Ánimo e adiante ! Bo curso a todos!
venres, 11 de setembro de 2015
mércores, 9 de setembro de 2015
Coñecedes o conto?
Este vai ser o primeiro conto do curso que comeza mañá, pero haberá mooooitos máis!
Moitos contos para escoitar, para contar, para ler, para representar, para colorear, para recrear, para todo o que se nos ocurra!
Vai pensando Que conto sabes contar? porque este é o tema do proxecto anual da Biblio Crocaio.
Mentres ide refrescando esa memoria con esta fermosa historia:

martes, 1 de setembro de 2015
Por fin setembro!
Crocaio está impaciente por ensinarvos o libro Barxilón no mar de latón que recibimos no cole a derradeira semana de xuño así que preparade todo que axiña nos vemos!
PERO MENTRES TANTO APROVEITADE ESTES ULTIMOS DÍAS DE PRAIA!!
luns, 13 de xullo de 2015
Xogar no verán
De "Nuestro blog de 5º y 6º" todos estes enlaces para xogar e pasalo guai no tempo libre deste verán:
https://primaria3naranjos.wordpress.com/
Entra !!
https://primaria3naranjos.wordpress.com/
Entra !!
mércores, 17 de xuño de 2015
venres, 12 de xuño de 2015
Visita da escritora Concha Blanco :
Portáronse como os maiores, atentos, interesados, preguntóns!
Estupenda a charla, os contos, as adiviñas que nos ofreceu a escritora que veu de Cee, na provincia da Coruña só para visitarnos.
O seu libro "As noites de Xián" contén esa maxia que fai que os contos cheguen aos nenos case sen decatarse e non o esquezan.
Ela , coa súa caixiña de música e o seu falar tranquilo tamén nos ofreceu unha visita inesquecible.
Moi agradecidos ! Moita sorte cos teus novos libros!
martes, 9 de xuño de 2015
luns, 8 de xuño de 2015
venres, 5 de xuño de 2015
Xogamos ao Brilé
O xogo do BRILÉ on PhotoPeach
http://xotramu.blogspot.com.es/2010/10/brile.html
http://xotramu.blogspot.com.es/2010/10/os-nosos-xogos.html
LEMBRAMOS A CANCIÓN DE MIGALLAS : OS XOGOS COA QUE COMEZAMOS O NOSO PROXECTO, A CANTAR CO KARAOKE:

xoves, 4 de xuño de 2015
Gañadores do concurso : "Nós tamén creamos"
CEIP Bergantiños, Carballo (A Coruña)Alumnado de Educación Infantil
Alumnado de primeiro e de segundo de Educación Primaria
- CEIP da Torre-Illa, Illa de Arousa (Pontevedra)
Alumnado de terceiro e cuarto de Educación Primaria
- CEIP Carlos Casares, Nigrán (Pontevedra)
Podedes ver todos filmes desta cuarta edición na sección infantil do web da TVG.
e para máis información
http://www.xunta.es/linguagalega/nos_tamen_creamos
mércores, 27 de maio de 2015
Visita da escritora Concha Blanco
Concha Blanco é unha pedagoga, mestra e escritora en lingua galega.
Foi unha das primeiras autoras en
Desordenar e ordenar. Escoita-la radio desde a cama. Ter encontros cos nenos e nenas. Falar por teléfono. Observa-Ia natureza. Comer tortilla de patacas ou croquetas de Ana Villar. Ver programas de entrevistas. Imaxinar por dentro as persoas. Escribir dentro do coche. Deitarme e erguerme tarde. Pasear pola praia da Langosteira, á beira do mar.
Pero sobre todo o que máis me gusta é SOÑAR.
Foi unha das primeiras autoras en
facer libros didácticos en lingua galega.
As noites de Xián conta a historia dun neno chamado Xián que:nacera nunha vila mariñeira e a súa casa estaba preto do mar. Desde o seu cuarto escoitaba o romper das ondas, que o arrolaba para coller o sono. Chegou o día no que tivo que deixar a súa vila e marchar a outro lugar. Outra vila fermosa, con montes e un río que a atravesaba, pero algo lle faltaba para poder durmir: o son do mar.
Fermoso libro de lectura para os máis cativos que xa agardan nervioso a visita da súa autora o próximo día 10 de xuño.
Eles xa fixeron algúns traballiños sobre o libro. Aquí tedes unha mostra :
Outros libros da autora que podedes atopar na Biblio Crocaio:
E di Concha:
Amais de ler e escribir gústame:Desordenar e ordenar. Escoita-la radio desde a cama. Ter encontros cos nenos e nenas. Falar por teléfono. Observa-Ia natureza. Comer tortilla de patacas ou croquetas de Ana Villar. Ver programas de entrevistas. Imaxinar por dentro as persoas. Escribir dentro do coche. Deitarme e erguerme tarde. Pasear pola praia da Langosteira, á beira do mar.
Pero sobre todo o que máis me gusta é SOÑAR.
xoves, 21 de maio de 2015
Videorrecomendacións. Crocaio colaborou cos rapaces e rapazas de 5º e 6º e co seu profe Óscar.
E o día das Letras galegas presentáronnos este divertido vídeo recomendando algunhas lecturas que podedes atopar na BIBLIO CROCAIO
Aventuras de la Mano Negra A partir de 8 anos. moi divertido!
Pablo Diablo... Para todas as idades e aficións!
Heka unha viaxe máxica a Exipto. Para os maiores, para viaxar lendo e coñeceeeeer...
El mago del balón. Incrible...
Escarlatina, a cociñeira máis popular da cociña mundial, aínda que defunta.
Grandes exploradoresluns, 18 de maio de 2015
Cantamos e contamos
Traballo que fixo da profe Inés para o Día das Letras
Así foi o festival: cantamos as cantigas,
lemos sobre a vida e algún texto de X. Filgueira Valverde, o escritor homenaxeado.
E por último , saímos a ler ao sol.
Lemos contos en galego aos máis pequenos.
Unha actividade que non por repetida deixa de sorprender,
sempre preparan o seu conto con ilusión para que guste aos pequenos e estes están moi atentos ,
sinon observade detidamente o a montaxe:
Noraboa a todos polo traballo ben feito!
Contos para cantar e contar é tamén uha páxina que ten mooooooitos contos.
Entra!
http://paracantarecontar.blogspot.com.es/
Galegas 2015, preparou para cada curso unha
cantiga tradicional galega ademais de coñecer
Bo traballo!!
Así foi o festival: cantamos as cantigas,
lemos sobre a vida e algún texto de X. Filgueira Valverde, o escritor homenaxeado.
E por último , saímos a ler ao sol.
Lemos contos en galego aos máis pequenos.
Unha actividade que non por repetida deixa de sorprender,
sempre preparan o seu conto con ilusión para que guste aos pequenos e estes están moi atentos ,
sinon observade detidamente o a montaxe:
Noraboa a todos polo traballo ben feito!
Contos para cantar e contar é tamén uha páxina que ten mooooooitos contos.
Entra!
http://paracantarecontar.blogspot.com.es/
venres, 15 de maio de 2015
A nosa festa das letras galegas
luns, 11 de maio de 2015
Día das Letras galegas:17 de maio.
Recomendacións lectoras letras galegas 2015... por crocaio
Estas son as recomendacións lectoras da Biblio Crocaio para o Día das letras galegas 2015, que este ano homenaxea ao escritor X. Filgueira valverde. Agardamos que disfrutes da montaxe!
Todos os libros podes atopalos na BIBLIOCROCAIO!
O Aquí tes a proposta do CEIP Vilaverde para traballar sobre o escritor das letras galegas
xoves, 7 de maio de 2015
Obradoiro de maios
A Biblio Crocaio acolleu hoxe o Obradoiro de Maios ofrecido polo Concello de Vigo e o seu departamento de Normalización Lingüística. Despois da charla e vídeo na Biblio baixamos ao patio a bailar a danza tradicional de cintas de cores.
As cintas completamente entrelazadas:
As cintas completamente entrelazadas:
mércores, 6 de maio de 2015
O noso maio
Aí vén o maio
de flores cuberto,
puxéronse á porta cantándome os nenos,
cos puchos furados pra min estendendo,
pedíronme crocas,
dos meus castiñeiros....
Así comeza o popular poema de Curros Enríquez: O maio
Fixémolo entre todos, coa colaboración das familias que enviaron os ramallos de xestas, fiuncho, calas, eucalipto, fentos, gladiolos, limóns e rosas; que perfuman a entrada do cole
E así din estas coplas que podemos cantar ao seu arredor :
"Este maio que fixemos no Eduardo Pondal,
lémbranos que a primavera esta xa a brotar,
follas, flores e froitos no verán madurarán,
nenos e nenas e libros tamén descansarán."
Agora só nos queda poñerlle música. Grazas ás familias pola colaboración.
O xogo da PETANCA
Hoxe, o curso de 4º explicou a 1º e 2º como se xoga á petanca. Cun sol espléndido e, na area do patio, fixemos unha divertida competición de petanca, un xogo moi popular no noso barrio, Sampaio, no que os maiores participan en campeonatos e teñen varias pistas preparadas para o seu xogo.
O xogo da petanca consiste en colocar o maior número de bólas preto dun boliche,
pode practicarse en calquera superficie de area. Nos seus inicios, comezaron a utilizarse pedras. Máis tarde, fabricáronse bólas de madeira de buxo con centos de clavos e as modernas son de aceiro ou bronce. Cada unha delas leva un debuxo diferente. A bóla pequena, boliche, á que teñen que achegarse os xogadores é de madeira, pode estar pintada de cor.
É un xogo tranquilo e divertido.
Agora que ven o bo tempo e imos estar de vacacións poderémolo seguir practicando nas praias e nas nosas casas.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)