luns, 23 de maio de 2016
mércores, 18 de maio de 2016
Letras galegas 2016: Manuel María
Hoxe celebramos as LETRAS GALEGAS, coa nosa particular homenaxe ao escritor de Outeiro de Rei: Manuel María.
"Galicia docemente
está ollando o mar,
Ten vales e montañas
e terras para labrar..."
Saímos fóra para ollar ese mar e esas montañas galegas das que nos falan os seus poemas e recitar os seus poemas.
Galicia somos nós
A xente e máis a fala!
Tamén fixemos o apadriñamento lector, limos contos uns a outros, esta vez todos en galego. Gústanos moito esta actividade!
Na Biblioteca escoitamos unha pequena biografía de Manuel María e
asistimos ao estreno dunha curta que fixo Educación Infantil, alumnado e
profes, coa colaboración da profe de PT Ester: "Árbores no camiño"
É a adaptación dunha historia publicada en forma de álbum ilustrado por OQO editora, neste caso do conto:
Este é o cartel da nosa peli , que aínda non podemos ver porque está en concurso do que aínda non se resolveu, ata entón temos que agardar para vela na rede. Moita sorte para este gran traballo!
venres, 13 de maio de 2016
Letras Galegas 2016
Autor dunha das obras máis extensas da historia da nosa literatura, Manuel María foi, sobre todo, poeta.
Letras de Manuel María que son fermosas cancións galegas:
mércores, 11 de maio de 2016
domingo, 8 de maio de 2016
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
LUNS 9 DE MAIO:
VISITA A BIBLIOCROCAIO O ESCRITOR
VISITA A BIBLIOCROCAIO O ESCRITOR
GUSTARÍALLE CAMBIAR O MUNDO , PERO COMO COMPROBOU QUE NON PODÍA, DECIDIU SER ESCRITOR, un pouco poeta...
De neno xogou moito, moito...pero tamén estudou e así de maior, cando coñeceu máis polo miúdo a cultura galega, fixo os libros de xogos e xoguetes que nós coñecemos e utilizamos o curso pasado no proxecto dos xogos tradicionais
Escribiu mooooitos libros para nenos e nenas e tamén para mozos. Os nenos e nenas de segundo de Primaria leron:
Rosalía vai á escola, onde aprende a ler e a escribir. Un día acabóuselle o lapis, chegou á casa e díxolle ao pai: —Papá, tesme que mercar outro lapis. O novo lapis resultou ser moi distinto ao anterior. Que ten de especial ese lapis?
Pero tamén temos na Bibliocrocaio:
Para “Entender a maxia que se agocha nas palabras”, xogos visuais, adiviñas, trabalinguas e máis posibilidades que a poesía pode ofrecer.
A forxa de Manuel ten unha xanela de vidros cadradiños e pequenos. Pegado a ela hai un banco ateigado de ferramentas: mazos, martelos, tenaces, alicates, parafusos, cravos… Ao outro lado da xanela o que hai son campos verdes e árbores verdes e montañas verdes...
Un verdadeiro xogo de poesía e ilustración. Sopra neste furadiño de Antón Cortizas e Leandro Lamas publicado por Edicións Embora. Troquelado para soprar, o libro tráenos rimas divertidas, breves, que convidan a soprar polo burato. Porque... quen se resiste? Se ata podes facer voar un elefante! Fermosas ilustracións dun artista irrepetible.
Antón Cortizas recolle nestas composicións o evocador aroma dos vellos contos a través dunha forma poética, ou romance, de rica tradición popular.
Vaia tropa! é un libro de poesía do absurdo, está pensado para ser lido de formas diversas. Hai poemas que terás que ler de esguello e noutros precisas usar un espello e así poder ler do verso o reflexo. Como non era cousa de poñer só letras alguén debuxou algunhas caretas. E como os debuxos están contrafeitos usarás o espello para velos con xeito. Trátase dun libro xogo, con sorpresas...
Para xogar coas cores....
Podedes atopar máis curiosidades sobre Antón Cortizas na páxina de documentación de escritores galegos:
martes, 3 de maio de 2016
venres, 29 de abril de 2016
Familias lectoras
Libros ao sol ! O venres próximo repetimos a experiencia que resultou moi grata para todos!
Páxina de información:
Se facedes clic na imaxe poderedes acceder a os recursos para traballar a Manuel María nas aulas
Moitas grazas aos que elaborades tantos recursos sobre o escritor ao que se lle dedican as Letras Galegas este ano 2016
http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/dia-das-letras-galegas
xoves, 28 de abril de 2016
A Bibliocrocaio sae ao sol!
e mesmo álbumes ilustrados e libros de contos para que contedes antes de durmir...
Se aínda así estiverades interesados nalgún outro non tedes máis que pedilo.
Vós mesmos podedes apuntar o préstamo!
O póximo venres debedes devolvelo, e podedes volver a levar outro xa que tamén volveremos a colocar a exposición.
Somos unha Biblioteca escolar ao servicio da Comunidade Educativa!
BOAS LECTURAS!
martes, 26 de abril de 2016
Día do LIBRO na Bibliocrocaio
Non perdades detalle da celebración do Día do LIBRO 2016 na Bibliocrocaio.
Fixemos moitas actividades, lemos contos aos máis pequenos, lembramos a Miguel de Cervantes
no catrocentos aniversario da súa morte e xogamos co seu libro máis universal " Don Quijote de la Mancha".
Pero sobre todo contamos contos, e fixémolo moi ben, xa que o público (nenas e nenos) que enchía a sala ( biblioteca) estivo completamente atento durante o tempo que durou o acto.
Fixemos moitas actividades, lemos contos aos máis pequenos, lembramos a Miguel de Cervantes
no catrocentos aniversario da súa morte e xogamos co seu libro máis universal " Don Quijote de la Mancha".
Pero sobre todo contamos contos, e fixémolo moi ben, xa que o público (nenas e nenos) que enchía a sala ( biblioteca) estivo completamente atento durante o tempo que durou o acto.
Parabéns aos contadores!
venres, 22 de abril de 2016
Contacontos sorpresa!!
Mirade as cariñas dos nenos e nenas de Infantil, disfrutaron moitísimo cun orixinal conto, contado por unha mamá, con final feliz, nunca mellor dito!
Grazas mami!
Desde aquí animamos a vir a contar os e as que aínda non viñestes , é unha experiencia que non debedes deixar pasar, os vosos fillos e fillas lembraranna sempre.
Movie Maker: Conto nai Brais - Diapositivas
Grazas mami!
Desde aquí animamos a vir a contar os e as que aínda non viñestes , é unha experiencia que non debedes deixar pasar, os vosos fillos e fillas lembraranna sempre.
Movie Maker: Conto nai Brais - Diapositivas
Unha vaca que quere facer algo diferente, para destacar entre as demais, e que pola súa simpatía e tristura é axudada polas súas amigas galiñas. Claro que a envexa non é boa conselleira e as súas "comadres" están seguras de que todo é unha gran mentira.
luns, 18 de abril de 2016
sábado, 16 de abril de 2016
2016: 400 anos da morte de Miguel de Cervantes, autor de El ingenioso hidalgo Don Quijote de La Mancha
Preme neste enlace para xogar con Don Quijote
http://nea.educastur.princast.es/quixote/index2.htm
http://nea.educastur.princast.es/quixote/index2.htm
;
Despois de ver o vídeo e consultar os datos da páxina de Miguel de Cervantes xa me podes dicir:
1.-En que ano naceu Cervantes?
2.- Como se titula a primeira novela que publicou?
3.-Por que lle chamaban o "Manco de Lepanto"?
4.-En que ano morreu?
E polo tanto xa sabes que este ano, no Día do Libro, lembramos o 400 aniversario da súa morte.
El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha foi a súa novela máis coñecida, hoxe é a obra en lingua castelá máis traducida e lida en todo o mundo.Aquí tedes o poema de Carmen gil que nos lembra o argumento de Don Quijote.
venres, 15 de abril de 2016
A Bibliocrocaio participou nos Encontros das Bibliotecas Escolares en Santiago
Recollemos alí moitas ideas de outros coles e tamén levamos mostras do noso traballo .
A ver si sodes quen de descubrir a Crocaio nestas imaxes ...
e
A ver si sodes quen de descubrir a Crocaio nestas imaxes ...
e
mércores, 13 de abril de 2016
Vaia contacontos de categoría estamos a descubrir!!
Hoxe tocoulle a Izan, acompañado dos seus compañeiros e compañeiras e da profe Geni, subiu nada máis nin nada menos que a aula de 5º e 6º a contar a súa versión do conto "Os tres porquiños"
E aquí tedes a Izan coa súa espectacular manualidade:
E agora disfrutade con estos tres porquiños de Disney:
luns, 11 de abril de 2016
luns, 4 de abril de 2016
Extra, extra!
O vindeiro venres 8 de abril ás 20:00h., presentación de "Esmeraldina, a pequena defunta", na Casa do Libro, en Vigo! Vai ser unha presentación de morte.
Crocaio agarda vervos por alí...😊
Autora: Ledicia Costas
Ilustración portada e interiores: Víctor Rivas
O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste.
Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. Pero un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade. Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo.
O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e humor macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta.
domingo, 3 de abril de 2016
Manualidades en familia!
Grazas a todas as familias que colaboran para facer da lectura un momento diario de agradable convivencia.
Lembrámosvos que tedes ata este martes 5 de abril para traer as manualidades dos contos.
Velaquí algunhas xa presentadas:
Lembrámosvos que tedes ata este martes 5 de abril para traer as manualidades dos contos.
Velaquí algunhas xa presentadas:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)