venres, 23 de outubro de 2015

24 de outubro Día das BIBLIOTECAS

A Biblio Crocaio estivo hoxe de festa.
Celebramos o Día das Bibliotecas poñendo en marcha a nosa para este curso 2015-2016.
É o momento de abrir as nosas portas a familias, compañeiros e compañeiras, nenos e nenas; e poñer en marcha as actividades do noso proxecto anual: CANTOS CONTOS COÑECES E CONTAS?
Hoxe na nosa festa houbo moitos contos:
Brancaneves:
Peter Pan
 Carapuchiña:
  As fabas máxicas
 O patiño feo e Os tres porquiños:
 Pinocho:
 Crocaio repartiu os carnés, as cestas de libros, as maletas viaxeiras e algúns libros de agasallo ás aulas:





Escoitamos  parte do  precioso poema de Ana Mª Fernández que agora tedes aquí completo:

Érase unha vez un conto
que non se quixo contar,
rebelde,curto, poeta,
que escapou da biblioteca,
sen levar una maleta,
só a maxia da súa letra,
e botouse a a camiñar,

porque xa non tiña gana
de que chegasen as fadas,
nin as bruxas tan malvadas,
nin o lobo,
o elefante,
nin o mago máis parlante,
nin o dragón,
nin a espada,
nin a princesa,
nin…¡nada!
¡Só quería viaxar!

E montou primeiro en globo,
En tren, barco e bicicleta,
Deu tres voltas ao planeta,
Sen volver a vista atrás.

Érase una vez un conto,
Rebelde, curto, poeta,
Que aprendeu deste planeta
A poñer amor na letra
Para volverse a contar.


Ana Mª Fernández . Tres voltas ao planeta

A  Asociación Española de Amigos del Libro Infantil  celebra este día como homenaxe ao labor que desempeñan os bibliotecari@s.
Cada ano  encargase a un escritor e a un ilustrador, a redacción do pregón e el dieseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España.
Este ano o autor seleccionado é Diego ArboledaPremio Nacional de Literatura Infantil 2014 e a ilustradora Leticia Ruiz Fernández.

Día de la biblioteca 2015


xoves, 22 de outubro de 2015

Inauguración da Biblio Crocaio

Cantos contos coñeces e contas?

Bota ben a conta porque cando remate o curso tes que saber contar moitos máis, porque este ano temos como proxecto " Os contos "
Contaremos, escribiremos , escoitaremos, representaremos....moooitos contos!!
Lembra pensar  sobre Cantos contos sabes contar?...Xa veremos
De momento vai  aprendendo  a contar Garavanciño:

sábado, 17 de outubro de 2015

Para o Samaín

Moitos traballiños orixinais para facer este Samaín!
Compárten con nós: O CEIP Galán, de Oseiro-Arteixo, e o CEIP Milladoiro, de Malpica de Bergantiños, actividades de comprensión lectora e de plástica.



xoves, 8 de outubro de 2015

A bruxa regañadentes

Un dos personaxes máis temidos dos contos son AS BRUXAS, aquí tedes unha delas para ir pasando lista aos PERSONAXES dos contos de medo agora que nos achegamos ao Samaín:

luns, 5 de outubro de 2015

Ledicia Costas , Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu libro


Parabéns Ledicia!
 Aínda soan as túas palabras na Biblio Crocaio.
Premio ben merecido!
A escritora Ledicia Costas 
 edición 2015 pola súa novela 
Escarlatina, a cociñeira defunta
O xurado premiou a súa obra por ser «unha obra extraordinaria, humorística e rompedora no contexto da literatura infantil e jxuvenil actual que destaca tamén pola súa fácil lectura, polo humor escalofriante, e pola habilidade para desmitificar o mundo da morte».

xoves, 24 de setembro de 2015

Estamos en OUTONO!





Un ano máis chegou o outono. 
A estación que precede ao inverno e que nos trae eses froitos riquísimos cos que comezamos o curso escolar: as mazás, as uvas, as castañas...

Aquí tedes a historia A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA, para  ler e contar, e así ir entrenando para o proxecto deste ano na Biblio : CANTOS CONTOS COÑECES E CONTAS?
A fin de curso farémolo reconto. mentres tanto  a ler...


xoves, 17 de setembro de 2015

Biblioteca escolar: base de exploracións

Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso 2015/2016 para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares da  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 
A imaxe responde á interpretación do lema elixido por parte do ilustrador e autor de banda deseñada FRAN BUENO
O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información; convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.  
 

mércores, 9 de setembro de 2015

Coñecedes o conto?

Este vai ser o primeiro conto do curso que comeza mañá, pero haberá mooooitos máis!




Moitos contos  para escoitar, para contar, para ler, para representar, para colorear, para recrear, para todo o que se nos ocurra!

Vai pensando Que conto sabes contar? porque este é o tema do proxecto anual da Biblio Crocaio.

Mentres ide refrescando esa memoria con esta fermosa historia:

martes, 1 de setembro de 2015

Por fin setembro!

Crocaio está impaciente por ensinarvos o libro Barxilón no mar de latón que recibimos no cole a derradeira semana de xuño así que preparade todo que axiña nos vemos!
PERO MENTRES TANTO APROVEITADE ESTES ULTIMOS DÍAS DE PRAIA!!

venres, 12 de xuño de 2015

Visita da escritora Concha Blanco :


          Portáronse como os maiores, atentos, interesados, preguntóns!

 Estupenda a charla, os contos, as adiviñas que nos ofreceu a escritora que veu de Cee, na provincia da Coruña só para visitarnos.

O seu libro "As noites de Xián" contén esa maxia que fai que os contos cheguen aos nenos  case sen decatarse e non o esquezan.

Ela , coa súa caixiña de música e o seu falar tranquilo  tamén nos ofreceu unha visita inesquecible.

Moi agradecidos ! Moita sorte cos teus novos libros!

xoves, 4 de xuño de 2015

Gañadores do concurso : "Nós tamén creamos"


CEIP Bergantiños, Carballo (A Coruña)Alumnado de Educación Infantil




Alumnado de primeiro e de segundo de Educación Primaria
  •  CEIP da Torre-Illa, Illa de Arousa (Pontevedra)



Alumnado de terceiro e cuarto de Educación Primaria
  •  CEIP Carlos Casares, Nigrán (Pontevedra)


Podedes ver todos filmes desta cuarta edición na sección infantil do web da TVG.
e para máis información
http://www.xunta.es/linguagalega/nos_tamen_creamos


mércores, 27 de maio de 2015

Visita da escritora Concha Blanco

Concha Blanco é  unha pedagoga, mestra e escritora en lingua galega. 

 Foi unha das primeiras autoras en 

facer libros didácticos en lingua galega.


As noites de Xián conta a historia dun neno chamado  Xián que:nacera nunha vila mariñeira e a súa casa estaba preto do mar. Desde o seu cuarto escoitaba o romper das ondas, que o arrolaba para coller o sono. Chegou o día no que tivo que deixar a súa vila e marchar a outro lugar. Outra vila fermosa, con montes e un río que a atravesaba, pero algo lle faltaba para poder durmir: o son do mar.
 Fermoso libro de lectura para os máis cativos que xa agardan nervioso a visita da súa autora  o próximo día 10 de xuño.

Eles xa fixeron algúns traballiños sobre o libro. Aquí tedes unha mostra :





Outros libros da autora que podedes atopar na Biblio Crocaio:

  
 
 

 E di Concha:
 Amais de ler e escribir gústame:
     Desordenar e ordenar. Escoita-la radio desde a cama. Ter encontros cos nenos e nenas. Falar por teléfono. Observa-Ia natureza. Comer tortilla de patacas ou croquetas de Ana Villar. Ver programas de entrevistas. Imaxinar por dentro as persoas. Escribir dentro do coche. Deitarme e erguerme tarde. Pasear pola praia da Langosteira, á beira do mar.
     Pero sobre todo o que máis me gusta é SOÑAR.