luns, 6 de maio de 2013

Aí vén o maio de flores cuberto....

Despois do mes dos libros, comezamos as actividades do mes das letras. 

En 1963, a Real Academia Galega decidiu que se declarase o día 17 de maio de cada ano como "Día das Letras Galegas", unha data que conmemora a publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. 

Cada 17 de maio, Galicia  celebra as nosas letras e a nosa lingua. Cincuenta anos despois da publicación cada ano  dedicamos este día a unha figura significativa das nosas letras.

Este ano, o elixido foi o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, figura fundamental na construcción do teatro galego. 

Pechamos abril e chegou maio con todas estas actividades:

Durante unha semana tivemos a interesante exposición de paneis Coidamos o noso mar .
 Tamén pasou pola BIBLIOCROCAIO  o Consello regulador da Mel de Galicia para mostrarnos como se produce o mel.Visita a súa páxina e atoparás receitas con mel...e máis cousas.
A Biblicrocaio contou o venres día 3 co "Obradoiro de igualdade" 
Ese mesmo día contamos coa presenza do escritor
 Miguel Ángel Alonso Diz, que nos ofreceu o seu obradoiro "Ola Ríos, ola fontes!! e que nos deixou estes agasallos. Moitas grazas Miguel! 
Pronto falaremos do seu novo libro pero xa podedes ir mirando algo premendo aquí.

Agardamos o apadriñamento lector: contar contos aos máis pequenos: En Sampaio contamos tod@s.
Ide preparando os contos xa que faremos a lectura o día 16, ese día, ademais da presenza no cole do escritor Silvestre Gómez haberá  sorpresas que iremos desvelando de vagar...

mércores, 1 de maio de 2013

Charla para Nais e Pais na BIBLIOCROCAIO: INTERNET

                    MARTES 07 DE MAIO AS 16 OO  horas.
O CEIP Eduardo Pondal, participa no III Plan Director. 
Un policía especializado acude ao centro en dúas etapas moi enriquecedoras, a primeira dirixida ao alumnado do terceiro ciclo de educación primaria e a segunda dirixida a todos aos pais-nais interesados en coñecer os problemas e riscos de internet.
Dado o INTERESE DO TEMA ESPERAMOS CONTAR COA VOSA PRESENCIA.
 A charla será no CEIP EDUARDO PONDAL 
                   MARTES 07 DE MAIO AS 16 OO  horas. 

sábado, 27 de abril de 2013

Día do Libro, actividades

Exposición e concurso con moito éxito!
Contacontos: Ana Carreiro.
 
Contacontos : Manuel Solla.
Visita de todo o alumnado á Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas
Charla para formación de usuarios:
Contacontos:
Obradoiro de arte:
Investigación:
E tamén recollemos os carnets de usuario.
 Aquí tedes o Conto Nadarín de Leo Lioni que foi un dos que nos contaron.
Visita excepcional que recomendamos  e ademais a tod@s tamén  que utilicedes o servicio de préstamo ou a sala de lectura tan luminosa e agradable.
Moitas grazas ás amables bibliotecarias da Biblioteca Xosé Neira Vilas.

luns, 22 de abril de 2013

A exposición do Día do Libro

Participa no concurso da Bibliocrocaio!!
Busca as solucións na exposición de libros.
Responde correctamente a estas preguntas , leva as respostas á Biblio e  agasallo seguro!!
1-Cantas protagonistas femininas aparecen nestas portadas? 
2- Cal é o título que ten o nome dun músico?
3- Cal é a portada repetida? 
4- A que dous lugares viaxa Maxi?
5- Que título  contén un diminutivo? 
6- Que dous títulos son de cómic?
7- Cales son os dous títulos  de Eric Carlé ? 


Elixe o teu marcapáxinas
 Hai máis, preme:





sábado, 20 de abril de 2013

23 de abril: Día do Libro

"Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio da edición, as librarías, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo"  
 23 de abril 2013: Día mundial do Libro
Lecturas recomendadas de ABRIL:
Se premedes na imaxe de Area e María iredes á páxina de Pinterest onde CROCAIO  fixo unha selección de libros  para conmemorar o día mundial do Libro, a maioría novidades, para que saibades que ler ou que comprar para facer un agasallo.
Todos están na exposición da entrada pero iremos dando pouco a pouco reseñas de cada un. 
Hoxe comezamos con unha novidade de Kalandaka para os máis cativos:

mércores, 17 de abril de 2013

Actividades no mes dos Libros

22 de Abril  Contacontos na BIBLIOCROCAIO: 
 Manuel Solla a partir das 12,30, para 3º,4º,5º e 6º.
25 de Abril: Visita á BIBLIOTECA Pública  XOSÉ NEIRA VILAS
As actividades programadas ao longo do curso no  proxecto anual da Bibliocrocaio: Sampaio, un barrio para medrar , ler e falar  inclúen  a visita á  biblioteca pública  que está moi pertiño do noso barrio: a Biblioteca Xosé Neira Vilas ,  que pola súa grande actividade é  unha referencia para nenos e nenas dos seus arredores.
Ofrece ademáis de préstamos variados, contacontos, obradoiros, internet, prensa..., unha sala con amplos ventanais que a fai moi agradable e o bo traballo diario das bibliotecarias.

Durante este curso 2012/13 a Biblioteca X. Neira Vilas presenta o Programa para escolares: Descubrindo as artes, co que pretenden dar a coñecer á comunidade educativa os servizos e recursos cos que contan.

É unha Biblioteca con grande interese por establecer colaboración coa  escola e así complementarse.
Visitarémola o día 25 de abril, en dúas sesións, primeiro os maiores e a partir das 12 h. os nenos e nenas de Infantil e primeiro Ciclo.Xa vos contaremos!

Xa temos as solicitudes de carnés preparadas para enviar unha semana antes para que nos reciban cos carnés da Biblioteca preparados e poder participar dos seus servizos.
Programa para escolares Descubrindo as artes 
Educación Infantil:
                    Cabalos azuis,vacas amarelas



            Educación Primaria :              
                            1º Ciclo: Domando as cores de Miró


                       2º Ciclo: Tras as pegadas dos artistas
                 3º Ciclo: Un museo na Biblioteca.
Preme para visitar o Museo Virtual do CEIP de Palmeira

                                               
 ADEMAIS tamén:
Durante toda a semana teremos unha Exposición de Novidades  e un mural con portadas coloreadas por todos os nenos e nenas do cole e CROCAIO está preparando un concurso sobre pistas que aparecen nos libros dese mural, estade moi atentos porque as preguntas aparecerán aquí, no blog, o día 22 e só  teredes o día 23, o Día do Libro, para respostalas.
Haberá un libro para todos os que contesten ben!!
E ainda máis, estamos preparando a canción  da Bibliocrocaio , coa música da cucaracha ...xa veredes que chuli!!
Tamén temos prevista para a primeira semana de maio a visita do escritor Silvestre Gómez Xurxo, autor do tibro Ti non xogas!, que leron no segundo Ciclo.



venres, 12 de abril de 2013

Bat Pat DETECTIVE


 
BAT PAT: BRUJAS A MEDIANOCHE
 
Ola!!! ¡Son Bat Pat ! Aposto o que queiras a que nunca, NUNCA, coñeceras a un morcego coma min. Para empezar, son detective. Sí, sí, DETECTIVE: liche ben. Coa axuda dos irmáns Silver 
( Rebecca, Martin e Leo), conseguín resolver o caso dun misterioso encapuchado que  paseaba polo cemiterio a medianoite... Moi sospeitoso verdade? Por si todo esto parecese POUCO TERRORÍFICO, tamén tivemos que pelexar  cunhas bruxas espeluznantes (e feísimas!) que intentaban facer das súas... Xa tes a pel de galiña? Pois esto é só o principio das miñas ESCALOFRIANTES e DIVERTIDAS aventuras...
LAS ESCALOFRIANTES AVENTURAS DE BAT PATlas-escalofriantes-aventuras-
Outra aventura escalofriante de Bat Pat que inclúe adhesivos con olores.
Preguntastesvos algunha vez a que ule o aliento dun DRAGÓN asmático? ¿Credes que poderiades soportar o tufo dun TROLL?
Pois a  que esperades? Abride este libro e preparadevos para vivir unha aventura alucinante e moi, pero que moi APESTOSA!
Outros títulos entre moitos son:
BAT PAT: LA ABUELA DE TUTANKAMON
BAT PAT: UN HOMBRE LOBO CHIFLADO
BAT PAT:EL FANTASMA DEL DOCTOR TUFO
BAT PAT: LA ISLA DE LAS SIRENAS

 

luns, 8 de abril de 2013

Participa !!

QUERES SER LIBERNAUTA NO LIBERESPAZO??????


  • XA TES O TEU PASE AO LIBERESPAZO .
  • Complétao cos mellores libros lidos da BIBLIOCROCAIO ou tamén con algún outro que che gustaría ler.
  • UNHA VEZ COMPLETADO O TEU PASE ENTRÉGAO NA BIBLIO.
  • ENTRARÁS NUN SORTEO DE LIBROS ENTRE OS PASES ENTREGADOS E NO MES DE XUÑO HABERÁ AGASALLOS.



"Descubrimos que os libros se relacionan uns con outros de mil maneiras, son follas dunha mesma árbore.
 Descubrimos a literatura, como mundo animado, como universo. 
Descubrimos a galaxia Gutenberg, o liberespazo,e ao converternos en libernautas accedemos ao noso primeiro territorio libre." Carlo Frabetti
"Pase ao liberespazo", para que lectores e lectoras recollan as súas "viaxes" polos libros e, certificado pola  BIBLIOCROCAIO podes acadar a categoría de "libernautas", con dereito propio a viaxar libremente polo "liberespazo".




venres, 5 de abril de 2013

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística vén de publicar o número 6 de Ollos de Aula, unha revista mensual que busca ser unha canle de comunicación entre mestres, centros de ensino e familias para "acompañarvos na difícil tarefa de educar os vosos fillos e fillas". A revista pode descargarse en pdf ou imprimirse en A4 nunha versión deseñada ao efecto. O obxectivo da publicación é achegar "información variada ao redor da educación e convidarvos a reflexionar sobre aqueles temas que vos poden preocupar como nais e pais".