Alumnado voluntario na Biblio Crocaio recibiu hoxe os diplomas e os agasallos polo bon trabllo realizado ao longo do curso de axuda na Biblioteca, de lecturas dentro e fóra do cole.
Unha enorme aperta de agradecemento a cada un deles que durante o seu tempo dos recreos e da hora de ler fixeron tarefas que se lles encomendaron e outras voluntarias sen fallar un só día!
martes, 19 de xuño de 2018
domingo, 17 de xuño de 2018
Noraboa aos premiados!
O venres recibimos os premios de debuxo de Chus Lago, Javier de 6º e Zaida de 1º
Premio Chus Lago de debuxo:
Premio Chus Lago de debuxo:
Javier
En Santiago, con alumnado de toda Galicia Ángel, de 6º curso, recibiu o Premio EduEmprende: ATRÉVETE a ter unha idea .
Ángel
mércores, 13 de xuño de 2018
O venres 15 viaxamos a Coruña!
Gran excursión de fin de curso: Visitaremos Os museos científicos na cidade da Coruña.
Museos Científicos Coruñeses é un servicio do Concello de A Coruña que comprende tres museos de ciencia interactivos:a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae. Ofrecen estímulos para incorporar a ciencia á cultura, para comprender mellor o mundo no que vivimos.
Museos Científicos Coruñeses é un servicio do Concello de A Coruña que comprende tres museos de ciencia interactivos:a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae. Ofrecen estímulos para incorporar a ciencia á cultura, para comprender mellor o mundo no que vivimos.
Situada dentro do Parque de Santa Margarita, conta con un planetario e tres plantas de exposicións: experiencias de física, exposición sobre péndulos e exposición sobre a astronomía nos medios de comunicación. No oco da escaleira central oscila un péndulo de Foucault.
Domus é o primeiro museo interactivo do mundo dedicado ao ser humano.Ten módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana.
Crocaio pensou que sería boa idea deixarche o enlace a un montón de sinxelos e divertidos experimentos. Entra e verás:
sábado, 9 de xuño de 2018
xoves, 7 de xuño de 2018
Exposición de Julio Verne no Museo MARCO de Vigo
A exposición, unha aventura
A exposición JULIO VERNE.Os límites da imaxinación está concebida como unha aventura, na que o visitante pode elexir cara onde ir. Unha das seccións está adicada á relación de Julio Verne con Vigo, cidade que o autor francés visitou en dúas ocasións.
Mostra pezas únicas vinculadas á vida de Verne, cedidas por museos e coleccións particulares de Galicia, desde unha maqueta do navío Saint Michel III ata grabados holandeses da batalla de Rande e pezas orixinais de traxes de buzo do século XIX
O percorrido iníciase co globo terrestre de Monfort, un dos máis antigos que existen. Destaca ademais a primeira edición de "Vinte mil leguas de viaxe submariña" (1869) que por circunstancias foi española.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)