque de Santa Margarita, conta con un planetario e tres plantas de exposicións: experiencias de física, exposición sobre péndulos e exposición sobre a astronomía nos medios de comunicación. No oco da escaleira central oscila unpéndulo de Foucault.
Domus é o primeiro museo interactivo do mundo dedicado ao ser humano.Ten módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana.
O Aquarium Finisterrae, ou a Casa dos Peixes; o seu obxectivo é o coñecemento do océano e educar actitudes favorables cara o mar e a vida marina. O Aquarium Finisterrae ten catro salas de exposicións e unha colección biolóxica composta por 338 especies diferentes.
Crocaio pensou que sería boa idea deixarche o enlace a un montón de sinxelos e divertidos experimentos. Entra e verás: