Este vai ser o primeiro conto do curso que comeza mañá, pero haberá mooooitos máis!
Moitos contos para escoitar, para contar, para ler, para representar, para colorear, para recrear, para todo o que se nos ocurra! Vai pensando Que conto sabes contar? porque este é o tema do proxecto anual da Biblio Crocaio. Mentres ide refrescando esa memoria con esta fermosa historia:
Crocaio está impaciente por ensinarvos o libro Barxilón no mar de latónque recibimos no cole a derradeira semana de xuño así que preparade todo que axiña nos vemos!
PERO MENTRES TANTO APROVEITADE ESTES ULTIMOS DÍAS DE PRAIA!!
Concha Blanco é unha pedagoga, mestra e escritora en lingua galega.
Foi unha das primeiras autoras en
facer libros didácticos en lingua galega.
As noites de Xián conta a historia dun neno chamado Xián que:nacera nunha vila mariñeira e a súa casa estaba preto do mar. Desde o seu cuarto escoitaba o romper das ondas, que o arrolaba para coller o sono. Chegou o día no que tivo que deixar a súa vila e marchar a outro lugar. Outra vila fermosa, con montes e un río que a atravesaba, pero algo lle faltaba para poder durmir: o son do mar.
Fermoso libro de lectura para os máis cativos que xa agardan nervioso a visita da súa autora o próximo día 10 de xuño.
Eles xa fixeron algúns traballiños sobre o libro. Aquí tedes unha mostra :
Outros libros da autora que podedes atopar na Biblio Crocaio:
E di Concha:
Amais de ler e escribir gústame: Desordenar e ordenar. Escoita-la radio desde a cama.Ter encontros cos nenos e nenas. Falar por teléfono. Observa-Ia natureza. Comer tortilla de patacas ou croquetas de Ana Villar. Ver programas de entrevistas. Imaxinar por dentro as persoas. Escribir dentro do coche. Deitarme e erguerme tarde.Pasear pola praia da Langosteira, á beira do mar. Pero sobre todo o que máis me gusta é SOÑAR.
Así foi o festival: cantamos as cantigas, lemos sobre a vida e algún texto de X. Filgueira Valverde, o escritor homenaxeado. E por último , saímos a ler ao sol. Lemos contos en galego aos máis pequenos. Unha actividade que non por repetida deixa de sorprender, sempre preparan o seu conto con ilusión para que guste aos pequenos e estes están moi atentos , sinon observade detidamente o a montaxe: Noraboa a todos polo traballo ben feito!
A Biblio Crocaio acolleu hoxe o Obradoiro de Maios ofrecido polo Concello de Vigo e o seu departamento de Normalización Lingüística. Despois da charla e vídeo na Biblio baixamos ao patio a bailar a danza tradicional de cintas de cores.
O noso maioquere representar un cubilete e un dado, que son, xunto cos taboleiros, os utensilios que utilizamos para os xogos de mesa.
Fixémolo entre todos, coa colaboración das familias que enviaron os ramallos de xestas, fiuncho, calas, eucalipto, fentos, gladiolos, limóns e rosas; que perfuman a entrada do cole
cun intenso arrecendo que nos fai lembrar o bo tempo, o monte e a natureza verde.
E así din estas coplas que podemos cantar ao seu arredor :
"Este maio que fixemos no Eduardo Pondal,
lémbranos que a primavera esta xa a brotar,
follas, flores e froitos no verán madurarán,
nenos e nenas e libros tamén descansarán."
Agora só nos queda poñerlle música. Grazas ás familias pola colaboración.
Hoxe, o curso de 4º explicou a 1º e 2º como se xoga á petanca. Cun sol espléndido e, na area do patio, fixemos unha divertida competición de petanca, un xogo moi popular no noso barrio, Sampaio, no que os maiores participan en campeonatos e teñen varias pistas preparadas para o seu xogo.
O xogo da petancaconsiste en colocar o maior número de bólas preto dun boliche, pode practicarse en calquera superficie de area. Nos seus inicios, comezaron a utilizarse pedras. Máis tarde, fabricáronse bólas de madeira de buxo con centos de clavos e as modernas son de aceiro ou bronce. Cada unha delas leva un debuxo diferente. A bóla pequena, boliche, á que teñen que achegarse os xogadores é de madeira, pode estar pintada de cor.
É un xogo tranquilo e divertido. Agora que ven o bo tempo e imos estar de vacacións poderémolo seguir practicando nas praias e nas nosas casas.
Constrúense figuras con elementos naturais, como musgo, flores silvestres, ovos, paus e arredor delas cántanse, con acompañamento de paus, coplas e cancións irónicas e críticas con feitos ou
personaxes de actualidade.
En moitas vilas galegas convócase todos os anos un Concurso de Maios e Coplas.
DANZAS TRADICIONAIS DOS MAIOS
executadas polo alumnado do C.P. San Xoan de Filgueira:
Dentro das actividades organizadas polo departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, o vindeiro día 6 de maio os alumnos/as de 2º, 3º e 4º de primaria teremos no cole unha actividade na que se lles explicará a tradicional festa dos MAIOS.
Unha mostra da festa na vila de Redondondela, que a vive dende hai moitísimos anos e é moi coñecida pola gran beleza, o traballo perfecto das figuras florais e as coplas tan ben logradas, recitadas por nen@s pequenos.
Paco Nogueiras , é o autor da canción "Cos pés na terra "do seu CD Brinca vai!.Tamén ten a canción dos xogos que dá título ao CD.
Esta é a letra para que a cantedes!
Se xogo á PITA CEGA non podo ver.
Atentos aos reflexos vén o BRILÉ.
Teremos moito ollo xogando á RA.
Pero co TRES EN RAIA hai que maquinar.
Brinca vai!Brinca vai!
Brinca vai!Brinca vai!
Conta aos da roda a ver quen sae. (bis)
Colle a BUXAINA e tira ben.
Ten tino na mariola onde pos os pés.
Colle a BILLARDA e mándaa lonxe.
Nas CARREIRAS DE SACOS tes que apurar.
Brinca vai!Brinca vai!
Brinca vai!Brinca vai!
Conta aos da roda a ver quen sae. (bis)
Imos cantar:
Rabo de boi, rabo de besta,
dixo meu pai que estaba nesta.
Taco, taco, número catro,
un dous,tres e catro.
Un, dous, tres, zapatiño ingés,
sen mover as mans nin os pés.
Vexo, vexo...Que ves?
Vexo os nen@s xogar.
Dálle forte á CORDA,hai que saltar!
Quen pille primeiro o PANO vai ganar!
Nos ZANCOS parece que son moito máis alto.
O ARO na corredoira vai xirar.
Brinca vai!Brinca vai!
Brinca vai!Brinca vai!
Conta aos da roda a ver quen sae. (bis)
Para ver como se xoga a todos estes xogos consulta esta páxina: