Mañá martes terá lugar no Parque de Castrelos de Vigo a IV Quedada literariade colexios de Vigo para compartir lecturas e asistir a un espectáculo de música e contacontos.
Diptico vi quedada literaria 2017 de crocaio Compartiremos lecturas cos coles Chans Bembrive alumnado de 1º e 2º e co cole da Doblada os de 3º curso. Pasarémolo moi ben!
Montse, nai de Adriana de E. Infantil de tres anos, relatounos un divertido conto: "Felipe tiene gripe". Quedamos encantados, foi moi divertido. Ao final deunos un pequeno agasallo.
Acto de celebración das Letras Galegas na Biblio Crocaio:
5º : RAP : A galiña azul
2º e 3º : Representación do conto O peixe azul e laranxa
1º : A formiga esquiadora
Infantil 4 e 5: Rap Carlos Casares
6º Biografía en Power Point e lecturas
E para pechar o acto e lembrando que traballamos o proxecto do cine , vimos a curta : A última moeda, da escritora Fina Casalderrey, na que intervén como un dos actores o actual director da Editorial Galaxia Francosco Castro, e lembramos que Carlos Casares foi tamén director desa editorial.
Moito traballo feito nas aulas e marabillosa curta que tedes colgada nunha anterior entrada neste blog .
ESCRITA E DIRIXIDA POLA ESCRITORA FINA CASALDERREY, QUE VISITOU A BIBLIO CROCAIO HAI UNS ANOS, CHEGOU ÁS REDES ESTA FERMOSA CURTA QUE VEREMOS NO ACTO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS: A ÚLTIMA MOEDA
O CINEMA GALEGO LEMBRA SEMPRE POR ESTE DÍA UNHA DAS SÚAS PRIMEIRAS CURTAS DO DIRECTOR, XA FALECIDO,CHANO PIÑEIRO:MAMASUNCIÓN
Montaxe con algúns dos filmes favoritos de Agustín Fernández Paz, proxectada durante a homenaxe nacional que se lle tributou o sábado 30 de xuño de 2012 en Vigo. Edición a cargo de Eloy
Domínguez Serén.
Iago López, o autor de O cociñeiro Martiño, que foi lectura de nadal en E. Infantil , estará mañá martes na Biblio Crocaio, ás 10.30 h.
Presentará e asinará os libros aos nenos e nenas e pasaremos un momento divertido escoitando as aventuras de Martiño. O cociñeiro lémbranos que para conseguir algo que non temos moi doado o mellor é a perseverancia; a constancia e o traballo son os mellores amigos para conseguir os nosos soños.
Dentro do programa Eduemprende da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, os cursos de 5º e 6º visitaron hoxe o CIFP Manuel Antonio de Vigo.
Recibidos polo Orientador do Centro, visitamos en primeiro lugar o viveiro de empresas, unhas oficinas nas que nacen e se desenvolven nos seus primeiros pasos as empresas que crean os novos emprendedores que saen do Centro.
Alí recibimos o agasallo que nos gustou moito, unha mochila e un pen drive de 4G para cada un.
A continuación pasamos a unha sala na que nos agardaba o emprendedor Manuel Montes, que nos mostrou moitas ideas creativas.
A visita ás instalacións foi moi interesante, visitamos a aula de téxtil, na que nos recibiu unha unha mestra pero nese momento non había alumnos. Pasamos á sala de formación dos protésicos dentais , e alí disfrutamos un montón coa amabilidade dos alumnos e alumnas que nos deixaron o seu asiento para manipular os seus aparatos e nos fixeron unha demostración de como facer un molde dental.
No obradoiro de pastelería, no que a visita foi moi rápida porque estaban moi atarefados agasalláronnos cun cangrexo de hoxaldre e chocolate recén feito.
E por último visitamos a súa espectacular biblioteca.
A festa do LIBRO remata este vindeiro mércores 26 coa contacontos MARÍA CARRERA, do grupo teatral "Pinga teatro" que vai representar para o alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º a obra
O próximo domingo 23 de abril lectores e lectoras, institucións en xeral celebramos o Día do Libro , fomentamos a lectura co obxectivo de chegar ao acceso universal á cultura a través dos libros. Podes ler AQUÍ a mensaxe da Directora xeral da UNESCO sobre este día.
Comezamos esta semana as actividades do DÍA DO LIBRO, participamos deste día a través das actividades que vos contamos a continuación pero, cada un de vós, pode participar individualmente se así o desexa, con actividades como estas por exemplo: 1.-Coñece a Biblioterca Xeral da Unesco e descarga os libros que che interesen gratis UNESCODOC
2.-Agasalla un libro e unha rosa a unha persoa achegada. 3.-Aproveita este día para ler algo diferente do que normalmente les.
4.-Nunca tires un libro! Nin un libro de texto! Participa en campañas ou busca como donalos a países e asociacións que os recollen. 5.-Deixa un libro no banco dun parque ou no asiento do autobus cunha nora que diga: Feliz día do libro! 6.- Durante esa semana visita unha biblioteca e colle un libro en préstamo. O día 20 de abril visita a BIBLIOCROCAIO o escritor ANXO FARIÑA do que xa fixemos unha entrada anterior pero hoxe lémbrovos os libros sobre o personaxe do libro de Miguel de Cervantes : Don Quixote:
O venres 21 presentaremos o vídeo de LECTURA DO PRIMEIRO CAPÍTULO DE DON QUIJOTE polos alumnos e alumnas do cole.
Tamén presentaremos a montaxe dos LIBROS ESTRELA da Bibliocrocaio deste curso.
Faremos os apadriñamentos lectores, os maiores len aos máis pequenos no recuncho do patio que eles elixan.
Repartiremos o BOLETÍN DE LECTURAS recomendadas para que saibades que mercar se vos achegades a unha librería .
E como remate da CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO , o día 26 de abril teremos unha magnífica contacontos para os cursos de Infantil, 1º, 2º e 3º que nos ofrece a editorial SM.