domingo, 4 de maio de 2014

Pronto celebraremos a homenaxe de todos os anos as Letras Galegas

Este ano toca lembrar a un poeta o escritor Xosé Mª Díaz Castro nacido en Guitiriz , provincia de Lugo e que cumpliría cen anos este 2014.
Máis información
en http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro

http://www.poetadiazcastro.com/

http://www.realacademiagalega.org/50-anos-das-letras-galegas/-/asset_publisher/T8k5/content/xose-maria-diaz-castro

Este é un xogo LIM que nos ofrece xentilmente o CEIP de Mallón en Nigrán para ir traballando algo sobre o poeta, este é para infantil e 1º ciclo pero podedes facelo todos para ir coñecendo algo do escritor:



sábado, 3 de maio de 2014


Feliz día Mamis!!


M, de mamá
Mi mamá se fue a la mar
en un barco de vapor,
con tinta de calamar
me escribe cartas de amor.

Mi mamá se fue al amor
en un barco calamar
y con tinta de vapor 
me escribe cartas de mar.

Mi mamá se fue al vapor,
en un barco de la mar
con la tinta del amor
me escribe en un calamar.
                                                                             Raúl Vacas do seu libro de poesía Abcé diario, con ilustracións de Elena Queralt

Abecé diario é un inventario de letras e palabras, ordenadas alfabéticamente, que contén un puñado de historias: os feitizos do amor, qué fai os domingos a muller do presidente, o breve que foi a vida de Fugaz, qué ocurriu con Don Gato despois de  resucitar coa olor das sardiñas, como se enamoraron o Conde Xeado  e  Doña Comtessa...





xoves, 1 de maio de 2014

Padriños e madriñas lectores

Gabriel de 3º de primaria con Natalia de Infantil
 Joseph de 5º con María de Infantil y Sandra de 2º:
E así estes grupos de pequenos lectores e escoitadores de contos que vedes na montaxe seguinte, todos fixeron un esforzo tremendo para ler ben e foi unha actividade moi agradable, que resultou moi ordenada porque eles xa sistematizaron, de outras veces que o fixemos, como buscar aos compañeiros, cando e donde contar, que facer despois cos libros e ao rematar cada un foi indo a súa aula, soando Vivaldi de fondo, só nos faltou a compañía do sol, que gratamente acudiu outras veces e puidemos facer a actividade fóra.Aínda así eles buscaron recunchos, algún deles ben curioso:
Apadriñamento lector abril 2014 on PhotoPeach http://ospequesdesampaio.blogspot.com.es/2014/04/abril-tempo-de-ler.html

luns, 28 de abril de 2014

Mañá: "Apadriñamento lector" na hora de ler

Mañá , na hora de ler , en grupos de tres: dous  alumnos ou alumnas de primaria e un de infantil , buscarán un sitio cómodo, un recuncho , seguramente dentro do cole, para compartir contos, para ler uns a outros, actividades que están desexando facer e que levan días preparando.
O esforzo por ler ben, a escoita agradecida dos demais, o interés, nunha palabra,  que suscita esta actividade fai que o esforzo por preparala sexa grande. Moitos contos saen eses días da Biblio, contos novos e antigos, de buscar, de moita e de pouca letra, contos tradicionais ...todo tipo de lecturas que eles escollen para ler o mellor posible. 
Crocaio está desexando escoitar eses contos!

Lectura compartida de 1º a Infantil de 3 anos o pasado mes de marzo.

venres, 25 de abril de 2014

Homenaxe a Gabriel García Márquez

Os alumnos e alumnas do Ciclo Medio fixeron na clase 
de plástica flores amarelas : rosas e nenúfares, 
en homenaxe ao escritor Gabriel García Márquez." Premio nobel de literatura 1982" falecido o pasado 17 de abril en 
México á idade de 87 anos. 

                    UN DOS MAIORES ESCRITORES DA LITERATURA UNIVERSAL 



BIOGRAFÍA DE GABRIEL GARCÍA 
MÁRQUEZ 
Infancia cos seus avós
Naceu en 1927 en Aracataca Colombia.
A súa infancia estaría presente sempre nos seus libros. 
Foi o maior de once hermanos, sete nenos e catro nenas.
 Viviu ata a idade de oito anos cos seus avós maternos,
 Tranquilina Iguarán Cotes, muller mui imaxinativa e 
supersticiosa, e o coronel Nicolás Ricardo Márquez Mejía,
 excelente narrador, que influirían moito na súa creatividade 
e na súa pasión por ser escritor.
A súa infancia quedaría marcada pola ausencia da súa nai.


Gabriel García Márquez de neno

















Periodista
Desde moi novo escribiu contos e máis tarde novelas.
Os seus amigos sempre o chamarían Gabo
Estuvo estudiando Dereitopero debido a súa 
gran creatividade,  decidiu estudiar
 Periodismo.Traballou en xornais de Colombia.
 No diario El espectador de
 Bogotá publicou o su primeiro conto La Tercera resignación 
en 1947.
Casou con Mercedes Barcha en 1958, e tivieron dous fillos 
Rodrigo e Gonzalo.
Escritor universal 
O seu estilo literario era o realismo máxico. Él dicía:
 "El novelista puede inventar todo siempre que sea 
capaz de hacerlo creer".
A súa novela máis coñecida  Cien años de soledad (1967), 
unha obra maestra da literatura. 
Outras novelas importantes son 
El coronel no tiene quien le escriba (1961) y 
Crónica de una muerte anunciada (1981).


O noso Día do libro

Este mércores 23 de abril festexamos o Día do libro  con actividades variadas das que aquí tedes algunhas imaxes.
 Como xa sabedes o 23 de abril é  festa do libro porque nesta data morreron dous grandes escritores da literatura universal: Miguel de Cervantes Saavedra e William Shakespeare.
Unha das obras máis coñecidas de Cervantes é  EL INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA.
Á dereita un enlace lévavos  a uns xogos moi variados sobre os personaxes do Quijote que xa practicamos na aula de informática.
Exposición de libros  relacionados coas cores ou a pintura e reparto a todo o alumnado do boletín de libros recomendados de Abril:
Recuncho de autopréstamo e intercambio para Pais-Nais na planta baixa  ou entrada do cole:
 Exposición de cadros famosos de nenos e nenas lendo :
 Traballamos con eles:
 Aula de informática e ordenadores de aula xogos e fichas sobre Cervantes e Don Quijote:

 Participación das familias colaborando na ficha anunciadora do Blog por un lado e polo outro propoñendo a actividade  de debuxar ou escribir:
 Marcapáxinas de pintores:

E estamos preparando o apadriñamento lector que faremos o martes próximo na Hora de ler.
Xa vos contaremos!

martes, 22 de abril de 2014

23 de Abril: Día Mundial do LIBRO


O 23 de abril é  o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor desde a súa declaración pola UNESCO. 
A Consellería de Cultura  publica un pequeno marcapáxinas para lembrar esta data, cun texto inédito dunha autora ou autor que xenerosamente o cede para as Bibliotecas Escolares de Galicia.  Nesta ocasión o texto que inclúe  é do escritor Paco Martín, de quen se cumpren 30 anos desde a publicación do seu libro "As cousas de Ramón Lamote", primeiro premio Barco de Vapor, da Editorial SM para un texto en galego. 

O código secreto que permite o acceso á sala de 
mandos da nave espacial exploradora de futuros 
itinerarios siderais.
A bambeante escada de corda e táboas coa que 
abordar o áxil bergantín no que sucar mares ignotos 
na procura do eterno tesouro da ilusión.
 A estribeira na que pousar o pé para cabalgar o 
airoso alazán de galope tendido cara ao horizonte 
promisorio. 
A fiestra aberta ao ar vivificador, franca aos saberes, 
ao pensamento diverso, ao voo da imaxinación, á 
descuberta venturosa de novos mundos, ao espello 
substancial do propio ser....
O libro! 
                                           Paco Martín

Crocaio, pasou esta semana pensando libros fermosos e moi útiles para o boletín do Día do Libro, todos están relacionados co noso proxecto : a pintura  e case todos están na BIBLIOCROCAIO, aínda que si algún che gusta moito podes achegarte a calquer librería e mercalo, non te arrepentirás!
Son para todas as  idades:
  Preme en cada libro para ter máis información.



















E ademais recomendamos  este fermoso libro-cd-dvd que reúne fotografíasmúsicas  baixo a dirección da cantante galega  Uxía.

Recomendar tamén unha peli que se estrena o día 25 de abril:

mércores, 16 de abril de 2014

ABRIL, mes do libro

 Recursos para traballar na aula durante este mes

Grazas á Biblioteca escolar do CEIP Víctor Sáez por poñer ao noso alcance este  fantástico traballo no que hai un xogo sobre libros e ao mesmo tempo preséntanos a obra de Gonzalo Moure Trenor, o escritor que teremos moi pronto na Bibliocrocaio:

luns, 14 de abril de 2014

XOGOS PARA APRENDER ARTE

Divertida montaxe para promocionar a canción pero atrévete a chegar ata o final porque
 SEGURO QUE COÑECES ALGÚN DESTES CADROS!:
Premendo nas meninas entras na páxina para practicar estes días as manualidades:

/

COLORES COLORES da editorial KOKINOS, estupendo libro que atoparás doadamente nos recunchos de arte de calquer librería ou biblioteca, fíxate que estupenda portada:
Xoga agora coas cores  da Tate Galery, o museo de arte contemporánea de Londres, un xogo superfácil para colorear:
Pero si queres quedar máis perto aqui tes un xogo de memoria que nos propón o Museo do Prado de Madrid:
·El jardín de las delicias:
El jardín de las delicias é  unha das obras máis coñecidas do pintor holandés Hieronymus Bosch (El Bosco). É un tríptico pintado ao óleo sobre táboa de 220 x 389 cm a táboa central e 220 x 97 cada unha das dúas  laterais (pintadas nos dous lados) que se poden pechar sobre aquela.