mércores, 9 de novembro de 2016

Comezamos este curso os Obradoiros de Igualdade para Infantil, 2º, 4º e 6º cursos.

 En sexto de primaria, Elsa,
 a monitora explicounos como foi a vida da matemática galega María Wonenburguer,
 que nacida a comezos do século vinte,
non gozou de iguais oportunidades na súa carreira polo feito de ser muller.
Neste mes de novembro celébrase o Mes da Ciencia en Galego. Esta é a nosa pequena homenaxe.

Para saber máis escoitamos con atención este  interesantísimo vídeo sobre María Wonenburguer:
“Camiña Con Nós pola Igualdade” é un programa educativo promovido pola Concellería de
Igualdade do Concello de Vigo. Destinado á sensibilización e formación na igualdade de oportunidades de nenas e nenos.

 O alumnado  é  moi  receptivo;  trátase  dunha  etapa  educativa  idónea  para  traballar  a  igualdade de xénero.

  O  programa  elaborado,  e  impartido  por  dúas  pedagogas  que,  ten  como  base  o  traballo  feito  nas  edicións anteriores, e dende unha perspectiva de xénero, desenvolven catro obradoiros temáticos
para cada etapa  educativa. Neles, a  través  dunha metodoloxía lúdica e  participativa,  búscase promover a igualdade entre  homes e mulleres.

domingo, 6 de novembro de 2016

DRÁCULA de Bram Stoker, para nenos e nenas.

Novidade:
A editorial Baía ofrece un moi bo álbum ilustrado baseado na novela de Bram Stoker, Drácula, con adaptación de Dominique Marion e ilustracións de Jérémy Fleury
 Con ilustracións que enchen a dobre paxina e que achegan un texto clásico e fantástico a un lectorado máis novo. E o máis importante aínda, que está na nosa lingua.
Un agasallo perfecto!
Sinopsis: O mozo pasante de notario, Jonathan Harker, marcha a Transilvania para finalizar a venda dunha mansión en Londres para o conde Drácula. Personaxe inquietante, con costumes extraños. Drácula provoca que o mozo se atope cada vez máis a desgusto, sentíndose prisioneiro da súa maléfica empresa. En Inglaterra, a bela Lucy loita contra o mal misterioso que a corroe pouco a pouco, coa axuda do Dr. Van Helsing, experto en criaturas fantásticas...
Concluindo, é un bo libro que sirve para introducir aos nenos e nenas na literatura máis propia dos adultos, en temáticas ou enfoques axenos a eles, e que pode contribuir ao desenvolvemento do seu interese pola lectura no futuro. Ademais disto, as ilustracións están cheas de cores moi vistosos que namoran ata aos máis maiores.

xoves, 27 de outubro de 2016

Chegou o Samaín, para ver e ler!

Unha verdadeira festa coa que disfrutaremos e para participar, Crocaio seleccionou cancións,
 libros , pelis e puzzles...Adiante!
Video elaborado pola Biblioteca Mestres Goldar coa canción do grupo Mamá Cabra
Xoga con este Lim de Ana Mª Fernández facendo Clic nas cabazas e aprenderás sobre O Samaín:
LIBROS E PELIS, unha sorpresa en cada imaxe:



Consigue facer este puzzle:
Feliz Samaín!!

mércores, 5 de outubro de 2016

Gran festa da Bibliocrocaio!

Ola amigas e amigos :
O próximo luns día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares!
A Biblio Crocaio, despois de vestirse de gala, vai a celebralo por todo o alto.
Este ano o lema escollido dende a Consellería de Cultura e Educación para os centros educativos é: 
Biblioteca escolar : territorio das artes

Convidando a explorar fórmulas para espertar nos lectores e lectoras o interese por achegarse ao mundo das artes e poder experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a literatura, as artes visuais: cine, cómic, videoxogos...    



  A BiblioCrocaio xa traballou a pintura , os xogos e a música tradicional, e agora atrevémonos co sétimo arte: O CINE!    


Pasaremos todos os cursos pola BIBLIO, recibiremos os carnés de lector, as carpetas e os agasallos, cestas de libros e mochilas viaxeiras, alí, todos xuntos veremos a montaxe que preparamos sobre o libro de Pepe Carreiro: Os Bolechas queren saber como se fai o cinema, que tedes arriba premendo no director de cine e tamén no actor-Bolecha.

Veremos tamén a curtametraxe:

The fantastic flying books, gañadora dun Oscar á mellor curtametraxe animada.


  Croaio  anímavos a ler para
 ser bos críticos  e
             aprender todo o posible!!