Autor de Laura y el ratón : libro recomendado para os cursos de 1º e 2º de primaria
Escritor en lingua castelá traducido a moitas linguas, autor de dezasete novelas para adultos e outros tantos libros para nenos e nenas cos que gañou moitos premios literarios.
Os seus libros recomendados pola Bibliocrocaio gustaron moito a todos os nenos e nenas que os leron porque trata temas coma os medos: á escuridade , áo descoñecido, a nadar, e tamén temas fantásticos como o rato Pérez o os dinosaurios que son temas favoritos de moitos nenos e nenas ...
A Crocaio gustoulle moito o conto que leron e traballaron en Infantil para lembrar o Día da Muller, o 8 de marzo.
A ver que vos parece:
Pero hai máis contos cooeducativos, príncipes e princesas que saen do común, que rompen os estereotipos e que nos axudan a tratar tema da igualdade de xénero nas aulas:
A importancia de ser un mesmo e perseguir os propios soños:
Vimos o fermoso video que realizaron os alumnos e alumnas de 5º curso tomando como guión o libro Rosalía de Helena Villar Janeiro que aínda non temos o pracer de poder mostrárvolo.
Despois curso a curso recitamos poemas, adiviñas , versos de Rosalía, da maleta de poesía e incluso algún neno de 6º recitou un poema seu. Todo en honra da máis grande poeta galega.
Rosalía , alá onde esté , tivo que sentirse moi orgullosa hoxe do bo traballo do alumnado e profesorado do CEIP Eduardo Pondal. Crocaio estivo moi ledo e atento!!
Residente en Ciudad Real, Ana Alonso pasa unha semana en Galicia para visitar colexios nos que os nenos e nenas disfrutan coa lectura dos seus libros.
Os nenos e nenas de 3º e 4º cursos do Eduardo Pondal estiveron moi atentos á súa charla inicial, que acompañou con imáxenes proxectadas dos seus libros, da ilustradora Lucía Serrano, parte importante dos seus libros...
Despois contestou moi amablemente a todas as cuestións que foron surxindo dos alumnos e alumnas que saíron moi satisfeitos deste emocionado encontro.
Seguro que leremos máis libros seus que xa están expostos nos andeis da Bibliocrocaio.
Moitas grazas á escritora Ana Alonso por achegarse ao noso cole!!
Ollade esta montaxe resumen:
Ana Alonso: escritora de contos, poeta..visita a BIBLIOCROCAIO 25 de febreiro 2015 on PhotoPeach
"Lucas quere entrenar ao seu robot como se fora humano , pero alguén lle bota un feitizo e comeza a falar con frases feitas que o robot non entende creando situacións cómicas e aprendendo o doble sentido de moitas destas frases..."
Ana Alonso
naceu en Tarrasa (Barcelona) en 1970, aínda que viviu en León, onde estudióu Ciencias Biolóxicas. Publicóu oito libros de poemas e recibiu moitos e moi importantes premios literarios.
Nós destacamos a colección que máis coñecemeos: PIZCA DE SAL:
A súa obra foi traducida a moitos idiomas : francés, alemán, xaponés, turco etc...
Moitas Grazas Ana pola túa presenza!!!
Desexámosche moita sorte cos teus libros e que sigas así, fomentando a lectura coas túas
A Asociación de Escritor@s en Lingua Galega AELG promove a conmemoración o día 24 de febreiro, do DÍA DE ROSALÍADE CASTRO, aniversario donacemento da autora.
Na BIBLIOCROCAIO para celebrar este día propoñémosvos que ao longo da semana recollades na Biblio un marcapáxinas co poema O Moucho, que escoitedes a canción de Migallas do seu disco Pan de millo e que debuxedes moitos mouchos e os baixedes para encher o mural homenaxe.
Esta é a canción de Migallas, escoitade para pillar o ritmo!!
O MOUCHO forma parte dun poema máis longo do seu libro CANTARES GALLEGOS .
Esta é a montaxe do poema, estade atentos para entender esta historia de medo en forma de poema:
Outros poemas: Negra sombra
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
Rosalía de Castro
(Follas novas, 1880)
Adiós , ríos;
adiós, fontes;
Adiós, regatos
pequenos;
Adiós, vista
dos meus ollos,
Non sei cando
nos veremos.
Rosalía de Castro
(Cantares
Gallegos,1863)
Paseniño,
paseniño
vou pola tarde
calada
de Bastabales
camiño.
Camiño do meu
contento;
e en tanto o sol non se esconde
nunha pedriña
me sento.
E sentada
estou mirando
como a lúa vai
saíndo,
como o sol se
vai deitando.
Cal se deita,
cal se esconde
Mentras tanto
corre a lúa
Sen saberse
para donde.
Para donde vai
tan soia
Sin que ós
tristes que a miramos
Nin nos fale
nin nos oia.
Que si oirá e
nos falara
Moitas cousas
lle dixera
Moitas cousas
lle contara.
Rosalía de Castro
(Cantares
Gallegos,1863)
Se o mar tivera barandas
fórate ver ó Brasil;
máis o mar non ten barandas,
amor meu, ¿por dónde hei de ir?
Rosalía de Castro
(Cantares Gallegos,1863)
Tamén podedes botarlle unha ollada a estes videos que informan sobre a obra e a vida da poeta máis universal en lingua galega e castelán: Rosalía de Castro.http://rosaliadecastro.org/planeta-rosalia/
Cargadiña de libros de poesía, chegou desde o Centro de Recursos de Vigo para quedarse ata o día 2 de marzo e así poder celebrar o día de Rosalía, o 24 de febreiro, con nós.
Crocaio está encantado e xa a revolveu un par de veces pero andivo moi liado co entroido e esqueceu avisarvos.
Mirade qué títulos!!
Algúns xa os coñeciamos pero outros non!
E lembrade con este video a Rosalía de Castro, á que pronto faremos esa pequena homenaxe: